Con este proceso selectivo seleccionaranse aos alumnos que participen no campus internacional que se celebrará no centro de divulgación científica Fábrica de Ciencia Viva e da Universidade de Aveiro (Portugal). Os centros que participan neste campus terán prioridade para enviar representantes ao campus da biodiversidade para América Latina e Europa que está previsto que se celebre en Costa Rica na Semana Santa de 2019.
Descargar folleto del campus CLMNTK18
Descargar folleto do Seminario docente 2018
Descarga do cartaz
Este campus adaptará ao medio costeiro o modelo do desenvolvido o curso pasado no marco da alianza estratéxica para a innovación EDUCO2cean-Erasmus+, aprobado e financiado pola UE, dando así sustentabilidade a esa iniciativa. Como aquel, este tamén buscará xerar dous tipos de produtos elaborados mediante traballo colaborativo:
- Curtametraxes que integren as imaxes que expresen o coñecemento adquirido no campus, comparándoas e aumentándoas, con realidade aumentada, coas que traen os estudantes dos seus lugares de orixe, utilizando a robótica, a luz láser, a holografía e a realidade aumentada para presentar escenarios que comuniquen un futuro máis sustentable e con respostas ao cambio climático.
- Un musical de sensibilización sobre o cambio climático e o cambio global no océano, que integre o teatro, a música, a danza, o canto e as artes plásticas proxectadas mediante holografía e a luz láser como escenografía de proxección. Esta proposta ambiciona evolucionar as propostas creadas no campus de 2018.
Os alumnos seleccionaranse pola calidade dos seus produtos de sensibilización sobre o cambio climático, o cambio global dos océanos e demais retos ambientais globais publicados na plataforma do congreso virtual internacional CLMNTK18 de acordo coas bases publicadas na apartados Convocatoria e Criterios de selección para campus. A url que dá acceso ao congreso virtual é:
Convocatoria
Criterios de selección para asistir ao campus
Instruccións en pdf e vídeo para subir os traballos á plataforma