CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

En abril foi Costa Rica, en setembro será Aveiro

 

Os oitenta e cinco alumnos de cinco países integrantes do Primeiro Campus Climántica Iberoamérica, patrocinado pola UNESCO, produciron en Costa Rica comunicación artística audiovisual e de teatro musical con contido científico e social para que a sociedade iberoamericana tome conciencia da urxencia de reducir emisións de gases de efecto invernadoiro mediante unha transición enerxética que posibilite a mitigación e a adaptación ao cambio climático.

O portal que permitiu a selección dos alumnos latinoamericanos, CLMNTK19-UNESCO segue aberto ata o 31 de maio de 2019 co fin de seleccionar aos alumnos de todo o mundo que participarán no Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro. Ese campus que se celebrará en setembro nesta cidade portuguesa do 4 ao 8 de 2019, dará continuidade á Segunda edición do Campus Internacional Climántica en Fábrica Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro que se celebrou tamén nesta cidade portuguesa do 4 ao 8 de setembro de 2018.

Ver reportaje del campus de 2018 que servirá de modelo para el campus que se celebrará en Aveiro del 4 al 8 de de septiembre de 2019

Os alumnos das tres rexións do continente americano, Norte, América Central e Sur, xunto cos galegos representantes iberoamericanos de Europa, elaboraron produtos de elevada calidade e impacto para informar e sensibilizar á poboación de que a loita contra o cambio climático é o maior desafío do noso tempo.


Os produtos quedan publicados a través desta reseña en http://www.climantica.org e en https://www.facebook.com/climanticaoficial/. Con eles sensibilízase de forma eficaz á poboación mostrando como o quecemento global afecta á poboación humana e á natureza, cada vez con maior agresividade.

Os alumnos alí integraron e lograron comunicar como o aumento das temperaturas altera o desenvolvemento normal das estacións e provoca eventos naturais extremos como ondas de calor, secas, inundacións e furacáns, incidindo directamente na morte de miles de persoas, a desaparición de especies e as deforestación de bosques, poñendo en grave perigo o equilibrio natural do noso planeta. Os produtos mais media de difusión web que lograron crear foron tres curtametraxes e unha obra de teatro musical. Cada un das curtametraxes centrouse en tres Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable da UNESCO (o nº 7: Enerxía asequible e non contaminante, nº 10: Reducción das desigualdades e o 12: Producción y consumo responsable), e o musical integrou de forma transversal os 16 Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable da UNESCO, organización cuxa Sede central de Paris outorgou a esta iniciativa o seu máximo patrocinio institucional.

https://www.facebook.com/watch/?v=1402442883227561


A inauguración estivo presidida polos responsables das tres organizacións coorganizadoras: Climántica, Misión 2 graos de Costa Rica e Colexio Madrid de Cidade de México e por Juan Criado, responsable do Programa de Ciencias Naturais. Oficina Multipaís UNESCO San José. Representación para Costa Rica, O Salvador, Honduras, Nicargua e Panamá, quen presentou os obxectivos da Organización internacional patrocinadora e as súas implicacións en iniciativas como esta a a que acababan de outorgar o seu máximo patrocinio. Nesa mesa tamén participarondiferentes autoridades, entre as que participou o Cónsul e Conselleiro de Cultura de España.


A conferencia inaugural foi impartida por Francisco Sóñora, director e creador do proxecto Climántica, que titulou “Dez conceptos crave para entender o cambio climático”. O seu contido foi seleccionado para dar os elementos conceptuais claves para entender as causas e consecuencias do cambio climático. A continuación, o coordinador dos grupos de produción audiovisual, Aitor Alonso, abordou fórmulas eficaces para impactar na poboación mediante a comunicación audiovisual. Con esas dúas actividades, que ocuparon, xunto coa inauguración, a mañá do 6 de abril, pecháronse as actividades plenarios comúns ao Primeiro Campus Climántica Iberoamérica e ao seu seminario docente de Investigación acción.


Xa pola tarde os alumnos iniciaron os seus traballos en cinco grupos de traballo. Tres destes grupos de traballo estiveron organizados a modo de produtoras de cinema, con 14 membros das tres rexións americanas e da representación iberoamericana de Galicia. Cada un dos membros estaba seleccionado polas súas habilidades, talentos e vocacións nun dos seus roles.


Os produtos que elaboraron os cinco grupos de traballo recolleron os 17 Obxectivos do desenvolvemento Sostible da UNESCO. Antes de iniciar as tarefas, os alumnos estudaron eses obxectivos, establecendo una actividad colaborativa a modo de aplicanza do Obxectivo 17: Alianzas para acadar os obxectivos.


Un dos grupos que abordaron proxectos audiovisuais creou o vídeo  titulado “Reunión de enerxía polo cambio climático”, que coordinou o responsable de coordinación de monitores, Antonio García Vinuesa. O seu argumento no Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable da Unesco nº 7, Enerxía alcanzable e non contaminante:



Con esta curtametraxe os 14 autores comunicaron ese obxectivo a través da ficción dunha reunión internacional entre os representantes de produtoras enerxéticas e de colectivos cidadáns para buscar unha solución ao cambio climático, con base ao sétimo Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable ODS da UNESCO, expón a complexidade de intereses en xogo e conclúe nunha viaxe ás realidades silenciadas dalgunhas consecuencias da produción de enerxía. Con iso querían comunicar que o cambio está no noso cambio.


O grupo de traballo de curtametraxes nº 2, dirixido polo coordinador dos proxectos audiovisuais e de talleres, Aitor Alonso, desenvolveu o vídeo titulado “Formigas”, que abordou o ODS nº 10 da UNESCO: Reducción das desigualdades.



Aborda o problema dos refuxiados climáticos. Partiron da imaxe dun formigueiro do que saían termitas en fila, e da que algunhas se apartaban da fila, sendo seguidas por outras. Elixiron esa analoxía para comunicar que somos como formigas e seguimos o camiño que a sociedade nos marca, sen pensar nas consecuencias, pero cando unha formiga desvíase do camiño e non é esmagada, pode marcar un cambio. Con iso querían comunicar que as persoas temos que falar de cambio climático, porque cando se fala do reto, podemos unirnos para resolver problemas complexos, como é o caso dos refuxiados climáticos.


O grupo de traballo de cormotrajes nº 3, coordinado pola responsable de Artes plásticas do campus Noa Rodríguez desenvolvey a curtametraxe “Blood Nature”.


Con esta curtametraxe pretenden concienciar ao consumidor sobre os custos ocultos asociados á industria téxtil, como a produción, o transporte ou a xestión dos refugallos, en especial no referido ao ODS número 12: Produción e consumo responsable, abordando o consumo excesivo de auga na industria e téxtil e de todos aqueles consumos que non quedan reflectidos no valor que atribuímos ás pezas. Con esa curtametraxe preténdese concienciar ao consumidor sobre os custos ocultos asociados á industria téxtil, como a produción, o transporte ou a xestión dos refugallos, que non quedan reflectidos no valor que atribuímos ás pezas.


Os outros dous grupos de traballo centráronse no desenvolvemento dunha obra de teatro musical. Estes son os grupos de banda musical e o grupo de teatro. A obra que desenvolveron foi Traxedia, versión da obra creada polo profesor Carlos Maquieira e a actriz Irene Maquieira.


Co título de Traxedia, esta obra de teatro musical abordou, desde o xénero clásico da traxedia grega, o problema da subida do nivel do mar e as súas implicacións sobre refuxiados climáticos, vistos desde diferentes continentes e territorios.


O grupo de teatro foi dirixido por Úrsula Martínez e contou coa colaboración con Francisco Crujeiras. Os dous fixeron adaptacións na obra orixinal para adaptala ao ámbito iberoamericano. Nesas adaptacións tívose moi presente as diferentes variantes do español das diferentes das nacionalidades dos actores.


O grupo de traballo banda musical, dirixido por Julieta Dix, púsolle música ao teatro. Incorporaron na obra de teatro as cancións que completaban e potenciaban as mensaxes dos diálogos dos actores. Na banda integraronse alumnos de diferentes países que tocaban diferentes instrumentos de vento (clarinete, frauta travesera, e saxofones), corda (guitarras, baixo e chelo) teclado e batería.


Dentro das interpretacións musicais destacou, polo impacto no público, a interpretacion vocalista do alumno mexicano Diego Freeman, sobre todo na interpretación do himno de Climántica, cuxo ensaio no día anterior pódese visualizar desde este vídeo:



No programa do campus desenvolvéronse talleres relativos ás diferentes competencias que requirirían o desenvolvemento do musical e dos tres curtametraxes. Dous destes talleres estaban destinados a fortalecer o musical. Estes foron o de Danza e do Artes plásticas para xerar a esconografía de proxección.


O musical pechou o acto final do campus, mostrando así un producto complexo que recolle o traballo colaborativo coordinado entre os grupos de traballo de teatro, de banda musical e dos talleres de danza e de artes plásticas, todo elo desenvolto por alumnos de diferentes países que se coñeceron alí.



En paralelo ao desenvolvemento do campus, tivo lugar e un seminario docente no que participaron relatores de Climántica, Colexio Madrid, Colexio Reina do Mundo, Misión 2 graos, Universidade Nacional de Costa Rica, Parque a Liberdade, Universidade Nacional Autónoma de México, Universidade de Santiago de Compostela e da Subdirectora de Difusión, INECC de México.


Neste seminario docente participaron docentes que analizaron novas formas de aprender e ensinar sobre o cambio climático a partir da experiencia do campus.

Programa para descargar

A vida diaria no campus, ademais do campus combinou un plan intenso de actividades, tanto a nivel de proxectos como a nivel de talleres, con diversas actividades lúdicas e de convivencia, tal e como se visualiza neste vídeo resumen do primeiro día do campus:


As actividades lúdicas do campus foron de diversa natureza. Entre elas destacaron as que consistiron en intercambiar elementos da cultura entre as nacionalidades participantes. Nese sentido desenvolveuse un festival das nacionalidades nas que se degustou comida de diferentes países.


Cada día da semana desenvolveuse unha festa dedicada a cada un dos países, na que se bailarón cancións de cada unha dos países, entre as que destacou a festa de México.


Durante o campus, todas as noites, despois de cear, os alumnos tiveron ocasión de asistir a unha sesión de baile discoteca na que tiveron ocasión de divertirse e coñecerse desde un punto de vista máis lúdico e distendido.


O día anterior ao comezo do campus desenvolveuse un itinerario por San José no que se visitaron as principais prazas e monumentos da cidade, analizando a súa historia e patrimonio cultural.


O albergue no que se desenvolveu o campus atopábase nunha ampla zona verde, cunha extensa superficie verde amurallada.


No recinto do albergue había unha extensa selva húmida cun río e unha fervenza incorporados que tamén ofreceu unha importante oportunidade para a convivencia.


O campus vinalizó o venres 12 de marzo pola tarde mediante un acto no que se presentaron os produtos e que foi introducido polo Grupo de circo de Parque A Liberdade. Todo o seu desenvolvemento retransmitiuse por streaming:

https://www.facebook.com/climanticaoficial/videos/611864235948232/

O acto de clausura inaugurouse cun número da Escola que Parque a Liberdade alberga en colaboración con Circo do Sol.


A continuación procedeuse á presentación das tres curtametraxes e a representación do musical. Por último procedeuse á clausúra oficial presidida pola Viceministra da Mocidade de Costa Rica.


Un postcampus para coñecer os ecosistemas de Costa Rica

Unha vez finalizado o campus coa presentación de produtos (do 6 ao 12 de abril), iniciouse un postcampus para coñecer os ecosistemas dos parques nacionais de Costa Rica.


Iniciouse o postcampus o sábado 13 visitando o Parque Nacional do volcán Poás que estivo en activo por última vez no 2017. Alí analizouse o bosque mesófilo tropical de montaña, e as súas similitudes coa laurisilva de Canarias.


Pola tarde visitaron unha industria tradicional que funciona con enerxía hidráulica no que se fan as carrozas de cores patrimonio cultural de UNESCO.


O día 14 o grupo desprazouse ao novo albergue no Parque Nacional Illa Damas. Alí o grupo situose nun albergue en pleno corazón do parque nacional, no que podía comer froita natural como mangos das árbores que formaban parte da vexetación natural que rodeaba ao albergue.


Para chegar ao albergue había que navegar por un manglar, ao que se chegaba a través dunha canle rodeada de vexetación propia dese ecosistema.



Todos os días tívose ocasión de convivir e de realizar múltiples xogos na piscina de dimensións olímpicas que ten o albergue.


O grupo tamén aproveitou para gozar de diversos amenceres e atardeceres na praia, no que se realizaron paseos nocturnos para ver estrelas e buscar cangrexos.


O día 15 dedicouse a analizar o manglar de Illa Damas, e a súa evolución a partir de eventos extremos recentes.


Na visita ao manglar visualizouse fauna moi e flora moi diversa. Entre ela destacou a invasión dos barcos por parte de monos capuchinos.


O día 16 os alumnos saíron do Parque Nacional con coches todo terreo dos nativos para visitar o Parque Nacional Baía Balea.


Unha vez no Parque Nacional Baía Balea, os alumnos embarcáronse para visualizar cetáceos e para mergullar e ver os ecosistemas do fondo mariño.


Durante o buceo analizaron os fondos mariños para analizar ecosistemas vinculados á pradeiras de algas calcáreas.


Tamén se aproveitou para analizar diversas formacións xeolóxicas resultado da erosión mariña ao longo dos anos nesa baía.


O día 17 visitaron o Parque Nacional Manuel Antonio, no que visualizaron, mediante telescopios, diferentes especies.


Finalizaron o día cun baño nas praias paradisíacas caracterizan a este parque nacional, o máis visitado do país.


O día 18 pola mañá, os alumnos despois de almorzar fóronse á praia onde escribiron mensaxes de despedida de cada grupo.

Os dous últimos países que pecharon a convivencia foron México e España, que pola súa ampliación de convivencia tiveron unha despedida máis emotiva.


Xa subindo a marea, o grupo abandonou o Parque Nacional atravesando o manglar en barca e unha pasarela pola que saíron do manglar e iniciaron o regreso a San José.


O último día do grupo galego en Costa Rica foi o 19 de marzo. Finalizou as actividades visitando zoave, un centro de recuperación de animais .Nese lugar visualizaron especies que tiñan diferentes lesións, algunhas das cales lles impedía vivir en liberdade, como é o caso da falta de pico en tucanes, ou ben lesións en ás en diferentes aves.


A última actividade en Costa Rica consistiu no descenso na tirolesa de Zoave.Despois de comer nese parque zoológico, o grupo galego foise ao aeroporto, sendo a última delegación que abandonou San José no voo de Iberia das 16:40 do 19 de abril de 2018.


Despois de Costa Rica, vén Aveiro

A fase europea está en pleno proceso de selección, cuxos candidatos deben ter subidos os seus produtos individuais ou de grupos de dous ao portal do Congreso virtual internacional CLMNTK19.


Os seleccionados darán continuidade do 4 ao 8 de setembro de 2019 que dará continuidade á Segunda edición do Campus Internacional de Climántica en Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro que se celebrou do 4 ao 8 de setembro de 2018, que se describe nesta reportaxe

http://www.climantica.org/climanticaFront/es/entry/201810061


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino