Xa está publicado o vídeo documental do campus CLMNTK-UNESCO 2019 que organizou o proxecto Climántica, en colaboración con Fábrica, Centro de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro (Portugal) e con Grupo SEPA-interea da Universidade de Santiago de Compostela e que se pode visualizar aquí:
Este novo campus internacional de Climántica levou asociado un seminario docente de investigación acción sobre as novas formas de ensinar e aprender sobre o cambio climático que afloraron no campus. Entre ambos os eventos desenvolvéronse unha vintena de talleres e sete proxectos dirixidos a máis de 130 participantes, con delegacións chegadas de México, Polonia, Portugal e centros educativos de Madrid, Segovia, Cantabria e Galicia.
Os estudantes traballaron durante as cinco xornadas que durou o campus, do 4 ao 8 de setembro, en dous tipos de proxectos dos que resultarían os seus correspondentes produtos: cinco curtametraxes de sensibilización ambiental e un musical, que se presentaron á chegada.
Actividades do campus.
O primeiro día abordouse o coñecemento para desenvolver os proxectos partindo de charla coloquio “Comunicación do cambio climático desde e para a mocidade” que impartiu Aitor Alonso. Nela vinculáronse as claves da comunicación do cambio climático cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas, de acordo ao máximo patrocinio recibido pola UNESCO.
Desde ese momento os grupos desdobráronse nos dous tipos de proxectos. Os de produción de curtametraxes foron desenvolver talleres con Aitor Alonso, David Vicente e Noemí Castillo para sentar as bases técnicas e procedementais para producir os vídeos. Os alumnos do musical iniciaron os ensaios.
Despois do inicio da actividade dos proxectos todo o grupo realizou un paseo por Aveiro. Ao regresar prepararon unha cea de nacionalidades e presentaron, nun festival das nacionalidades no que presentaron vídeos, danzas e cancións propias dos seus territorios.
Ao longo do campus fóronse desenvolvendo os proxectos para o que se consitituyeron sete grupos de traballo. Cinco grupos de traballo centráronse no desenvolvemento de proxectos audiovisuais.
O musical requiriu do concurso dous grupos de traballo. Un dos dous grupos é o de banda musical. Esa banda formárona os alumnos seleccionados con formación musical.
O sétimo grupo de traballo en proxectos permanentes foi o de teatro. Este grupo formárono 20 estudantes seleccionados entre os 32 asistentes que se interesaron en interpretar personaxes do musical.
Ademais do traballo no desenvolvemento dos proxectos de curtametraxes e da banda e teatro, no caso do musical, dedicárnse tres sesións de hora e media cada unha á realización de diferentes talleres nos que reforzaron competencias demandadas nos traballos dos proxectos que desenvolvían. Para fortalecer as pezas audiovisuais desenvolvéronse sesións de edición de vídeo, fotografía, deseño gráfico e robótica.
Para reforzar o musical desenvolvéronse de danza, canto, improvisacións
musicais e teatrais e artes plásticas para a proxección.
Ademais dos tempos de traballo en proxectos e en talleres desenvolvéronse
varias actividades lúdicas. Entre elas destacou o Show Fisica Viva desenvolto
polo equipo de Fábrica. Trátase dun show de divulgación científica que levou
premios europeos.
Outras actividades lúdicas e de convivencia que tiveron lugar foron un
paseo en barcos moliceiros polas canles de Aveiro, unha visita ás salinas e
unha tarde na praia.
Actividades do seminario docente
Polo que respecta ao seminario dirixido aos docentes, levaron a cabo
múltiples actividades: coñeceron Climántica a través do seu director, Francisco
Sóñora; trataron a incidencia do cambio climático na ría de Aveiro, cun
relatorio a cargo dunha profesora da Universidade desta cidade, Ana María
Rodrígues, e a importancia das praderías mariñas nos ecosistemas costeiros, da
man do catedrático da Universidade de Vigo, Emilio Fernández.
Tamén se abordaron simposios sobre o musical cos autores do libreto do
musical Úrsula Martínez Vázquez e Francisco Rodríguez Crujeiras, actuando como
coordinadora Berta Barroso. Outro temática obxecto de simposio foi o uso das
curtametraxes como ferramentas pedagóxicas impartida polos profesores do centro
de formación profesional do IES Puerta Bonita e o Coordinador de audiovisuais
de Climántica, Pedro García Losada.
Un terceiro simposio referiuse ao traballo cunha banda de escolares que
levaron os colaboradores na dirección da banda Julieta Dix e David Galbán.
Estas actividades completáronse con diferentes talleres sobre fotografía,
creatividade e emprendemento de proxectos escolares impartidos polos profesores
do IES Porta Bonita baixo a coordinación da súa profesora de FOL Natalia Outes.
Abordouse tamén a Historia como vía transversal para a Educación Ambiental con a
charla coloquio “Crises ambientais na Mesoamérica precolombina” impartida por
Ernesto Rico, profesor de Historia e Coordinador académico do Colexio Madrid.
Tamén se realizou un itinerario de interpretación ambiental guiado por lle
Rodrigo Costoya do IES Rosalía de Castro de Santiago. Outra temática importante
foi o proxecto Fábrica que presentou o seu director, Pedro Pombo.
A charla coloquio sobre o proxecto Fábrica tivo continuidade cunha visita
de interpretación pedagóxica das instalacións de Fábrica. O seu director
realizou acompañou aos docentes para visitar todas as instalacións e en cada
unha delas parouse para explicar os contidos pedagóxicos implicados nesa sala,
a súa fundamentación e o uso por parte de comunidades educativas.
Acto de clausura e de presentación de
produtos
O acto de clausura do campus foi inaugurado polo Director de Climántica e
polo Director de Fábrica Pedro Pombo. Aos 130 participantes sumáronselle 35
familiares desprazados desde Galicia, Lisboa e Segovia.
No acto presentáronse os cinco curtametraxes producidos en cada un dos
cinco grupos de traballo e quedan inseridos a continuación vinculados ao seu
título e sinopse.
A curtametraxe do Grupo 1, baixo o título de “Mundos paralelos”, relatou
como sen ter que saír do mesmo lugar podemos atopar hábitos e comportamentos de
produción e consumo antagónicos desde unha perspectiva climática. O consumo e o
desperdicio de alimentos dunha cantina universitaria contrasta coa produción
tradicional de sal de Aveiro.
A curtametraxe do Grupo 2, baixo o título de
"2050", centrada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 12,
reflectiu a necesidade de cambiar os nosos hábitos de consumo para alcanzar un
2050 sostible.
A curtametraxe do Grupo 3, baixo o título de "O Cambio", buscaba
destacar o impacto dos nosos pequenos hábitos cotiáns, propondo un novo
escenario onde se poidan apreciar as consecuencias positivas que xera un cambio
de actitude e un xeito de vida respectuoso e consciente.
A curtametraxe do Grupo 4, titulada "A fábrica", reflectiu como
os medios de comunicación poden ser unha arma de propaganda ao servizo das
grandes empresas. Tras isto crearon o programa "A fábrica" para negar
a existencia de cambio climático e así manipular á poboación.
El cortometraje del Grupo 5, titulado ‘Solo’, cuenta la historia de un chico de Aveiro que se
despierta en un sitio extraño. El mundo que hasta entonces conocía ha cambiado
por completo. No hay gente por las calles ni reconoce los lugares por los que
solía pasear. ¿Qué ha sucedido? ¿Por qué nada es como lo recordaba? Una serie
de pistas y su propia memoria lo ayudarán a recordar cuál ha sido el destino de
su planeta. Aunque quizás haya recuerdos que merezca la pena no desenterrar.
También se presentó el vídeo del Informe semanal que desarrollaron los
alumnos de formación profesional de la familia de imagen y sonido del IES
Puerta Bonita de Madrid, en cuyo desarrollo implicaron a los alumnos del taller
de edición de vídeo:
Despois da presentación das curtametraxes, deuse paso á representación do musical “A Volta ao Clima en 10 Escenas”.
Os protagonistas deste musical foron os estudantes dunha escola galega,
quen recibiu un premio que consistía en visitar as rexións que presentaron
iniciativas para analizar as evidencias de impactos nelas e axudar na
concienciación da poboación”.
Partiron de Galicia onde visualizaron o problema do eucalipto, iniciaron o
seu percorrido internacional con escala en Madrid, onde analizaron o problema
da contaminación por smog fotoquímico. No seu paso por México analizaron o
problema extremo do smog fotoquímico analizado en Madrid, as relacións entre as
dúas cidades e uníronse a un grupo de mozos activistas.
En Latinoamérica visitaron tamén Costa Rica onde reflexionaron sobre a
problemática dos furacáns e a súa relación con El Niño. O outro país
latinoamericano visitado foi Brasil, e alí analizaron a deforestación da
Amazonía. Desde alí voaron a Marrocos para analizar o abuso da auga na
industria téxtil nun país de clara tensión hídrica e nunha rexión de alta
vulnerabilidade ao cambio climático por problemas de desertificación. Por
último, no voo de regreso, os alumnos ambientalmente concienciados pola
experiencia, analizaron o abuso de combustible e de desperdicios que implican
os voos transoceánicos.
O conxunto do musical representou un importante traballo artístico
desenvolto nun tempo que non alcanzou os catro días de traballo. Entre esas
fórmulas artísticas tivo un espazo destacado a danza que acompañou as cancións
do musical. Estas coreografías preparáronse no taller de danza impartida pola
técnica profesional de Danza, Úrsula Martínez Vázquez, tamén coautora da obra.
Todas as escenas estiveron polo menos acompañadas por unha canción. As
cancións elixíronse en paralelo co deseño do libreto do musical, coordinándose
os responsables de música cos de teatro. Os arranxos traballáronos o director
da banda Jose Rodríguez e a músico profesional Julieta Dix. Os músicos foron os
alumnos seleccionados que sabían tocar instrumentos. As cancións ensaiounas
Julieta Dix no taller de canto cos alumnos que se apuntaron a ese taller.
A
escenografía desenvolveuse no taller de Artes plásticas. Noa Rodriguez,
formadora en Belas Artes de Climántica encargouse da realización de láminas que
enmarcaban o territorio de cada territorio. Doutra banda, Berta Barroso,
profesora de Belas Artes do IES Bernardino de Escalante de Laredo (Cantabria),
encargouse, con parte dos alumnos do taller, de representar os territorios a
través de volumes xiratorios, no que en cada cara dos prismas aparecía
ilustrado nun territorio. Os volumes situáronse nas esquinas do auditorio e os
alumnos facíanos virar a medida que aparecían novas escenas, identificando
localizacións como no caso de Madrid, primeira parada do roteiro.
Os alumnos
destacaron tanto polo seu activismo exitoso a favor do cambio climático, que
recibiron un premio da ONU para que un deles lese un manifesto en nome do grupo
no seguinte Cume do clima. Este manifesto foi adoptado polos centros
participantes no
congreso virtual internacional, desde que se seleccionaron os
participantes, para realizar un vídeo da súa lectura colectiva para difundir a
través das redes sociais como participación colaborativa na celebración da
semana da mobilización infanto – xuvenil polo clima promovida polo movemento
Fridays for future.
O musical
resultou emocionante para o público, que de forma efusiva pediu outra canción á
banda, que convidou a bailar a todos os asistentes ao campus e aos familiares
participantes.