CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Convocatoria da selección dos participantes no campus internacional de Aveiro 2020-2021

 

www.congresovirtual.climantica.org


O proxecto Climántica desde o grupo de investigación universitario SEPA- interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en consorcio con Fábrica Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro, convocan, no encadre da sostibilidade de EduCO2cean-Erasmus+, o congreso xuvenil virtual internacional CLMNTK20 Este evento desenvolve o proceso de selección dos participantes dos estudantes que formarán parte do campus de Aveiro e dos seus docentes acompañantes que se integrarán no Seminario Docente sobre este campus.  


Este congreso xuvenil virtual internacionalten dúas grandes finalidades:
1.  Sensibilizar á cidadanía sobre o cambio climático e os retos ambientais, a través da elaboración e publicación no portal do congreso virtual de produtos multimedia sobre os retos ambientais globais contemporáneos: cambio climático, enerxía, auga, cambio global no océano, conservación da biodiversidade xenética, de ecosistemas e do capital biocultural ambiental.

2.  Seleccionar, de acordo coas bases expresadas nesta convocatoria, aos estudantes que participcipen no Cuarto Campus Internacional Climántica en Fábrica, Centro e Ciencia Viva na Universidade de Aveiro (do 2 ao 6 de setembro de 2020).
O portal dende o que se fai a selección  


Tanto a selección de estudantes como a de docentes acompañantes integrantes do Seminario Docente de Investigación Acción do Cuarto Campus Internacional en Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro teñen o seu proceso de selección na convocatoria, e no desenvolvemento Congreso virtual internacional CLMNTK20. Ese proceso desenvólvese na plataforma http://congresovirtual.climantica.org mediante a cal se expoñen, evalúan e seleccionan os traballos de sensibilización ambiental cuxos autores formarán parte do campus internacional que se celebrará en septembro en Aveiro. A participación nesta etapa está aberta a todos os centros educativos, independentemente do sistema educativo.  


A partir dos traballos publicados nesta plataforma, levasé a cabo a selección de estudantes. A publicación dos traballos no portal do Congreso Xuvenil CLMNTK20 en formatos individual ou en equipo de dous membros converte aos seus autores en candidatos para participar no Cuarto Campus Internacional en Fá brica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro.   

Cuarto Campus Internacional Climántica en Fábrica Centro de Ciencia Viva de Aveiro.


Este campus se celebrarase en Aveiro do 2 ao 6 de setembro de 2020 de acordo ao modelo seguido os dous añvos anteriores. Este campus consitirá nun evento no que os alumnos traballan en equipos internacionais para producir curtametraxes e unha obra de teatro musical. Dende este enlace pódense ver as catro curtametrexes e o  vídeo do musical creados no campus de Aveiro do 2019.  


Os alumnos que elixen producir as curtametraxes agrúpanse en equipos de 10 no que cada un ten un rol dunha produtora que selecciona antes de incorporarse ao campus. Na formación dos grupos buscarase que estes queden equilibrados en canto a xénero, a procedencias territoriais e a talentos polos que destacaron nos produtos que publicaron na plataforma do congreso virtual CLMNTK a través do cal se desenvolve o proceso de selección.  


Os que traballan no musical son  aqueles seleccionados que elixan formar parte do grupo de teatro ou da banda de música. Este proxecto require así de dous grupos de traballo que terán momentos de coordinación: Grupo de teatro e Bandade Música. Neste artigo descríbese a metodoloxía de traballo nos campus. 

 


Cada estudante ademais de elixir un grupo de traballo para proxectos (curtametraxe, teatro ou banda), elixe tamén un taller para fortalecer competencias que se requiren para o desenvolvemento dos proxectos (foto, edición de vídeo, danza, canto, improvisión musical ou teatral, artes plástica, luz e hologramas para escenografía, gifs animados e deseño gráfico, robótica, impresión 3D, prácticas de ciencia…).
 

Os docentes acompañantes pasarán a formar parte do seminario docente de investigación - acción sobre o campus acreditado polas organizacións universitarias colaboradoras.  


Para os profesores que traballan en centros españoles sostidos con fondos públicos está aprobada a homologación que desde o 2015 vén concedendo o Ministerio de Educacióna través do seu convenio coa AEPECT e que se desenvolverá segundo o programa expresado na penúltima páxina do PDF da convocatoria. 


  Convocatoria, bases para la selección a selección e para a participación.  


Este PDF contén a descripción do campus, a convocatoria, as bases para a selección, as orientacións para subir os traballos á plataforma e os programas do campus o do seminario docente.    

 
Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino