CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Convocatoria do Congreso Xuvenil Virtual Internacional CLMNTK19

 

O proxecto Climántica desde os seus ámbitos escolar e universitario: IES Virxe do Mar como centro coordinador da rede escolar do proxecto e o grupo de investigación universitario SEPA- Interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en consorcio co Colexio Madrid de Cidade de México A. C. e con Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro; contando co apoio institucional da Consellería de Educación para México, América Central e Caribe, convocan o congreso xuvenil virtual internacional CLMNTK19. Este congreso virtual internacional ten dúas grandes finalidades:    

  1. Sensibilizar á poboación, a través da elaboración e publicación no portal do congreso virtual, produtos multimedia sobre os retos ambientais globais contemporáneos: cambio climático, enerxía, auga, cambio global no océano, conservación da biodiversidade xenética, ecosistemas tropicais e capital biocultural.    

  2. Seleccionar, de acordo coas bases expresadas nesta convocatoria, aos estudantes que participarán nos campus xuvenís internacionais Climántica Iberoamérica 2019 en San José de Costa Rica (do 8 ao 12 de abril) e Climántica en Fábrica, Centro e Ciencia Viva na Universidade de Aveiro (do 4 ao 8 de setembro). Así mesmo, aos docentes que orientarán os produtos elaborados polos estudantes, para formar parte do seminario docente de investigación-acción sobre o campus acreditado polas organizacións universitarias colaboradoras. Para os profesores que traballan en centros españois sostidos por fondos públicos tramitouse a homologación de 48 horas que desde o 2015 vén concedendo o Ministerio de Educación do Goberno de España.

PDF da convocatoria

A selección para os campus de Costa Rica (abril de 2019) e de Aveiro (setembro de 2019) faise a través do congreso virtual internacional CLMNTK19. O medio de selección é á plataforma mediante a cal se expoñen, avalían e seleccionan os traballos de sensibilización ambiental. A participación nesta etapa está aberta a todos os centros educativos, sempre se cumplan as bases establecidas no procedemento de participación.

Foto 1. Costa Rica

A partir desta plataforma, levará a cabo a selección de estudantes que poderán participar nos dous campus internacionais. Por tanto, a plataforma permitirá seleccionar aos alumnos de América Latina que asistirán ao Primeiro Campus Climántica Iberoamérica (do 8 ao 12 de abril de 2019) e aos participantes de todos os países de Europa e América Latina que asistirán ao Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro (do 4 ao 8 de setembro de 2019).

Foto Aveiro 1

Á súa vez faranse tres avaliacións, dúas delas para o Campus de Costa Rica, e o terceiro para o Campus de Portugal. En todos eles tomaranse en consideración todos os traballos publicados desde a posta en marcha da plataforma. Os tres momentos de avaliación (os dous primeiros para Costa Rica e o terceiro para Aveiro) son:    

  1. Primeira avaliación (Costa Rica) desenvolverase entre o 15 e o 20 de febreiro, e permitirá seleccionar aos 20 representantes dos países de América Latina dos países que inician o curso en setembro.

    Foto 2. Costa Rica    
  2. A segunda avaliación (Costa Rica), que se realizará do 28 de febreiro ao 3 de marzo, permitirá seleccionar aos 20 alumnos que representen aos países de América Latina que empezan o curso en febreiro, e que necesitan aloxamento. Tamén permitirá seleccionar aos 40 alumnos locais que poidan desprazarse diariamente desde San José de Costa Rica e que, por tanto non necesitan aloxamento.

    Foto Aveiro 2    
  3. A terceira avaliación (Aveiro), que se realizará entre o 31 de maio e o 6 de xuño, permitirá seleccionar aos 60 alumnos dos países de Europa e de América Latina que asistirán ao Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica, Centro de Ciencia Viva.

Campus de Costa rica

Foto 3. Costa Rica

Primeiro Campus internacional Climántica Iberoamérica e post-campus internacional: levarán a cabo en San José, Costa Rica, do 8 ao 12 de abril de 2019, fase campus aberto a todos os países iberoamerianos. Durante os 5 días que durará o campus, traballarase en grupos de traballo vinculados a dous tipos de proxectos, un musical e curtametraxes, que serán produtos para a sensibilización e difusión a través de internet. No postcampus, debido ao cambio de sede, que terá lugar unha vez finalizado o campus, terán prioridade, de darse limitacións de espazo, os alumnos dos tres países organizadores: México, España e Portugal. Este postcampus (opcional), centrarase no coñecemento da contorna, celebrarase entre o 13 e o 18 de abril de 2019. Os dous eventos (campus e postcampus) contarán coa participación dos alumnos e docentes seleccionados no campus virtual.

Campus de Aveiro

Foto 3. Aveiro

Terceiro Campus internacional Climántica en Fábrica Centro de Ciencia Viva de Aveiro. Este campus celebrarase en Aveiro do 4 ao 8 de setembro de acordo ao modelo seguido os dous anos anteriores. Está en estudo a posibilidade de organizar un postcampus en Galicia como xa se fixo na edición do 2017. Os obxectivos, contidos e metodoloxía son os mesmos que os do Primeiro Campus Climantica Iberoamérica.

Participantes

Poderán participar estudantes inscritos a calquera centro educativo cuxo grao escolar corresponda a unha idade entre os 11 e 18 anos (6º a 12º).

Os estudantes que elaboren os traballos deberán ser asesorados por un profesor pertencente á súa institución educativa.

Foto 4 Aveiro

Bases xerais de participación

Os traballos, para ser obxecto de selección para os campus, deberán ser de autoría individual ou coautoría en parellas.

Os traballos editaranse polo alumno, docente coordinador ou centro educativo no portal http://congresovirtual.climantica.org segundo as indicacións expresadas no apartado Frmato e tutoriales. Deben levar un título e unha sinopse, non superando o texto resultante os 300 caracteres con espazos. Debe figurar ademais o nome do centro educativo, a súa localidade co país entre paréntese e os niveis que cursan os autores. Se fosen dous autores de cursos diferentes, poñeríanse os dous, seguindo a orde no que asinan os autores. O mesmo farase cos nomes dos centros educativos, se fosen de centros educativos diferentes. Nese caso cada alumno debe haber un docente orientador en cada centro educativo.

Os estudantes que elaboren os traballos deberán ser asesorados por un profesor pertencente á súa institución educativa. O que non teña un docente orientador con custodia oficial idenficado perderá o dereito a participar no campus, de resultar seleccionado.

Os asesores dos traballos mellor valorados deberán enviar un correo a climantica@climantica.org, con copia ao correo corporativo dos seus centros educativos. As datas límites para enviar estes correos son, respectivamente:    

  1. Venres 15 de febreiro do 2019 para os países latinoamericanos que empezan curso en setembro e que están interesados en participar no Campus de Costa Rica interesados en participar no Campus de Costa Rica.
  2.     
  3. Domingo 28 de febreiro de 2019 para os países de América Latina que inician curso en febreiro e que están interesados en participar no Campus de Costa Rica.
  4.     
  5. Venres 31 de maio de 2019, para os países de Europa e América Latina interesados en participar no Campus de Aveiro (Portugal).

Estes correos conterán a seguinte información:    

  • Nome completo do docente.    
  • Especialidade e niveis nos que exerce.    
  • Título, url do traballo publicado na plataforma, nome e apelidos dos seus alumnos.    
  • Datos do centro educativo ao que pertencen (nome, dirección postal, dirección de correo electrónico e teléfono con prefixo do país).    
  • Expresión do compromiso de acompañar e custodiar aos seus estudantes e de incorporarse ao seminario docente de investigación acción sobre o campus.

    Foto 5 Aveiro

Os traballos deberán presentarse nalguna das siguientes categorías:

a. Artes visuais, dramáticas e narrativas
i. Debuxo
ii. Pintura (técnica libre)
iii. Póster ou cartel
iv. Fotografía
v. Cómic vi. Infografía
vii. Obra de teatro (presentar en vídeo)
viii. Relato
ix. Poesía
x. Minificción
xi. Conto
xii. Ensaio
b. Cinema e multimedia
i. Curtametraxe
ii. Documental
iii. Cineminuto
iv. Videoclip
v. Animación (dixital, stopmotion e outras) vi. Reportaxe vii. Presentación (plataformas como Power Point, Prezi, etc.)
viii. Vídeo musical
c. Materiais e tecnoloxía transferibles a produtos visuais web:
i. Modelos
ii. Esculturas fixas e dinámicas
iii. Robótica/mecánica

Foto Aveiro 6

Os traballos deberán elaborarse a partir de, polo menos, un dos seguintes temas:    

  1. Cambio climático    
  2. Cambio global no océano    
  3. Contaminación    
  4. Conservación da biodiversidade xenética    
  5. Ecosistemas tropicais e de latitudes medias medias en Europa e América    
  6. Capital biocultural    
  7. Recursos naturais    
  8. Enerxía    
  9. Auga

Para que os traballos sexan considerados candidatos a ser seleccionados para o Primeiro Campus Climántica Iberoamérica, deberán ser integrados á páxina web do congreso: http://congresovirtual.climantica.org, polos docentes, alumnos ou centros participantes antes das 23:59 horas, dos días, respectivamente:

        
  1. 15 de febreiro para os países latinoamericanos con inicio de curso en setembro, que teñen interese en participar no Campus de Costa Rica,
  2.     
  3. 28 de febreiro de 2019 para os países latinoamericanos con inicio de curso en febreiro que teñen interese no Campus de Costa Rica e
  4.     
  5. 31 de maio para os países de Europa e América Latina que teñen interese en participar no Campus de Aveiro.

En caso de dúbida, poñerse en contacto co comité organizador enviando un correo a climantica@climantica.org.

A valoración final e a selección non aseguran a participación no Campus Internacional; unicamente outorga o dereito aos solicitantes de participar neste.

O congreso virtual funcionará como plataforma de selección para a participación de alumnos no Primeiro Campus Climántica Iberoamérica, así como no Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro. A valoración final dos traballos presentados componse da cualificación dun xurado internacional, a cal ten un valor do 75% da puntuación final, e das valoracións dos usuarios de Facebook, que ponderarán o 25% restante da puntuación final. O xurado internacional componse por expertos de Educación Ambiental, profesores, investigadores e divulgadores científicos.

Queda aberta a presente convocatoria a partir da súa publicación ata o 31 de maio para seleccionar os asistentes ao Campus de Aveiro, coas dúas valoracións, a de febreiro e a de marzo, para seleccionar aos alumnos latinoamericanos que representen no Campus de Costa Rica, respectivamente, aos países de América Latina que inicia curso en setembro e aos que inician curso en febreiro. A cota de alumnos europeos cubriuse polo proceso de selección CLMNTK18, debido á dificultade de organizar un viaxe criterios de selección e valoración do xurado.

Para a selección dos traballos darase prioridade á máxima representación territorial e de comunidades educativas participantes. Por iso non se outorgará un segundo lugar a unha mesma comunidade territorial se noutra existen traballos que cumpren os requisitos mínimos.

Foto 7 Aveiro

Os criterios de valoración que aplicará o xurado e que se recomendan para os usuarios que votan a través de Facebook son:    

  • Cumprimento das bases da convocatoria.    
  • Orixinalidade da proposta.    
  • Creatividade no seu desenvolvemento.    
  • Contar con información válida e confiable e calidade na elaboración.    
  • Capacidade de sensibilización en función do produto presentado e respecto ao tema elixido.    
  • Grao de madurez, en relación coa idade, na elaboración técnica.    
  • Capacidade de relación entre coñecementos diferentes e comprensión dos mesmos.    
  • Eficacia do produto multimedia na difusión e sensibilización a través do portal do congreso virtual.
Foto 8 Aveiro

Especificacións dos traballos participantes

Formatos de vídeo:    avi, 3gp, mov, mp4, mpeg, flv, mkv

Formatos de imaxe:    jpg, jpeg, bmp, tiff, png

Formatos de documento:    pdf, Powerpoint (ppt, pps, pot, pptx, ppsx, potx), Word (doc, docx), OpenOffice (odp, odt, ods)

Tutoriais de participación

Participar cun traballo en formato vídeo - (Axuda pdf - vídeo)

Participar cun traballo en formato imaxe - (Axuda pdf - vídeo)

Participar cun traballo en formato documento - (Axuda pdf - vídeo)


Para aclarar dúbidas enviar un correo electrónico a climantica@climantica.org


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino