O Nº 29 da Revista de Innovación
Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está dedicada ás
respostas educativas do proxecto Climántica. Todos os artigos están dispoñibles
en aberto. A prenstación do tema do monográfico está redactado en galego,
idioma oficial da USC e pódese descargar desde este
link.
O primeiro artigo está redactado
en español e titúlase “Respuestas Juveniles al Cambio Climático
desde los Campus de Climántica”. Nel analízanse os contextos
innovadores xerados nos campus xuvenís do proxecto Climántica e profúndase
neles a través dun estudo de caso relativo á expresión das valoracións do
alumnado participante no Primeiro Campus Climántica Iberoamérica celebrado en
San José (Costa Rica) do 8 ao 12 de abril de 2019, polo que recibiu o
máximo patrocinio da UNESCO. O artigo pódese descargar desde este
link.
O segundo artigo está redactado
en galego e titúlase
“Investigación de Ecoloxía Escolar nunha
pradaría de Zostera nolteii” Analízase a situación da pradería de
Zostera nolteii do banco de marisqueo de
bivalvos de Testal (Noia), mediante a investigación desenvolvida por escolares,
coa dirección de científicos. A finalidade do programa de Ciencia Escolar de
Climántica é contribuír ao coñecemento científico mediante a obtención de
series de datos útiles para a realización de investigacións de interese a
escala Local. Neste caso, analizouse a relación existente entre as abundancias
de bivalvos de interese comercial e a presenza da fanerógama
Zostera nolteii co obxectivo de
capacitar ao alumnado para facer ciencia sobre os impactos humanos sobre os
servizos ecosistémicos máis relevantes da súa contorna. A actividade que se
describe neste traballo ten como utilidade científica coñecer a relación
existente entre a diversidade de organismos animais do banco do Testal e a
presenza e distribución espacial da fanerógama
Zostera nolteii, para así entender o seu papel como xeradora de
estrutura no ecosistema intermareal de substrato brando. O artigo pódese
descargar desde este
link.
O terceiro artigo está redactado
en español e titúlase
“Respuestas educativas al cambio climático desde
el Colegio Madrid: lecciones aprendidas y nuevos retos rumbo a Climántica
México 2021” Aborda a incorporación de Climántica ao proxecto educativo
do Colexio Madrid da Cidade de México, un Colexio fundado polo exilio
republicano español no ano1941, desde as súas orixes foi unha institución cunha
clara vocación ambiental que seguiu fiel aos principios naturalistas da Escola
Libre de Ensino. Sitúan a introdución deste proxecto vinculao polos efectos do
cambio climático na cidade e no país nos últimos anos. Dentro desta
incorporación de Climántica ao seu proxecto educativo, sinálase como un logro
destacado recente foi a co-organización con España e Costa Rica do primeiro
campus Climántica Iberoamérica (San José, do 8 ao 12 de abril de 2019), con
resultados moi alentadores que dan paso agora ao reto de realizar o congreso
virtual e campus Climántica México en 2021, en colaboración coa Universidade de
Santiago de Compostela. O artigo pódese descargar desde este
link.
O cuarto e último artigo,
redactado tamén en español, titúlase
“Educación, ética y cambio climático”.
Nel destácase que as respostas e as ferramentas educativas haberán de formar
parte das políticas de mitigación e adaptación fronte á crise climática, tal e
como se recoñece nos organismos e as declaracións internacionais. Este reto
obriga a reformular o marco ético da praxe educativa para cuestionar a
sustentabilidade ambiental e social dos valores centrais que guiaron o
desenvolvemento humano desde o inicio da modernidade. A crise climática
cuestiona de forma radical a identificación entre crecemento e desenvolvemento.
Defende que o
timing da crise
climática obriga a unha acción educativa urxente e de emerxencia, que sitúe
este problema no centro do currículo e das prácticas educadoras fose do sistema
educativo. A controversia moral debe ser un elemento central nunha Educación
para en Cambio Climático cuxo imperativo ético e práctico é a descarbonización
das sociedades e dos estilos de vida, da escala individual á escala global.
Desde este
link pódese descargar o artigo.