CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Recursos dos blogues de Ciencias para o mundo contemporaneo

 


O blogue guía ou blogue de blogues de centros xa contén 4 páxinas completas de recursos dixitais para desenvolver a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo (CCMC) co fío condutor da sostibilidade no marco da sociedade do cambio climático. Unha vez rematado o módulo I Sostibilidade e cambio climático impartido polos profesores de ensino secundario Susana Vázquez e Jesús M. Teira quedou completa a colección de titoriais con suficiente detalle para que calquera docentes poida chegar a administrar e xestionar un blogue CCMC de Climantica apoiándose na visualización destes titoriais. Calquera docente que queira usar este blogue nas súas clases non ten máis que solicitalo a climantica@climantica.org.

O incremento de contidos nos blogues xa é suficientemente importante para que estes blogues se abran á totalidade de comunidade educativa, o que se fará a próxima semana mediante o apartado Blogues desta web. Este incremento ten que ver coa capacidade de xestión dos blogues que xa acadaron os asistentes ao curso de posgrao de formación e o inicio da intervención de poñentes que desenvolven obradoiros que relacionan os contidos do currículo co cambio climático.

Estas intervencións curriculares desvinculadas da formación para a xestión de blogues iniciáronse o pasado sábado 8 de novembro coa intervención do profesor de ensino secundario da especialidade de física e química Ramón Cid, desenvolvendo o módulo Materiais e sostibilidade: do cosmos á nanotecnoloxía  e a próxima participación de outros 3 poñentes de obradoiros curriculares. O primeiro destes tres en intervir será o profesor de Xeoloxía da Universidade Complutense de Madrid Francisco Anguita quen o sábado 15 de novembro presentará obradoiros para traballar o módulo Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental.

Os demáis aspectos do currículo de CCMC que relacionan a xeoloxía  co cambio climático abordaraos o profesor de Didáctica da Xeoloxía da Universidade de Sevilla Emilio Pedrinaci no módulo que se desenvolverá o 29 de novembro, no que presentará obradoiros para abordar a comprensión dos compromisos para a sostibilidade dos riscos naturais e da sobreexplotación dos recursos. Por último, as relacións da xenómica coa problemática ambiental serán abordados o día 13 de decembro polo catedrático de Medicina Legal da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo.

Cada unha destas intervencións suporá unha inxección de contidos e actividades nos edublogues e eduforos de Climántica para CCMC.


Inicio da segunda edición do curso de posgrao Climántica: Competencia dixital

 


O mércores 5 de novembro iniciouse a segunda edición do curso de posgrao Climántica: competencia dixital, que se estrutura en cinco módulos: obradoiros de blogues, ferramentas TIC para os blogues, moderación e administración para blogues, obradoiros de meteoroloxía e climatoloxía de competencia dixital e experiencias de laboratorio sobre cambio climático. Este curso está especialmente deseñado para traballar Proxectos interdisciplinares co fío condutor do clima e do cambio climático. Nesta primeira xornada do curso, no que hai 37 matriculados, traballáronse os seguintes aspectos do primeiro módulo:

  • Potencialidade didáctica do blogue guía Climaeucambio
  • Primeiras accións para crear un blogue:
  • Acceso
  • Categorías
  • Publicación do primeiro post
  • Inxerir vínculos

Convocatoria da segunda edición do curso Climántica: Competencia Dixital

 


O curso está deseñado para que poida servir de especialización ao profesorado na xestión académica de edublogs e eduforos que lle permita desenvolver a competencia dixital dos estudantes de Proxecto interdisciplinar na liña da proposta “Climaeucambio” co fío condutor do clima e do cambio climático. Os créditos presenciais adicaranse á formación para xestionar e dinamizar edublogs e eduforos e a obradoiros nos que se traballen actividades prácticas (de meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático) que estimulen a argumentación dos estudantes dentro destas propostas TIC para o desenvolvemento da competencia dixital.

Este curso universitario de posgrao consta de 60 horas (6 créditos) das cales 18 son presenciais e as restantes compútanse pola investigación – acción derivada das tarefas necesarias para a incorporación de actividades nos blogues de aula relativas aos obradoiros desenvoltos nos módulos presenciais e da retroalimentación da argumentación dos estudantes. O curso estructúrase en 5 módulos presenciais que se desenvolverán na Facultade de Físicas no campus Sur da USC os mércores de novembro e primeiro mércores de decembro de 18 a 21 horas, e que foron reestructurados en base a avaliación da primeira edición. Estes 5 módulos son:

  1. Obradoiros de blogues I: primeiras accións para crear un blogue. Mércores 5 de novembro Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  2. Obradoiros de blogues II e ferramentas TIC I. Mércores 12 de novembro. Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  3. Ferramentas TIC II e moderación e xestión de blogues e foros. Mércores 19 de novembro. Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario do grupo TIC do equipo Climántica e José Fernández Maneiro, licenciado en Xeografía e Historia e profesor de ensino secundario do equipo Climántica.
  4. Obradoiros de meteoroloxía escolar. Mércores 26 de novembro. Poñentes: Ana Lage e Santiago Salson. Doutores en Físicas, enxeñeiros técnicos informáticos e técnicos de MeteoGalicia.
  5. Actividades prácticas sobre cambio climático. Mércores 3 de decembro. Poñentes: Mercedes Rodríguez Ruibal e Raquel Troitiño Barros. Licenciadas en Bioloxía e profesoras de ensino secundario do grupo ciencia - tecnoloxía do equipo Climántica.

No mes de marzo fixarase unha data para a posta en común das conclusións obtidas da investigación - acción asociada á aplicación da parte práctica na aula.

Pode verse o contido detallado dos módulos, os obxectivos, a xustificación do curso, e as liñas metodolóxicas básicas no tríptico.

Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario que deberá enviarse ao enderezo climantica@climantica.org, indicando no asunto a cal dos tres criterios abaixo sinalados se acollen, de cara a facilitar o proceso de selección, de ser necesario. As prazas do curso cubriranse segundo a orde de inscrición e tendo en conta estes tres criterios:

  1. Que sexan docentes que impartan a materia Proxecto interdisciplinar (PI).
  2. Que sexan docentes de centros educativos que non imparten PI.
  3. Que sexan licenciados ou mestres que non exercen a docencia en centros educativos. Neste caso requírese que a solicitude se acompañe dunha proposta práctica para desenvolver a parte práctica no blogue temático que se lle asigne.

O curso é totalmente gratuíto, tanto na xestión como na docencia e nos materiais e recursos consumidos no seu desenvolvemento, pero a retirada do título, como ocorre con todo tipo de títulos das universidades, está supeditado ás taxas universitarias, que neste caso son do orde de 15€.


Novo documental en Climántica TV

 
DOCUMENTAL SOBRE A PRESENTACIÓN E INICIO  DO CURSO
"CLIMANTICA NA MATERIA DAS CC. PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO DESDE A SOSTIBILIDADE E AS TIC"




Xa se pode ver no apartado de Climántica TV o documental correspondente á presentación do curso e inicio do primeiro modulo titulado Sostibilidade e cambio climático nos blogues e foros de Climántica en CC. para o Mundo Contemporáneo que tivo lugar o día 4 de outubro na facultade de Físicas da USC.

Curso universitario de formación continua do profesorado

 
Climántica na materia das Ciencias para o Mundo Contemporaneo desde a sostibilidade e as TIC

Este curso universitario de posgrao consta de 110 horas (11 créditos) das cales 33 son presenciais e as restantes compútanse pola investigación – acción derivada das tarefas necesarias para a incorporación de actividades nos blogues de aula relativas aos obradoiros desenvoltos nos módulos presenciais e da retroalimentación da argumentación dos estudantes.

O curso estrutúrase en 5 módulos presenciais que se desenvolverán na Facultade de Físicas no campus Sur da USC os sábados de 10 a 14 horas, con un descanso na metade da xornada. Estes 5 módulos son:
  1. Sostibilidade e cambio climático nos blogues e foros de Climántica para as Ciencias do Mundo Contemporáneo (CCMC). Sábados 4, 11, 18 e 25 de outubro. Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  2. Materiais e sostibilidade: do cosmos á nanotecnoloxía. Sábado 8 de novembro. Poñente: Ramón Cid, profesor de ensino secundario licenciado en CC. Físicas e en CC. Químicas.
  3. Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental. Sábado 15 de novembro. Poñente: Francisco Anguita. Doutor en Xeoloxía e Profesor Titular da Universidade Complutense de Madrid.
  4. Os compromisos para a sostibilidade derivados dos riscos naturais e da sobreexplotación de recursos. Sábado 29 de novembro. Poñente: Emilio Pedrinaci. Doutor en Xeoloxía e Profesor asociado de CC. Experimentais da Universidade de Sevilla e profesor de ensino secundario.
  5. Como pode influir a xenómica no mundo contemporáneo. Sábado 13 de decembro. Poñente: Ángel Carracedo. Catedrático de Medicina Legal da USC e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela.
Pode verse o contido detallado dos módulos, os obxectivos, a xustificación do curso, e as liñas metodolóxicas básicas no tríptico.

Os interesados poden inscribirse
cubrindo o seguinte formulario que deberá enviarse ao enderezo climantica@climantica.org, indicando no asunto a cal dos tres criterios abaixo sinalados se acollen, de cara a facilitar o proceso de selección, de ser necesario. As prazas do curso cubriranse segundo a orde de inscripción e tendo en conta estes tres criterios:
  1. Que sexan docentes que impartan a materia CCMC no curso 2008-2009.
  2. Que sexan docentes dos departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química e que no curso 2008-2009 non impartan a materia CCMC.
  3. Que sexan titulados en CC. Biolóxicas, CC. Xeolóxicas, CC. Químicas e CC. Físicas ou asimilables a efectos de docencia.
O curso é totalmente gratuito, tanto na xestión como na docencia e nos materiais e recursos consumidos no seu desenvolvento, pero a retirada do título, como ocorre con todo tipo de títulos das universidades,  está supeditado ás tasas universitarias, neste caso as establecidas para títulos de posgrao de formación continua.

Terceira xornada do I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender

 

Curso

O sábado 8 de marzo desenvolveuse a terceira xornada do curso na que os profesores Susana Vázquez e Jesús Teira desenvolveron o módulo III relativo á administración de blogues de aula. Na última hora da xornada abordouse a avaliación de ideas sobre o cambio climático mediante técnicas libres a partires da conferencia impartida polo profesor de Educación Ambiental da facultade de Educación da USC, Pablo Meira. A maioría dos exemplos que expuxo, foron traballos dos estudantes do profesorado asistente, desenvoltos dentro do marco de investigación - acción da parte de aplicación na aula do contido do curso. O contido desta conferencia titulada “Análise de representacións sociais do cambio climático mediante técnicas abertas (da cultura científica á cultura común)” queda á disposición do profesorado no apartado Recursos  e pode visualizarse a súa exposición no apartado Climántica TV

Actualización: Xa se poden ver en Climántica TV os documentais do IV móduloe do V módulo


Segunda xornada do I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender

 

Curso

O sábado 1 de marzo desenvolveuse a segunda xornada do curso na que os profesores Susana Vázquez e Jesús Teira orientaron ao profesorado sobre como inxerir elementos multimedia nos blogues e sobre a formulación de preguntas activadoras da argumentación dos estudantes sobre o contido deses elementos multimedia inxeridos. Tamén se abordou a potencialidade da técnica de webquest para a educación ambiental centrada no cambio climático. Sobre esta temática, o profesor Francisco Castillo impartiu unha conferencia da que se pode descargar o seu contido no epígrafe recursos e da que se pode ver un resumo en Climántica TV.

Actualización: Xa se pode ver tamén en Climántica TV un resumo do traballo con blogues.


Inicio do I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender

 

Curso

O sábado 23 de febreiro presentouse o I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender e desenvolveuse o primeiro módulo dos 5 recollidos no programa: Os blogs como ferramentas para desenvolver competencias básicas I: o uso dun blog no contexto de aula de climaeucambio.

Como o número de inscritos superou o número máximo establecido nas condicións de matrícula, os inscritos non matriculados quédalles a súa praza reservada para matricularse na segunda edición que se comunicará coincidindo co inicio do curso 2008-2009.

A presentación do curso está dispoñible en Climántica TV


Aviso sobre o curso Climaeucambio

 

Aviso importante: o comezo do curso será o sábado 23 de febreiro. O curso desenvolverase durante as datas 23 de febreiro, 1, 8 e 29 de marzo e 5 e 12 de abril. En abril cada matriculado só asistirá a unha das dúas sesións, porque se desdobra o grupo para as prácticas de laboratorio sobre cambio climático para conseguir así unha atención individualizada.


Curso sobre competencias básicas en climaeucambio: Competencia dixital

 
resena

Trátase dun curso de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Contido: O curso organízase nestes 6 módulos (ver documento programático completo):

  • Creando blogs e foros en “Climaeucambio”
  • Aplicacións didácticas dun blog e dun foro
  • Ferramentas TIC para blogs e foros
  • Autoformación orientada mediante a didáctica multimedia de Climántica
  • Fundamentos de meteoroloxía escolar
  • Prácticas sobre cambio climático.
Recoñécense 60 horas:
  • Horas presenciais: 21 horas, repartidas en 6 sábados de 10 a 13:30 horas:
    • Dous en febreiro: 16 e 23
    • Tres en marzo: 1, 8 e 29
    • Un en abril: 5
  • Horas non presenciais: 39 que se computarán por actividades entre cada dúas sesións presenciais que consistirán en:
    • Retroalimentación cos poñentes, facendo preguntas, consultando dudas e información na plataforma
    • Desenvolver actividades prácticas na aula cos estudantes a modo de investigación-acción.
  • Lugar: magna, aula de informática e laboratorio da facultade de Físicas do Campus Sur da USC
  • Inscrición e matrícula gratuita.
    • A inscripción faise cubrindo este impreso P-11 para envialo a climantica@xunta.es desde a publicación nesta web ata o día 15 de febreiro.
    • A matrícula definitiva dos inscritos farase o primeiro día de curso entregando copia asinada do mesmo impreso P-11 (enviado por correo electrónico na inscripción) e unha fotocopia do DNI.

Para máis información pode consultarse o documento programático do curso e a información sobre o contido da competencia dixital da guía didáctica e o exposto na xornada formativa sobre Climaeucambio


Xornada Formativa sobre o libro para ESO "Clima, eu cambio"

 

Presentación

O acto tivo lugar no hotel Porta do Camiño de Santiago, onde tras unha sesión formativa para docentes e un coloquio, o director do proxecto, Francisco Sóñora, presentou o material multidisciplinar, que consta del libro “Climaeucambio” e a súa guía didáctica para profesores. O director de MeteoGalicia, Vicente Pérez situou a proposta de Meteo Escolas en relación á iniciativa ClimánticaMeteo e o responsable da área Clima de MeteoGalicia, Santiago Salsón explicou a navegación web de Meteo Escolas. O marco completo da competencia dixital presentouno a coordinadora desta materia no Equipo Climántica, Susana Vázquez.

O evento finalizou coa presentación oficial do libro na que estiveron presentes a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño.

Durante a súa exposición, la Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria destacou que o presentado é un material didáctico de primeira calidade, que reúne libros, recursos audiovisuais e no que os novos medios xogan un papel primordial: “En resumen, trátase dunha educación moderna e de calidade, onde profesores de distintas áreas son capaces de adaptarse a un mesmo fío condutor”. Tamén declarou que a ciencia debe estar presente no debate social e político, ao mesmo tempo que situou a iniciativa Climántica como “un bo exemplo do que se pode facer”.

O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, pola súa parte, lembrou, por un lado, a importancia de la educación e, por outro, a acción da Xunta en relación cos programas de formación e sensibilización, que actúan como dous eixes fundamentais del Plan Galego de Acción fronte ao Cambio Climático.


Climántica nas Xornadas de Ciencia Ensino

 

Comunicación

O día 14 de setembro comunicouse o proxecto Climántica no auditorio do Conservatorio de Santiago de Compostela dentro das Xornadas de Ciencia Ensino que se organizaron co motivo do Ano da Ciencia. A esta comunicación asistiron un número de docentes superior aos 200.


Dificultades na sensibilización fronte ao cambio climático

 

presentación

Conferencia-coloquio por Don Francisco Heras, Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental, no primeiro curso Climántica.

Pode consultar o contido desta presentación nesta ligazón.


Primeiro curso Climántica: Un éxito de participación.

 

72 profesores ampliaron coñecementos sobre cambio climático:

presentación

A tarde do venres 9 de marzo estivo dedicada a aspectos educativos relacionados co cambio climático. Abriu o curso Francisco Sóñora Luna, director do proxecto, quen informou aos asistentes sobre os diferentes aspectos do proxecto Climántica. Os aspectos relativos á sensibilización e participación para facer fronte ao cambio climático abordounos Francisco Heras, responsable de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. As posibilidades da prensa como recurso expúxoas Mª Pilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC.

Na mañá do sábado 10 de marzo abordáronse os aspectos científicos que ampliaron os conceptos básicos que forman parte da primeira unidade didáctica do proxecto. Os conceptos relativos aos ecosistemas terrestres presentounos Francisco Díaz - Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química agrícola da USC e asesor científico do proxecto. Os conceptos relativos ao medio mariño tratounos Xosé Antonio Álvarez Salgado, investigador científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Antes da comida do curso, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez, situou o proxecto Climántica dentro do Plan da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para facer fronte ao cambio climático.

A sesión da tarde do sábado dedicouse a presentar un exemplo de unidade multimedia e a valorar aspectos didácticos relacionados coa primeira unidade

Máis fotos do curso.


Confirmación de data e lugar do 1º curso Climántica.

 

O primeiro curso Climántica de formación do profesorado celebrarase no hotel NH OBRADOIRO, en Santiago de Compostela, sito na Avenida Burgo das Nacions s/n, 15705 - Santiado de Compostela, fronte ao Auditorio de Galicia, nas datas e horas expostas en Didáctica.

Primeiro curso Climántica


Primeiro curso Climántica os días 9 e 10 de marzo

 

Máis información no apartado de Didáctica


Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino