CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Síguenos mañá por Facebook na presentación de produtos do Campus Anual Internacional en Aveiro

 
Esta semana estase desenvolvendo no centro de investigación, innovación e divulgación científica Fábrica Centro de Ciencia Viva, a doceava edición dos seus campus internacionais, que supón xa a súa sétima edición internacional. Este evento supón a consolidación neste centro de divulgación científica da nova etapa dos campus climántica que se centran na aplicación de todos os medios que utiliza este centro moderno para a divulgación científica: luz láser, holografía, proxección 3D, robótica, etc. Os produtos deste campus retransmitiranse por streaming a través do Facebook oficial de Climántica.



Desde o martes día 4 de setembro atópanse en Aveiro 72 estudantes procedentes da práctica totalidade das autonomías españolas, de varias rexións de Portugal e de México, acompañados duns 38 educadores que están a desenvolver innovacións sobre as que realizan diferentes investigacións para atopar, consolidar e dar a coñecer novas forma de ensinar e aprender sobre o reto do cambio climático.

Os alumnos participantes foron seleccionados entre 470 alumnos que presentaron a súa candidatura mediante a publicación dun produto multimedia para difundir a través dun portal no que se desenvolveu un congreso xuvenil internacional. Para a selección formouse un xurado formado polos responsables dos centros de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana e de Euskadi, pola directora do programa A Ciencia na túa Escola da Academia Mexicana de Ciencias e pola orientadora do IES Terra de Xallas de Santa Comba, centro non implicado no proxecto. Seleccionáronse as mellores propostas por cada un dos territorios. Os traballos publicados seleccionables tiñan que ser dun único autor e de parellas de autores. Por cada traballo premiado asignouse unha praza no seminario docente de investigación para o docente orientador.


Este campus e o seu seminario de investigación docente teñen dúas grandes finalidades. A principal é desenvolver en equipos heteroxéneos en canto a idade, competencias, vocacións, talentos e diversidade xeográfica e temática. A segunda, consiste en articular e fortalecer redes escolares internacionais que posibiliten intercambios de experiencias relacionadas coas diferentes realidades sociais, culturais e económicas.

A finalidade dos produtos creados durante esta semana en Fábrica é estimular na poboación respostas ao cambio climático. Estes produtos son de dúas modalidades: un musical e catro curtametraxes.


Portugal seleccionou aos alumnos participantes a través dun concurso convocado por un consorcio integrado por Fábrica, Climántica e The Climate Reality Proyect. O concurso de selección específico para Portugal, país anfitrión, baseouse en cuestionario sobre transición energética.

No acto de clausura do campus, que se retransmitirá integramente por streaming a través do Facebook oficial de Climántica oficial de Climántica, representarase o musical Boys desenvolvido na súa totalidade no campus cos alumnos seleccionados que se mostraron interesados en realizar interpretacións teatrais, musicais, de danza e desenvolvementos de escenarios de proxección a través das súas obras de artes. Este musical que se desenvolve nunha aula, vai desenvolvendo emocións, sentimentos e sensibilidades que estimulan a predisposición persoal para responder o cambio climático. Nese acto tamén se entregarán os diplomas.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino