Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable
Como evolucionou o clima dende a orixe da terra?
Cambio normal do clima
Variacións do clima debidas á actividade humana
Consecuencias do cambio climático e impactos sobre os ecosistemas terrestres
Impactos sobre os ecosistemas mariños
Cambio climático, economía e sociedade
Contido navegable da primeira etapa editada en febreiro de 2007.
Pode descargarse en pdf na sección de biblioteca, así como os seus productos da súas segunda fase, nº 1 de Palmira e Marcial, odisea medioambiental e libro de climatoloxía e cambio climático para 12-14 anos "Climaeucambio"
Publicado o
04 01 2025 as 13:53
|| Categoría
Climántica
O Campus CLMNT24 acolleu as actividades do primeiro campus de EduCO2Health
celebrouse en Aveiro do 31 de setembro ao 4 de setembro e o segundo en Galicia
do 5 ao 8 de setembro de 2024. En Aveiro conxuntáronse 110 estudantes e 30
educadores. Alí seleccionouse aos 9 estudantes máis capacitados e competentes
para gravar o documental. Ese equipo de estudantes seleccionados van formar a
base da produtora xuvenil do proxecto. Neste vídeo resúmese a totalidade de
actividade:
Os estudantes que
participaron seleccinados a través de EduCO2Health foron os das
escolas de secundaria socias o Liceo XXVI de Lodz e o IES Bernardino de
Escalante de Cantabria. Ademais sumáronse máis de 90 estudantes, seleccionados
polo proceso xeral e pertencentes a centros escolares asociados en México,
Brasil, de Aveiro e Lisboa en Portugal e de Galicia, Madrid e Andalucía de
España. O evento foi inaugurado pola Universidade de Aveiro o seu Vicerreitor
de investigación Victor M. Soares dá Silve e Pedro Pombo, Director de
Fábrica e pola Universidade de Santiago de Compostela Francisco Sóñora,
Director de Climántica.
Unha vez finalizada a inauguración,
todos os estudantes recibiron formación telemática do investigador principal De
EduCO2Health, o Dr. Ángel Carracedo sobre a temática da mesmo.
Tamén recibiron formación
sobre a comunicación que o campus ía requirir deles dos exalumnos do campus
Climántica, Úrsula Martínez, profesora de Enxeñería aeroespacial na
Universidade Politécnica de Madrid, Aitor Alonso, profesor de Bioloxía e
Xeoloxía e Noemí Castillo, graduada en Ciencias da Información e Filoloxía.
Unha vez finalizada a inauguración,
todos os estudantes recibiron formación telemática do investigador principal De
EduCO2Health, o Dr. Ángel Carracedo sobre a temática da mesmo.
Pola tarde iniciouse o
traballo en proxectos e talleres seguindo este programa (link ao programa do campus). En paralelo os docentes iniciaron o seu seminario de investigación na
acción sobre o campus seguindo este outro programa (Link ao programa
do seminario docentes).
Xa pola noite celebrouse
unha cea das nacionalidades e un festival das nacionalidades, onde cada
delegación territorial compartiu a súa cultura coas outras delegacións.
Ao longo de todos os días
os estudantes traballaron en proxectos. Un deses proxectos desenvolveuno o
grupo de 9 escolares seleccionados para realizar o documental. Os demais
proxectos documentais desenvolvéronos 4 equipos de creación de documentais de
guión libre sobre cambio climático que se concretaron nestas 4 curtametraxes:
Os outros 5 equipos
dedicáronse a preparar a obra de teatro musical creada por Francisco Rodríguez
Crujeiras e titulada “Odisea a través do tempo” que aborda o problema do auga
no contexto do cambio climático viaxando desde o século XXI ata a actualidade.
Para preparar o musical
vos estudantes do grupo de teatro ensaiaron con intensidade os diálogos do
libreto.
En paralelo a banda de
música preparou as cancións do musical e o grupo de canto, coordinándose coa
banda, preparou a vocalización e coros que se necesitaban para cantar as
cancións.
Os
outros dous grupos que integraron o musical foron o de Artes plásticas para a
escenografía e o de danza.
O resumo do traballo do
inicio do documental EduCO2Health, as 4 curtametraxes creativos sobre cambio
climático e o musical presentáronse no evento final do campus CLMNTK23 en
Aveiro que queda recollido neste vídeo.
O primeiro producto que
se presentou foi o making-of do inicio do documental EduCO2Health onde se pode
ver o proceso de replantación de Zostera. Esta curtametraxe, dirixida por María
Arufe, pode verse dende aquí:
A continuación presentouse a
curtametraxe dirixida por Noemí Castillo e titulado “Non hai cambio sen
movemento” Esta curtametraxe é unha carta que nace da desesperación diante da
falta de acción respecto á emerxencia climática. A pesar do aviso da comunidade
científica, a situación empeora minuto a minuto: a indiferenza deixou de ser
unha opción.
A seguinte curtametraxe
proxectada foi a dirixida por Noela Suárez titulada “Tan só unha viaxe” Nesta
curtametraxe un grupo de amigos embárcase no que parece unha viaxe calquera,
salvo que esta vez acompáñaos un científico que lles fará abrir os ollos e ver
o seu impacto real no medio ambiente.
A cuarta curtametraxe
proxectada foi a dirixida por Manuel García Amado e titulada “A outra cara”.
Nesta curtametraxe en pleno informativo sobre os beneficios económicos da
industria fast-fashion, un grupo de hackers interrompe a conexión para revelar
os datos que non che mostran: a outra cara da moeda. Estes hackers elaboraron
estatísticas segundo as enquisas realizadas aos mozos participantes do campus
CLMNTK 2024. A xente coñece a escura verdade detrás do fast-fashion...
A quinta e última
curtametraxe foi a dirida por Xaquín Tarrío e titulada “Nin que pudera facer
algo por cambialo”. A curtametraxe fai un percorrido dunha botella de plástico
para invitar a reflexionar sobre o impacto climático que poden ter as nosas
accións individuais. Sen nós sabelo, poderiamos ser parcialmente responsables
de situacións sen relación aparente co noso modo de vida.
Os días 5, 6, 7 e 8 de
setembro gravouse en Galicia as escenas do documental neste territorio
implicando aos laboratorios da Fundación Pública de Medicina Xenómica e aos
Museos Científicos da Coruña. O resto das localizacións situáronse na Ría baixa
de Muros e Noia.