CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Inicio de Climántica One Health

 

Ante a situación da pandemia COVID-19 o proxecto Climántica iniciou unha serie de iniciativas para trasladar as súas accións de estímulo da creatividade dificultadas polas necesidades de distanciamento social ao ámbito da competencia dixital. A primeira destas iniciativas tivo lugar o 26 de xuño de 2020 coa participación de estudantes dos concellos de Noia e Outes que se uniron no ponte fronteira entre os seus dous territorios municipais Ponte Nafonso para elaborar un vídeo coa lectura colectiva do manifesto Hoxe desconfinamos a Acción polo Clima, unha iniciativa que coordinou a alumna da dobre titulación de Filoloxía e Xornalismo Noemí Castillo, quen forma parte do equipo xuvenil de Climántica e que integra o proxecto desde que era estudante de secundaria. 

Esta primeira experiencia tivo continuidade noutras paraxes naturais ou de interese ecolóxico urbano a escala internacional e nacional dos seleccionados no concurso CLMNTK20 para participar no campus internacional de Aveiro que está posposto ata que as circunstancias da pandemia permitan a súa selección. Sobre a base das imaxes da lectura do vídeo galego incorporáronse fragmentos de lecturas noutros territorios: Lisbo, Lima, México, Alacante, Ávila e Gran Canaria resultando este produto:


Coinicidiendo co inicio de curso os estudantes seleccionados para participar no campus de Aveiro están a iniciar os seus proxectos que concluirán no campus internacional de Aveiro no momento no que poidan atoparse alí. Por iso neste momento están a organizarse os grupos de traballo que traballarán nos argumentos e guións dos vídeos e musical que iniciarán de forma telemática e que concluirán en Aveiro. O seu obxectivo motivar e concienciar á cidadanía na loita contra o cambio climático desde o enfoque da OMS One Health que vincula o medio ambiente e a saúde, que neste caso concretarase nas relacións entre o cambio climántico e pandemias como a COVID-19.



Para o desenvolvemento deste traballo telemático Climántica estableceu unha colaboración co Centro Galego de Supercomputanción (CESGA) que puxo ao dispor desta iniciativa telemática previa ao campus unha plataforma Webinar que permite a conexión de calidade simltánea con 100 salas de aula. Esta plataforma púxose en marcha o 5 de outubro de 2020 coa Webinar titulada “Unha saúde única para a humanidade” e que expuxo Julieta Dix, quen se vai a encargar de coordinar este ámbito na fase telemática primeiro e posteriormente na presencial do campus. Desde esta ligazón pódese visualizala Webinar.

Este primeiro relatorio do ciclo Webinar precampus partiu da tese do importante que é para nós coidar a nosa saúde e tamén protexer a dos nosos, e o importante papel que a natureza xoga nesa protección. Sobre este enfoque levou aos asistentes para reflexionar sobre preguntas como:
• Dámonos conta de que constantemente esquecemos e mesmo maltratamos a natureza que nos permite estar vivos?

• Valoramos a forma co que a naturalez ampáranos en todo momento e o difícil que llo estamos poñendo?
Na súa exposición reflexionou sobre a repercusión que pode ter sobre a expansión de pandemias como a COVID-19, a perda de biodiversidade, tal e como se pode visualizar no vídeo da webinar e na súa presentación que se pode descargar desde aquí.  A seguinte webinar será o día 2 de novembro ás 16:20 hora española. Esta leva por título “O papel d@s nov@s activistas e as súas ferramentas para a divulgación do cambio climático” e desenvolveráa a nova mentora de Climántica Marguerita Delgado.



No seu desenvolvemento expoñerá como o activismo sempre foi fundamental para lograr alcanzar cambios na sociedade e é moi importante que os mozos estean familiarizados co seu significado. Abordará este enfoque desde a súa visión persoal pero tamén desde a doutras activistas como Fridays For Future e Extinction Rebellion. Ademais, explicará ferramentas que considera fundamentais para unha boa divulgación de contido como recomendación aos estudantes que participarán no campus, para que as poidan ter en conta á hora de realizar os seus proxectos que van iniciar agora de forma telemática e que finalizarán no campus internacional recollendo as imaxes de contextos de Aveiro.  Todos os centros educativos que queiran solicitar acceso a unha ou varias salas de aula poden realizar a solicitude desde esta ligazón.  


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino