CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Primeiro día do intercambio en Galicia: de Museos científicos na Coruña e de muíños no río Tambre

 
A estancia en Galicia do intercambio desenvolveuse entre o 28 de marzo e o 4 de abril. O 28 de marzo os alumnos de Canarias chegaron ás 13 horas e foi un día dedicado á integración familiar, quedando aloxados en cada concello (Boiro, Noia, Outes, Rois e Santiago) un grupo de 4 alumnos.



As actividades iniciáronse o martes de 28, coa visita aos Museos Científicos da Coruña. Esta actividade coordinouna o IES Poeta Añón de Outes, e contou coa colaboración dos museos científicos da Coruña que puxeron a disposición do proxecto as súas propostas de divulgación científica máis relacionadas co proxecto.

Na visita aos museos científicos da Coruña desenvolvéronse actividades vinculadas aos fundamentos físicos das enerxías, e outras destinadas a analizar a comunicación científica a través dos medios de comunicación, pola importancia que está a ter no desafío do cambio climático.

No planetario revisaron os cambios na visión do ceo nunha viaxe de Galicia e Canarias, empezando pola observación o que ocorre no ceo da Coruña durante 24h (Marte, Júpiter, Saturno e parte das 88 constelacións que existen, así como trucos para poder recoñecelas). Desde esta visualización do ceo de Galicia foron avanzando no planisferio ata o ceo de Canarias, podendo comprobar así a coincidencia no que visualizaran no Teide dúas semanas antes e atopar as principais diferenzas.



Na Domus centrouse a atención dos alumnos na exposición sobre Xenómica e desenvolvemento, cunha clara vinculación co tema Xenómica e ambiente que abordaría o Dr. Carracedo na charla coloquio do venres 1 de abril. Tamén realizaron experiencias na planta dedicada á intelixencia humana e á evolución da especie, que permitiu superar barreiras derivadas dos cambios no clima, que á súa vez abriron camiños craves no proceso evolutivo que seguiu a nosa especie.

No acuario Finisterrae ás explicacións centráronse na acuicultura, pola importancia en Galicia, e o seu papel actual na alimentación mundial e no freo da pesca non sustentable, ao criarse máis especies. Chamouse a atención sobre a importancia do mexilón, un recurso para visualizar coa navegación na ría de Arousa ao día seguinte. En relación a este recurso que xa se está a vela afectado polos impactos do cambio climático, destacouse o dato de que o 95% do mexillón estase a producir en Galicia.



De regreso procedeuse a realizar un itinerario pola beira do río Tambre ao seu paso Pontemaceiras en Negreira. O principal obxectivo do itinerario consistiu en visualizar un ecosistema totalmente descoñecido para os alumnos canarios. Entre os aspectos que se analizou é a necesidade de ter previstas os efectos das inundacións, situación que se estaba xerando ese día, co nivel da auga á altura dos muíños. Tamén se analizou o funcionamento dos muíños, visitando un deles e resaltar a importancia histórica que tivo este aproveitamento da enerxía hidráulica en Galicia.


Vídeo da fase en Canarias do intercambio Climántica Intercambios 2016

 
Está publicado en Climántica TV o vídeo da estancia en Canarias de Climántica Intercambios 2016 que se desenvolveu entre o 11 e o 18 de marzo de 2016.

O intercambio no Observatorio de Izaña no Día Mundial da Meteoroloxía

 
O xoves 17 de marzo, os alumnos do intercambio Galicia – Canarias Climántica 2010 incorporáronse a primeira hora da mañá as actividades do Instituto Atmosférico de Izaña, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. A visita coincidiu tamén co 100 cumpre anos do centro meteorolóxico máis antigo de España.



Ao chegar a Izaña recibiu aos alumnos galegos e canarios Rubén del Campo observador meteorolóxico do centro. Este investigador impartiu unha charla coloquio na que empezou situando o centro a unha altitude de 2371 m orientado na cara Norte do Teide, na que se frean os ventos alisios. Explicou que o anticiclón como o que se estaba vivindo ese día fai descender aire frío e denso, facendo que se humedece nesas nubes que cobren a zona Norte de illa. Por iso encima das nubes queda aire seco e moi limpo.

Rubén del Campo destacou que alí o clima era subtropical con veráns moi secos e que o centro tiña unha situación estratéxica, o que facilita entre outras cousas que non exista o efecto de illa de calor, o que fai que o dato de aumento de un grao de temperatura media nos últimos 100 anos sexa moi significativa. Sinalou tamén que o centro é un observatorio global de ozono, de gases invernadoiros, de radiación e de aerosois. O Instituto Atmosférico de Izaña é un centro de desenvolvemento medioambiental e proxectos de investigación de ámbito internacional.

 
Remarcou que o principal obxectivo do centro era medir para obter datos que alimentan modelos climáticos, apuntando que no mundo hai pouco máis de 30 centros desta natureza situados en sitios remotos nas que a influencia antrópica sexa mínima. Outras medidas que alimentan os modelos climáticos son os gases invernadoiro (CO2, CH4 N20…). Xunto con estes datos, tamén fan observacións de carácter fonolóxico para ver como se ven afectadas polo cambio climático as especies tan adaptadas ás condicións climáticas e de altitude

Unha vez rematada a conferencia, os alumnos dividíronse en grupos para visitar as instalación a analizar in situ a toma de datos. Visitaron no exterior a diversidade de instrumentos de medida meteorolóxica (diferentes anemómetros, pluviómetros, heliómetros, termómetros, unha caseta meteorolóxica, etc.).


Logo pasaron á azotea donde teñen os dispositivos de Radiación, de medida de aerosois, con equipos de Suiza, Francia, a NASA e do propio centro. Alí visualizaron a calima con aerosois procedentes de África, e reflexionaron sobre o feito de que non pasaran de determinada altura, ao estar freada pola inversión térmica.


Por último visitaron os laboratorios onde se recollen os datos e se monitorizan para estudar os gases emitidos. As explicacións centráronse sobre todo no proceso de medición do dióxido de carbono, aínda que tamén tiveron ocasión de ver cómo se miden outros gases invernadoiro como o metano ou o N2O.



Pola tarde, ao baixar do Teide, visitaron o pobo de Icod, onde comeron e logo tiveron ocasión de visualizar o drago milenario e se informaron do proceso de recuperación que se levou nas últimas décadas.



A xornada rematou coa visita do pobo de Garachico, onde analizaron o roque como elemento xeomorfolóxico. Tamén tiveron ocasión de visualizar as pegadas históricas das coladas consolidadas no relevo que rodea ao pobo como manifestacións visuais do risco volcánico seguindo a morfoloxía da colada que inicios de século XVIII deixou soterrado o pobo e o seu porto.



Os alumnos Noia, Outes, Boiro, Santiago, Rois e La Laguna mergulláronse no terceiro día do intercamb...

 
Os  20 alumnos galegos do IES Virxe de Mar de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro, do IES Rosalía de Castro de Santiago e do CIP dos Dices de Rois, e os seus pares de intercambio, desprazáronse ás 8:30 do martes 16 de marzo de 2016 para estudar a recuperación do fondo oceánico do Puertito de Adeje que está a levar a cabo dende o ano 2009 no marco proxecto Océano Sostenible.



Cada alumno descendeu 10 metros de profundidade ata visualizar ben o fondo. Para facelo tivo a súa disposición o equipamento necesario para o mergullo con botellas de aire e en todo momento estivo acompañado por un mergullador do proxecto Océano Sostenible. Durante o descenso observaron a fauna, formacións rochosas e algas do fondo recollendo imaxes de foto fixo e de vídeo. Na organización da actividade o grupo dividiuse en catro equipos de traballo de 10 estudantes cada equipo.



Antes de iniciar o mergullo os 40 alumnos implicados no intercambio recibiron a visita da Concelleira de Medio Ambiente do Concello de Adeje, quen deu a benvida aos alumnos e presentou a aula do mar que están a impulsar dende o concello no marco do proxecto Océano Sostenible.



Con motivo desta visita, os alumnos procederon a desenvolver un acto simbólico para lembrar a participación de Climántica 2016 nesta actividade nas costas de Adeje. Este acto consistiu na liberación dunha pardela e dunha tartaruga que recuperaron os servizos veterinarios da aula do mar. No caso da tartaruga analizouse o complexidade da recuperación, pois a intervención consistiu en reparar os danos que lle ocasionou unha hélice dun barco, requirindo dunha reparación mediante o uso de fibra de vidro.



Segundo día do intercambio en Canarias dos estudantes de Noia, Outes, Boiro, Santiago, Rois e La Lag...

 
Os  20 alumnos galegos do IES Virxe de Mar de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro, do IES Rosalía de Castro de Santiago e do CIP dos Dices de Rois, e os seus pares de intercambio, desprazáronse ás 8:30 do martes 15 de marzo de 2016 para recoller coñecementos vinculados ao proxecto do intercambio mediante a visita do  Centro de visitantes Telesforo Bravo situado na Orotava e pertencente á rede de centros do Parque Nacional do Teide. Alí iniciaron estas actividades de recollida de información mediante a visita virtual que supón a exposición simulada do ascenso dende a beira do mar ata a cima do Teide, pasando polo Valle de la Oratava, recorrendo o camiño que seguiu o naturalista Alexander Von Humboldt na  exploración que realizou en 1799. Para conseguir esta información analizaron numerosos paneis, pantallas, locucións, maquetas, vitrinas interactivas, pasando tamén a través dunha simulación dun tubo volcánica.



Despois deste recorrido informativo, os estudantes asistiron a un charla coloquio sobre a incidencia do cambio climático sobre a fenoloxía das especies autóctonas do Parque Nacional. Entre as especies máis afectadas subliñouse o perigo de desaparición no que se atopa o cedro autóctono. Esta especie ten un froito con unha cuberta externa moi resistente. Esta cuberta non era impedimento para a xerminación se era atacada polos ácidos como consecuencia do seu paso polo tubo dixestivo dos corvos, unha especie carroñeira que desapareceu ao eliminar do Teide as reses que para evitar que paceran a vexetación autóctona. Dende entón a xerminación pasou a depender do merlo capiblanco que chega ás ilas dende o norte de Europa, quedando nelas só os seis meses do período frío do norte de Europa, pero alimentándose de forma compulsiva dos froitos desta conífera para emprender despois voo ás lugares de nidificación primaveral nos lugares dos que proceden. Co cambio climático esta ave está reducindo a súa presenza en Canarias porque pode permitirse permanecer no inverno en latitudes más ao norte, co que está a diminuír de forma significativa a súa contribución á dispersión deste cedro endémico das illas.



Por último os alumnos visitaron o xardín botánico do Centro, que se plantou no xardín da antiga Casa da Maquesa do Sauzal. Este xardín recolle especies autóctonas do Teide, moitas das cales se analizarán a súa adaptación ao clima no itinerario que se desenvolverá o xoves 17 de marzo. Entre os moitos exemplos que se analizaron pode citarse a retama, que será unha das especies que se analizarán o xoves e da que se comprobará a diferenza na morfoloxía, por canto que aquí é máis alta e máis flexible, ao non verse sometida a un clima tan rigoroso.



Ao rematar as actividades na Orotava os alumnos desprazáronse a comer no colexio Decroly de La Laguna, centro coordinador da fase canaria do intercambio. Despois de comer no comedor escolar, os alumnos asistiron pola tarde á charla impartida polo director do proxecto Océano Sostible quen lles explicou o ecosistema que visualizarán ao día seguinte durante a actividade de observación mediante mergullo.


Estudantes de ESO de Noia, Outes, Boiro, Santiago e Rois inician en Canarias o intercambio climático

 
O proxecto educativo Climántica, desprazou a Tenerife a 20 alumnos e cinco docentes dos IES Virxe de Mar de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro, do IES Rosalía de Castro de Santiago e do CIP dos Dices de Rois.



A delegación galega chegou o fin de semana á illa de Tenerife e os alumnos dedicaron o fin de semana a iniciar a convivencia coas familias, quenes os levaron a coñecer a illa. A única actividade incluída no programa durante o fin de semana foi unha observación nocturna dende o Teide das principais constelacións, así como da lúa e do Planeta Xúpiter e os seus satélites. Esta actividade foi dirixida por o pai dun alumno canario implicado no intercambio experto en Astronomía. Na actividade participaron os estudantes e docentes galegos e canarios, así como as vinte familias de acollida. A actividade pechouse con unha cea picnic na que se degustaron produtos típicos da gastronomía canaria.

O luns 14 foi o primeiro día do plan de actividades desenvolto en horario escolar. As actividades que se desenvolveron o primeiro día iniciáronse ás 8:30 co desprazamento ao Instituto Tecnolóxico das Enerxías Renovables (ITER) situado no Sur da illa de Tenerife. Neste centro de investigación e divulgación das enerxías renovables, de referencia en España, os estudantes abordaron ao longo da mañá as actividades relacionadas con tres ámbitos diferentes: 1) Itinerario das demostracións prácticas do paseo das enerxías renovables, 2) Charla coloquio impartida por unha técnica do Instituto Vulcanolóxico, integrado no ITER e que tratou sobre os riscos volcánicos e o potencial da vulcanoloxía en relación á enerxía xeotérmica; 3) Visita a dúas vivendas bioclimáticas que aluga o ITER a familias e sobre as que fai un seguimento das condicións de temperatura e humidade durante o tempo no que están ocupadas polas familias.

Na primeira parte das actividades do ITER os alumnos foron seguindo un itinerario por diferentes simuladores do funcionamento das enerxías renovables, acompañados da técnica de divulgación do ITER. Con cada unha das demostracións fixo unha sería de preguntas ás que os alumnos responderon aplicando os coñecementos que tiñan acadados sobre enerxía renovable. As actividades centráronse nun forno solar, onde analizaron os diferentes elementos claves do seu funcionamento a través dunha serie de preguntas que lle formulou a técnica. A continuación visitaron unha placa solar térmica, procedendo coa mesma metodoloxía, e facendo fincapé na relevancia desta enerxía nas illas, que coa insolación característica do clima, permite abastecer a práctica totalidade de auga quente das vivendas.

A seguinte parada fíxose na placa fotovoltaica. Nela a técnico explicou o fundamento para xerar electricidade mediante o efecto da luz sobre os electróns do silicio, que impulsa aos electróns que se conducen xerando a enerxía eléctrica. En relación a este recurso analizouse de forma comparativa as política actuais en relación a este recurso que se están a seguir en España e en Alemaña.



O itinerario das enerxías renovables rematou coa análise do funcionamento dunha desalgadora solar capaz de xerar 4 litros de auga doce por día desalgando. A partires deste dato analizouse a relevancia deste recurso para obter auga doce nas illas sen consumo enerxético a partires de auga solar.

Unha vez rematado itinerario das enerxías renovables, os 42 estudantes das dúas comunidades autónomas desprazáronse ao salón de actos para analizar as relacións dos volcáns coa enerxía xeotérmica e valorar os riscos do vulcanismo en Canarias.
 
As actividades no ITER remataron ás 14 horas visitando vivendas bioclimáticas para descubrir as estratexias arquitectónicas relativas ao tipo de materiais de construción, á orientación e aos sistemas de ventilación utilizados para manter a temperatura constante. Tamén puideron comprobar cómo se obtiñan os datos relativos aos efectos sobre a temperatura e humidade derivados da ocupación das vivendas por parte das familias que as alugaban.

Unha vez finalizadas as actividades no ITER, a comunidade educativa implicada no intercambio desprazouse á praia que se atopa na ladeira do volcán Montaña Vermella, onde chegaron ás 14.15 para proceder a bañarse e a comer. Xa pola tarde iniciaron o itinerario de ascenso ao volcán de Montaña Vermella, analizando o cono volcánico recente e a xeomorfoloxía que se contemple desde as súas 171 m de altura.

Conferencia na clausura do mes sobre o cambio climático do Parque Nacional Illas Atlánticas

 

Xa se pode ver en Climántica TV o vídeo da conferencia que clausurou, o venres o 29 de xaneiro de 2016, o mes do cambio climático no Parque Nacional de Illas Atlánticas. Esta conferencia, impartida por Francisco Sóñora, autor e director de Climántica, centrouse en contidos científicos seleccionados entre os recollidos nos libros didácticos do proxecto. A selección e secuenciación dos contidos fíxose co obxectivo de trasladar unha visión actual do cambio climático partindo dende as relación das evolucións biolóxica e tecnolóxica da nosa especie con cambios no clima, para situar nese marco os impactos do cambio climático contemporáneo, e rematando co apunte de escenarios para a mitigación do cambio climático.

Todos os contidos expostos na conferencia quedaron organizados en nestes catro bloques:
  1. Barreiras e camiños derivados dos cambios climáticos que conduciron o proceso evolutivo da nosa especie
  2. As nosas relacións coa natureza dende a última glaciación ata a actualidade e as súas relacións co cambio climático
  3. Impactos  do cambio climático a nivel global e de Galicia
  4. Posibles respostas para a mitigación do cambio climático.


Vídeo do campus e do seminario docente internacional CLMNTK15

 

Acábase de publicar en Climántica TV o vídeo do campus xuvenil internacional e do seu seminario docente internacional CLMNTK15. Este vídeo de 50 minutos de duración recolle os contidos máis relevantes do campus xuvenil internacional CLMNTK15 e do seu seminario docente de investigación docente, que van aparecendo no vídeo con esta secuencia temporalizada: 

  1. No minuto 1 recóllense imaxes da inauguración.
  2.  
  3. Do minuto 1 ao minuto 5 recóllense imaxes de charla coloquio, dirixida aos alumnos e aos docentes, “Como se fai un vídeo sobre cambio climático” impartida polo investigador da Universidade de Valladolid David Vicente.
  4.  
  5. Entre os minutos 5 e 6 recóllense imaxes de charla coloquio impartida polo profesor de Bioloxía e Xeoloxía do CPI Dos Dices, Javier Santiago Que é o stop motion?, como unha técnica que pode ser útil para os proxectos.
  6.  
  7. Entre os minutos 6 e 7 visualízase a presentación das redes sociais do campus.
  8.  
  9. Entre os minutos 7 e 8:20 visualízanse imaxes do Festival das nacionalidades, co que se pechou o programa do xoves 3 de setembro.
  10.  
  11. Entre os minutos 8:20 e 9:40 recóllense imaxes da primeira actividade do venres 4, dirixida tanto para profesores como para alumnos, chárlaa coloquio “Introdución ao xornalismo científico: o cambio climático” impartido por Francisco Domench do xornal electrónico Materia.
  12.  
  13. Do minuto 9:40-23:45 recollen imaxes específicas do seminario docente, á que asistiron os docentes mentres os alumnos asistiron á charla de apicultura e cambio climático e realizaron entrevistas en Segovia. Neste intervalo de tempo recóllense imaxes do Simposio impartido polo grupo de Investigación sobre a Cultura Científica do Centro de Investigacións Enerxéticas, Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT) do Ministerio de Ciencia e Innovación. Nese intervalo de tempo recóllense as catro intervencións:
        - Ana Muñoz. Análise de datos de enquisas de opinión na procura de relacións entre a cultura científica e a conciencia ambiental.
        - Emilia Lopera. O discurso xornalístico do cambio climático na prensa española: claves da cobertura informativa.
        - María Cornejo. A economía sustentable e as súas relacións coas innovacións ecolóxicas.
        - Emilio Muñoz. Potencialidades do I+D+i para o estímulo do espírito emprendedor no ámbito científico fronte ao cambio climático.
  14.  
  15. Do grupo 23:47 ao 24:35 recóllense imaxes do itinerario realizado a tarde do venres para a analizar a ocupación integral do territorio, as realidade actual e propostas futuros para a sustentabilidade de Segovia.
  16.  
  17. Entre o minuto 24:35 e o 28:45 resúmese charla coloquio impartida polo profesor de Historia do Colexio Madrid de México D. F., Ernesto Rico, e que titulou “Mesoamérica e a súa fráxil relación co medio ambiente: Teotihuacán e a área Maya”. Esta actividade programouse como específica do seminario docente, e mentres levou a cabo, os alumnos traballaron cos seus monitores na edición do vídeo.
  18.  
  19. Do minuto 28:45 ao 29:35 recóllense imaxes do concurso “Esta canción sóame”, coa que finalizaron as actividades do venres 4. Neste concurso lúdico, os alumnos do campus interpretaron cancións destacadas na música pop e os seus compañeiros identificáronas. As respostas máis valoradas polo xurado, foron premiadas con cartafoles do proxecto Climántica.
  20.  
  21. Do minuto 29:35 ao 33 recóllese a primeira charla ? coloquio do sábado 5, dirixida para alumnos e profesores e impartida por Francisco Heras, coordinador da área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). Esa charla coloquio titulouna “Percepción social do cambio climático e barreiras”.
  22.  
  23. Do 33 ao 33.40 visualízanse imaxes do taller de Cálculo de emisións impartido por Xullo Rodríguez, técnico de Educación Ambiental da área de Educación do CENEAM.
  24.  
  25. Do 33:40 ao 33:50 visualízase un momento do ensaio do grupo de música, un dos tres ámbitos: música, teatro e danza, implicado no proxecto musical; que xunto cos 3 proxectos audiovisuais constituíron os catro proxectos do campus.
  26.  
  27. Do 33:50 ao 34:30 visualízanse imaxes do taller impartido por Francisco Heras do CENEAM, e que titulou “Publicidade e cambio climático: valoración da publicidade vista desde o punto de vista do cambio climático”.
  28.  
  29. Entre o 34: 30 e o 34:37 visualízase un momento do ensaio da coreografía do musical.
  30.  
  31. No intervalo 33:36 e 33:65 visualízase a intervención sobre a visión profesional da linguaxe publicitaria de Miguel Torres, conselleiro delegado de The Blend e o coloquio cos alumnos interesados en seguir estudos dese ámbito.
  32.  
  33. Entre o 36:55 e o 40:25 recóllense imaxes dos dous itinerarios aos que se dedicou a xornada do domingo 6 de setembro: a visita á Granxa de San Ildefonso e o itinerario sobre signos do cambio climático na alta montaña da Serra do Guadarrama.
  34.  
  35. O intervalo comprendido entre o 40:25 e o 44:50 recolle imaxes do seminario “Por que é tan difícil cambiar a forma de comportarse as persoas? O caso da conduta ambiental” impartida por Juan Ignacio Pozo, catedrático de Psicoloxía Básica da Universidade Autónoma de Madrid. Durante o tempo no que os docentes desenvolveron este seminario, os alumnos pecharon os seus proxectos e prepararon a súa presentación no teatro Paladio de Segovia.
  36.  
  37. Os minutos restantes, do 44:50 ao final dedícase ao festival fin de campus, no que se presentaron os catro audiovisuais e o musical que resultaron do traballo no tempo dedicado a proxectos.

Do evento final optouse unicamente por recoller imaxes do musical porque os vídeos elaborados polos alumnos quedaron publicados na súa totalidade de forma individualizada, como produtos audiovisuais obtidos no campus.

O vídeo elaborado por grupo 1, titulado Desde Climantika advertímosvos.

En este vídeo los alumnos comparan a adaptación ao clima e ás condicións ambientais dos seus lugares da orixe, e buscan advertir sobre o risco para ese equilibrio que pode supoñer o cambio climático mediante imaxes de diversos impactos catastróficos. Finalizan o vídeo realizando entre todos os compoñentes un mural colectivo, no cada alumno achegou as súas propostas de solucións.

O vídeo realizado polo grupo 2, titulado Climatekeando.

Neste vídeo construíuse como unha noticia do Telexornal sobre a percepción das respostas ao cambio climático e ao coidado do medio ambiente, contados por reporteiros desprazados a Segovia.

O vídeo realizado polo grupo 3 titulouse Teleclima.

Nel os alumnos recollen sucesos, nalgúns casos reais e outros contados con formulación auténtica, cunha relación con impactos que se poden relacionar co cambio climático ou ben con respostas para a súa mitigación. Os alumnos sitúanse como reporteiros situados nos seus países de orixe, e aparecen como resultado de cambios de canle por parte dos espectadores, debido a que non lles gusta o que contan.

Tamén se presentou un vídeo de homenaxe a Nadia de Polonia no seu 17 cumpleanos.


Este vídeo foi realizado, aplicando a técnica de Stop motion, polo equipo de monitores e polos alumnos do grupo de traballo desta estudante co motivo da celebración do 17 cumpleanos de Nadia.


Posta en marcha do blog do campus CLMNTK e as súas redes sociais

 


Acábase de poñer en marcha o blog CLMNTK que terá como primeiros editores o grupo de alumnos que formarán parte do taller de Comunicación do campus CLMNTK15, que se celebrará, xunto co seu seminario docente de investigación - acción, no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM).

Este grupo de traballo formouse cos interesados no taller de comunicación, garantindo a participación de representantes de diferentes comunidades autónomas, así como dos países Portugal, Polonia, México e Arxentina. Tamén se buscou que no grupo de traballo participen representantes de todos os proxectos implicados no campus xuvenil internacional. Desta forma cada día comunicaranse os avances de todos os proxectos do campus e farase chegar as novidades a todas as comunidades autónomas e países con centros implicados no campus.

O blog CLMNTK vai asociado a diferentes redes sociais porque, unha vez finalizado o campus, preténdese que os editores sigan manténdoo actualizado dende os seus países, comunicando as novidades dos proxectos escolares que poñan en marcha os seus profesores que participan no seminario docente de investigación - acción sobre o campus.


Climántica na conferencia internacional de Oeiras

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo da conferencia xuvenil internacional de Oeiras na que Climántica colaborou e enviou unha delegación de 12 alumnos. O vídeo recolle momentos lúdicos e de convivencia dos alumnos dos 25 países, e recolle tamén a presentación do proxecto da delegación de Climántica.

Climántica envíou unha delegación de alumnos e profesores de Secundaria ao XXIX CEI 2015

 


Unha delegación de Climántica participou a pasada semana en XXIX Conferencia Caretakers of the Enviroment International (CEI2015), que se celebrou en Oeiras (Portugal) coa participación de profesores e estudantes de secundaria de 25 países.

Esta conferencia, auspiciada por un network de escolas de secundaria moi activas en educación ambiental, celébrase anualmente en distintas partes do mundo co obxectivo de compartir experiencias internacionais e articular actividades interdisciplinares sobre medio na que participan tanto profesores coma alumnos.

Nesta ocasión, o lugar elixido foi Portugal e a entidade encargada da organización foi a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA), que elixiu como temática os océanos, a súa conservación e o seu futuro.

A única participación española na Conferenca foi a delegación enviada por Climántica con doce alumnos e dúas profesoras do IES San Alberto e do IES Virxe do Mar de Noia. Do 28 de xuño ao 4 de xullo puideron participar no intenso programa de actividades da conferencia, que incluía workshops, traballos de campo ou visitas a espazos naturais e centros de interese ambiental.



Igualmente, os alumnos galegos presentaron ante o resto das delegacións do CEI2015 un proxecto de investigación sobre a ría de Noia que está recompilado na web riadenoia.weebly.com. Divididos en dous equipos, realizaron un intenso traballo sobre os sistemas natural e antrópico da ría, analizando a xeomorfoloxía, as dinámicas, os ecosistemas, os recursos ou o impacto ambiental, entre outras cousas.

En Youtube pode verse tamén o vídeo Water, life cycle que presentaron ao concurso de vídeos da conferencia e que advirte sobre como o lixo que tiramos ao mar pode rematar nos alimentos que comemos.

A Conferencia foi tamén para alumnos e profesores unha importante experiencia para o intercambio de lazos de confianza, amizade e cooperación entre persoas de distintos países, así como unha excelente oportunidade para practicar idiomas.

Durante os cinco días que durou o Encontro, os rapaces tiveron que utilizar o inglés, idioma oficial da Conferencia, para todos os traballos e presentacións. Ademais interactuar con estudantes de Taiwan, China, Turquía, Dinamarca, Grecia, EUA, Mexico, Indonesia, Hungría ou Rusia, entre outros.


Efectos do cambio climático sobre o marisqueo

 
Está publicado en Climántica TV o vídeo da exposición da catedrática de zooloxía da Universidade de Vigo e responsable de Captación de talento do Campus do Mar, Elsa Vázquez. Esta intervención titulada Efectos do cambio climático sobre o marisqueo formou parte do simposio científico Respostas Cientificas del Campus do Mar, no marco da celebración por parte do proxecto Climántica del Día Mundial do Medio 2015, que tivo lugar no Museo do Mar de Noia, dedicado ás Respostas da Ciencia e a Educación ao Cambio Climático.

A Dra. Vázquez situou os impactos do cambio climático sobre o plancto a nivel global para trasladar a continuación a súa disertación no contexto do Atlántico Oeste, en concreto ás rías galegas, para abordar a temática que defendeu neste simposio. Unha vez localizada no ámbito do marisqueo nas rías, referiuse aos efectos que xa se están a evidenciar no marisqueo como consecuencia das previsións para o ámbito das rías. Neste sentido referiuse ao aumento das ondas de calor, tanto en intensidade coma en duración, mesmo en épocas non estivais. Tamén se referiu ao aumento de precipitacións que se desenvolven en poucos días e con moita intensidade, para dar logo paso a períodos de seca.

Sobre a base deste aumento de ondas de calor e de baixadas de salinidade como consecuencia das precipitacións, xustificou unha parte importante dos problemas de crecemento e de reprodución. Neste sentido sinalou que os recursos do marisqueo son sedentarios, e non poden moverse como o fan os peixes, o que leva a que os efectos do cambio climático determinen mortalidades masivas.

Comparou a recuperación masiva de ameixas e de berberechos despois de mortalidades por riadas, mostrando coa comparación de gráficas de produción que a recuperación despois das riadas do é máis favorable para a poboación de berberechos que para a das ameixas.

Referiuse a que a pesar desta boa taxa de recuperación do berberecho, este recurso marisqueiro se encontra en niveis baixos de produción dende o 2011 nas rías baixas. Eses niveis baixos xustificounos pola aparición do protozoo Martelia cochillia que invade todas as células do tubo dixestivo, bloqueando a nutrición da especie. No contexto concreto no que se desenvolveu a charla, referiuse a que esta especie afortunadamente non entrou na Ría de Noia - Muros, posiblemente pola baixa temperatura das augas, algo que pode cambiar no marco das previsións de impactos do cambio climático na rexión.

Para a súa exposición apoiouse en datos das súas investigacións aos que se referiu durante a charla, fundamentando a metodoloxía, os instrumentos de recollida de datos e os resultados. Así, mediante unha interesante exposición, logrou evidenciar dunha forma moi intuitiva e clara a relevancia que xa está a ter o cambio climático sobre o marisqueo. Tamén fundamentou escenarios futuros preocupantes que poden levar á desaparición ou diminución preocupante de recursos marisqueiros con importantes impactos económicos e ecolóxicos.


Vídeo das actividades na conferencia europea “Let´s Take Care of the Planet”

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo das actividades da Conferencia Xuvenil Europea Let´s Take Care of the Planet na que o proxecto Climántica estivo representada polos delegados Paula Insua e Pablo Romeu.

Respostas científicas e educativas fronte ao cambio climático no Día Mundial do Medio Ambiente

 

Dous científicos da Universidade de Vigo e catorce alumnos dos dous institutos de Noia están a preparar unha xornada para comunicar á sociedade, dende o marco de Climántica, respostas claras, firmes e comprometidas fronte ao cambio climático con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Os dous institutos de Noia, IES Virxe do Mar e IES Campo de San Alberto,  uníronse no marco do proxecto Climántica para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente recapitulando e transferindo á sociedade o coñecemento científico, vivencial e emocional que acadaron na súa participación en iniciativas internacionais durante o curso 2014-2015.

Estas experiencias internacionais consistiron no proceso da participación na conferencia xuvenil europea Let´s take care of the planet celebrada no Comité das Rexións de Bruxelas do 19 ao 23 de maio e na próxima participación na conferencia e na conferencia internacional sobre a sostibilidade dos océanos, que se celebrará en Lisboa do 28 de xuño ao 4 de xullo.  Neste reto contaron coa promoción do Concello de Noia, coa acollida e apoio para a celebración do evento por parte do Museo do Mar e co coñecemento do campus de excelencia internacional Campus do Mar.

O acto académico de celebración empezará ás 10:15 coa presentación ás autoridades locais e aos medios de comunicación da carta dos compromisos redactada durante a Conferencia de Bruxelas polos delegados das rexións dos 14 países europeos representados, entre os que participaron os alumnos noieses Paula Insua e Pablo Romeu como delegados galegos. Deste xeito, estes dous delegados na Conferencia xuvenil europea, cumprirán co compromiso que acadaron en Bruxelas de facer unha presentación pública da carta de compromisos compartidos que redactaron en Bruxelas entre os días 20 e 22 de maio, diante dos medios de comunicación e autoridades.

Para chegar á elaboración deste documento recibiron formación e de mantiveron coloquios con autoridades e expertos da Unión Europea. Tamén participaron en diversos obradoiros e actividades científicas e de comunicación relativas ao cambio climático. As conclusións destes debates internacionais reflectíronse, ademais de en esta carta que se presentará en Noia,  en diferentes produtos de comunicación, entre os que destacaron póster e vídeos.

A continuación da lectura e explicación da carta, e do seu compromiso cos acordos plasmados nela, procederase a un simposio científico relativo ás respostas científicas ao cambio climático que será impartido por dous profesores da Universidade de Vigo. Os dous participarán dende a súa adscrición científica e docente coa universidade que lidera o Campus do Mar, o consorcio galego – portugués recoñecido polo Ministerio de Educación como de excelencia internacional sobre a investigación oceánica. Deste xeito o Campus do Mar apoia co seu coñecemento á comunidade de alumnos científicos que aspira a implicarse como colaboradores deste consorcio científico en proxectos de investigación sobre o ámbito dar ría de Noia.

A primeira intervención do simposio científico correrá a cargo de Elsa Vázquez, catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo e responsable de captación de talento do Campus do Mar. O título da súa comunicación é Efectos do cambio climático sobre o marisqueo. Deste xeito presentará aos alumnos os efectos que está a ter o cambio climático sobre o marisqueo. Este problema supón un ámbito destacado dentro das súas liñas de investigación. Tamén foi un dos principais problemas abordados na conferencia local do proceso de participación no proxecto europeo, e está a ser un dos máis destacados no proxecto que os alumnos do IES Virxe do Mar o do IES Campo de San Alberto están a preparar para presentar na conferencia internacional de Lisboa.

A continuación intervirá Bernardo Parajó, director da Axencia Enerxética de Vigo e profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial da Universidade Vigo. Nesta intervención exporase a relevancia do ámbito enerxético para aportar respostas á mitigación do cambio climático. Durante a exposición das respostas fará especial fincapé na relevancia que ten o ámbito oceánico neste tipo de respostas, para que os alumnos que están a ultimar o proxecto que presentarán na conferencia internacional sobre os océanos de Lisboa, poidan incorporar estes ámbitos de innovación científica e tecnolóxica.

Finalizada a intervención do profesor Parajó, iniciarase a fase de coloquio do simposio. Nela intervirán en primeiro lugar os alumnos. Unha vez rematada ás intervencións dos alumnos, procederase ás intervencións dos cidadáns que teñan asistido ao simposio, unha vez que o Museo do Mar catalizará a participación da sociedade en xeral neste coñecemento.

O acto finalizará coa coa presentación do proxecto que están a desenvolver os alumnos dos dous institutos para presentar na conferencia internacional de Lisboa, na que unha delegación de 12 alumnos dos dous institutos formará parte do conxunto de 320 alumnos de 24 países. O proxecto ten a vocación de ser un avance inicial do estudo da sostibilidade da ría que sirva de base para unha das liñas de traballo de Climántica no próximo curso, na se pretende formar unha comunidade científico – discente que investigue sobre o reto que se presentará en Lisboa.

O proxecto que se presentará no peche desta xornada de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente está a desenvolverse en dous grupos de traballo, formados cada un deles por alumnos dos dous institutos. Os resultados das investigacións dos dous grupos de traballo, un centrado sobre o sistema natural e o outro sobre sistema antrópico, converxerán para atopar respostas científicas e educativas ao cambio climático na ría de Noia e Muros. Estas investigación implican ámbitos tan diversos como a orixe da ría, os funcionamentos das correntes na ría, a importancia das mareas, a descrición xeomorfóloxica do relevo litoral, o estudo dos seus ecosistemas, a rendibilidade e sostibilidade do uso dos recursos: métodos de marisqueo coas implicacións na lonxa de Testal, nas bateas, a pesca de baixura, os estaleiros, o turismo e os deportes náuticos.

Descargar Carta dos compromisos


Climántica aportou os dous delegados galegos da conferencia de Bruxelas

 


Os dous alumnos galegos, Paula Insua e Pablo Romeu, que foron seleccionados, no marco do proxecto Climántica, para representar a Galicia no conferencia europea Imos a coidar do Planeta, traballaron con intensidade e dedicación dende o 20 ata o 22 de maio de 2016 no Comité das Rexións de Bruxelas xunto con alumnos doutros 14 países europeos para trasladarlle ás autoridades da Unión Europea e das súas rexións e localidades os compromisos da xuventude europea co cambio climático.

As actividades que se desenvolveron no Comité das Rexións Bruxelas do 20 ao 23 de maio, consistiron en coloquios, debates, xogos de rol, simulacros de negociacións para reducir ás emisións. Tamén tiveron ocasión de recibir formación e de manter coloquios con autoridades e expertos da Unión Europea. As conclusións destes debates internacionais reflectíronse en diferentes produtos de comunicación: póster, vídeos e a carta de responsabilidades para presentarlle ás autoridades da Unión Europea, e tamén diante das autoridades locais, rexionais e nacionais que apoiaron a iniciativa.

Os educadores que participaron no evento tamén recibiron formación metodolóxica relativa ás actividades que desenvolveron os alumnos, presentaron os proxectos implicados, entre os que foi presentado Climántica por Francisco Sóñora, director do proxecto. Remataron a súa participación analizando as posibles sinerxías entre os proxectos para presentar candidaturas Erasmus+, para establecer asociacións de escolas xemelgas para desenvolver intercambios. Entre os acordos de participación colectiva, propúxose a organización da seguinte conferencia e tamén a celebración o 22 de abril de 2016, Día da Terra, unha xornada de multieventos escolares con conexións mediante streaming entre as diferentes escolas dos 14 países implicados.



Primeira conferencia transfronteiriza

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo da primeira conferencia transfronteiriza celebrada en Monçao o 10 de marzo de 2015 na que se presentaron os cinco traballos finalistas de Galicia e os cinco das conferencias escolares das localidades portuguesas fronteirizas: 2 de Monçao e 3 de Valença. Desta conferencia saíron os dous delegados de Galicia e un de Portugal dos seis que envía a euro-rexión educativa á conferencia europea Imos a coidar do Planeta que se celebrará en Bruxelas do 20 ao 22 de maio.

Vídeo da estanza en Galicia no intercambio Galicia-Canarias

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo que resume as actividades en Galicia do intercambio Galicia-Canarias. Recolle imaxes das actividades deseñadas para este proxecto polos Museos científicos de A Coruña, polo Centro de Divulgación da Enerxía Sotavento e pola Fábrica de Ciencia Viva de Aveiro.

O vídeo finaliza resumindo o acto académico e a gala de peche de intercambio, no que se resumen a conferencia do Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña e ex - presidente da Xunta de Galicia, o Dr. Fernando González Laxe, as comunicacións escolares do Colexio Decroly e IES Virxe do Mar, e coas actuacións musicais do IES Poeta Añón de Outes, do IES Espiñeira de Boiro, do coro do Colexio Decroly de Tenerife, do coro do IES Virxe do Mar de Noia e do Conservatorio de Noia.

Coloquio co Dr. Ángel Carracedo na estancia en Galicia da comunidade educativa de Canarias

 
Xa está disponible en Climántica TV o vídeo do coloquio sobre a conferencia impartida polo Dr. Carracedo no Coliseo Noela de Noia o 25 de marzo e na que participaron os alumnos implicados no intercambio con Canarias durante a estancia en Galicia da Comunidade educativa de Canarias. A conferencia tratou sobre as relacións da xenómica e do ambiente nos trastornos da aprendizaxe e organizouna o Concello de Noia no marco da súa colaboración con Climántica Intercambio Galicia - Canarias dende o seu programa Noia Saudable.

Conferencia co Dr. Ángel Carracedo na estancia en Galicia da comunidade educativa de Canarias

 
Xa está disponible en Climántica TV o vídeo a conferencia impartida polo Dr. Carracedo no Coliseo Noela de Noia o 25 de marzo e na que participaron os alumnos implicados no intercambio con Canarias durante a estancia en Galicia da Comunidade educativa de Canarias. A conferencia tratou sobre as relacións da xenómica e do ambiente nos trastornos da aprendizaxe e organizouna o Concello de Noia no marco da súa colaboración con Climántica Intercambio Galicia - Canarias dende o seu programa Noia Saudable.

Primeira conferencia transfronteiriza xuvenil no marco de Climántica

 
O proxecto Climántica e a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA), conseguiron un avance moi significativo na colaboración que iniciaron no 2010, logrando neste caso que a data 10 de abril de 2015 forme parte da historia da Educación Ambiental de Galicia e de Portugal, por ser o día no que se celebrou en Monçao a primeira conferencia xuvenil transfronteiriza de Educación Ambiental. Por iso tentarán de mantela como unha data de referencia para desenvolver conferencias xuvenís transfronteirizas anuais que lle dean continuidade e amplifiquen os logros educativos acadados.



Esta primeira conferencia transfronteiriza forma parte do proceso que terá o seu evento principal no Comité das Rexións de Bruxelas coa conferencia europea “Imos a coidar do Planeta” que se celebrará entre o 19 e o 23 de maio, de acordo co programa. Con esta conferencia pecháronse as actividades previas á conferencia europea da eurorexión educativa Galicia – Norte de Portugal que se uniu a través do consorcio ASPEA – Climántica liderado pola ASPEA, tal e como se recolle no portal que esta asociación puxo en marcha para a organización deste evento. Asta actividades previas desenvolvéronse ao longo dos dous trimestres do curso 2014-2015. Durante o primeiro trimestre constituíse o consorcio e a rede de escolas transfronteirizas que foi aprobado por Monde Pluriel, organización que coordina a participación de todos os países europeos na conferencia xuvenil de Bruxelas.

No segundo trimestre puxéronse en marcha o desenvolvemento dos proxectos educativos, nos que os alumnos se centraron nas temáticas de investigación contextuais sobre a auga, a enerxía, os residuos e a agricultura ecolóxica, tendo en conta as relacións co cambio climático. Os proxectos de investigación analizaron problemas ambientais no contexto próximo ás escolas, identificaron as causas dos impactos, buscaron as súas consecuencias e propuxeron solucións, plasmando todo ese análise nun produto de comunicación escolar. Apoiándose neste produtos os alumnos defenderon os seus proxectos nas conferencias escolares, nas que se de seleccionaron os proxectos finalistas para presentar nas oito escolares. Nestas conferencias escolares seleccionáronse os proxectos finalistas para as conferencias do núcleo transfronteirizo (Valença, Monçao e Galicia) e do núcleo rexional portugués (Aveiro, Barreiro, Nelas, Tondela e Mengualdo).

A conferencia transfronteiriza celebrouse na localidade portuguesa de Monçao o 10 de abril de 2010, un núcleo no que se seleccionaron un delegado de Portugal e os dous de Galicia que formarán parte da delegación de seis representantes que a eurorexión enviará a Bruxelas. Nela participaron 150 alumnos, 50 de Galicia, 50 de Valença e 50 de Monçao e defendéronse os 10 proxectos finalistas seleccionados para presentar neste núcleo: 2 de Monçao, 3 de de Valença e 5 de Galicia. Esta conferencia transfronteiriza representou un fito histórico porque supuxo a primeira vez que estudantes de Galicia e de Portugal se unen para traballar conxuntamente en facer fronte ao deterioro do medio ambiente a ambos dous lados da fronteira.

A conferencia activouse con un simposio docente relativo a Enerxía e Cambio climático con participación de relatores dos dous países. Por Portugal participou no Panel I, titulado “O que é a Eficiência Energética? Energias Renováveis pelo Mundo” que defendeu o profesor Ricardo Azevedo. Este docente fixo referencia ao proxecto que dirixe e que está apoiando o concello de Monçao. Na súa intervención o profesor Azevedo destacou a importancia dos aspectos relativos ao aforro e eficiencia enerxética e a relevancia deste temas na Educación. Galicia participou co Panel II, titulado “Cambia o clima?” que defendeu o profesor Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica. Nesta intervención fixo mención á preocupación que temos na actualidade pola intensidade do quentamento global. Situou este cambio no contexto dos cambios do clima coñecidos na historia da Terra. Explicou tamén os impactos do quentamento global e as posibles solucións dende a mitigación, adaptación, investigación e educación, fundamentando o papel do proxecto Climántica neste ámbito.

Na primeira quenda de presentación de proxectos escolares interviñeron os alumnos de Monçao, defendendo os dous proxectos seleccionados desta cidade “Estudo energético da escola” e “Casa eficiente”. Alexandre Fernandes, coordinador do primeiro proxecto, desenvolto a modo de auditoría escolar, foi o alumno portugués do núcleo deste conferencia seleccionado para formar parte de delegación que se desprazará a Bruxelas.



A segúnda quenda correspondeulle aos alumnos de Galicia. En Monçao presentaron os proxectos finalistas na conferencia escolar Paula Insua de 3º de ESO co tema “A contaminación da auga”, Pablo Romeu de 4º de ESO, “ O mellor marisco do mundo”, Pablo Roo de 3º de ESO “A contaminación da ría de Noia”, Laura Maquieira de 2º de ESO “Unha ría botada a perder” e María Arufe de 3º de ESO “A contaminación dos ríos”. Foron seleccionados para desprazarse a Bruxelas formando parte da delegación de seis alumnos da eurorexión Paula Insua e Pablo Romeu. Os outros tres delegados saíron da Conferencia rexional celebrada en Viseu e na que participaron as localidades de Aveiro, Barreiro, Nelas, Tondela e Mangualde

A última quenda de presentación de proxectos correo a cargo da Escola Secundaria de Valença que presentou os tres proxectos finalistas da súa conferencia escolar titulados “A Reciclagem no concelho de Valença”, “As lixeiras ilegais” e “O uso de pesticidas nas atividades agrícolas”.

Despois de rematar a presentación dos dez proxectos finalistas, procedeuse a unha comida campestre no parque das Caldas. Esa comida foi un momento de convivencia a apertura de lazos escolares. Para facilitar estes lazos, cada alumno levou comida para compartir con alumnos doutras escolas. Unha vez remata a comida no Parque das Caldas, os profesores da Escola profesional EPRAMI de Monçao conduciron aos alumnos camiñando ata a Escola para ensinarlle aos alumnos de Galicia e de Valença o casco histórico da cidade.

Unha intensa tarde de traballo na carta de compromisos no camiño a Bruxelas

De regreso a EPRAMI, cada escola dividiu aos seus 50 delegados en catro grupos A, B, C e D. Os grupos da mesma letra das tres escolas xuntáronse nunha aula, e traballaron conxuntamente en catro aulas buscando compromisos asumidos polas tres escolas.

Unha vez rematado os traballos nas aulas triescolares A, B, C e D, os alumnos desprazáronse de novo ao auditorio José Emilio Moreira, onde se desenvolveran as actividades da mañá. Alí puxeron en común as propostas de compromisos compartidos, elaborados nas catro aulas, para traballar conxuntamente as tres escolas nos próximo curso. Entre eses compromisos destacaron a participación conxunta na limpeza dos ríos Miño e Tambre, nunha reforestación das súas cuncas, campañas escolares para promover o aforro e a eficiencia enerxética, a recollida selectiva de residuos e agricultura ecolóxica. Nesas campañas os alumnos de cada centro asumiron o compromiso de sumar a outros centros da cidade e da bisbarra, para aumentar así o impacto das campañas.

A delegación de seis alumnos (4 portugueses e 2 galegos) traballarán conxuntamente en Bruxelas con alumnos de 17 países europeos. Entre os produtos do traballo colectivo no Comité das Rexións destaca a redacción dunha carta que recolla as responsabilidades compartidas por todos os países implicados, e que será presentada ás autoridades da Unión Europea, como se fixo coa carta elaborada en Brasilia no ano 2010 que presentou en Bruxelas unha alumna galega da delegación de Climántica.

A Conferencia na TV Alto Minho



Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino