CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Sete institutos galegos no Simposio escolar de Climántica en Lisboa

 

Coincidindo co Día das Letras Galegas, o xoves 17 de maio 82 alumnos do IES Virxe do Mare do IES Campo de San Alberto de Noia, do IES Poeta Añón de Outes, do IES Praia Barraña de Boiro, do CPI Dos Dices de Rois, do IES Xelmirez I de Santiago e do IES Ribeira do Louro de O Porriño Noia, desprazáronse a Portugal para celebrar en Lisboa o primeiro simposio. Durante esa xornada de desprazamento, os alumnos estudaron a ocupación histórica do territorio de Porto e Aveiro.



Nesta segunda cidade tamén desenvolveron catro obradoiros de formación científica na Universidade de Aveiro, navegaron pola ría de Aveiro en tres barcos moliceiros e interpretaron cancións en galego e en portugués para celebrar así as Letras galegas.

As actividades do simposio escolar en Lisboa centráronse en dúas sedes. A primeira delas foi o Instituto Español Giner de los Ríos. Alí desenvolvéronse dúas actividades para facer chegar os contidos do proxecto aos alumnos portugueses: unha conferencia sobre cambio climático e demostracións prácticas e simulacións desenvoltas polos alumnos galegos.



Estes, apoiándose en simulacións e demostracións prácticas, ensináronlle porque ao derreterse o xeo da Antartida sube o nivel do mar, calcularon tamén a subida de temperatura por efecto invernadoiro, provocaron unha estratificación térmica para simular o proceso de laminación do océano que provoca a diminución da produtividade. Tamén identificaron o dióxido de carbono mediante o cambio de pH detectando por un colorante que cambia de cor co cambio de pH. Deste xeito demostrouse a acidificación do océano. Os alumnos portugueses preguntaron e participaron activamente nestes procesos de aprendizaxe mediados e facilitados por iguais.



Para a presentación de investigacións escolares,o simposio cambiou de sede para o Centro Galego de Lisboa.



Alí, no auditorio Alvaro Cunqueiro, proxectáronse os vídeos que explicaron á comunidade educativa portuguesa as investigacións sobre os impactos do cambio climático sobre os bivalvos de Testal, a lamprea do Tambre, o cultivo de mexilóns nas bateas de Boiro, a biodiversidade dos ríos Rois e Sarela e das Gándaras de Budiño.



O primeiro simposio escolar de Lisboa completouse con itinerarios deseñados para estudo da ocupación integral do territorio na cidade de Lisboa, analizando a súa evolución histórica e comparouse coa da vila medieval de Óbidos, que conserva a súa organización medieval, deixando pegadas das estratexias de adaptación ao clima nesa época medieval.



Estas actividades completáronse con outras lúdicas, culturais e de convivencia, entre as que destacaron o baño na praia de Oeiras ou a participación no desfile da Máscara Ibérica no que participaron os disfraces de Entroido máis populares de España e de Portugal.



Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino