O día 6 de novembro de 2007 celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada formativa sobre a iniciativa Climántica Meteo. O director do proxecto, Francisco Sóñora, situou a iniciativa dentro do proxecto Climántica e presentou o material multidisciplinar para a ESO "Climaeucambio" que o permite desenvolver. O director de MeteoGalicia, Vicente Pérez, e o seu responsable da Área de Clima Santiago Salsón, presentaron as aportacións deste organismo á iniciativa e o funcionamento da aplicación web para cargar os datos da rede de Meteo Escolas. A coordinadora dos edublogs e eduforos desta iniciativa, Susana Vázquez, presentou as súas potenciales para desenvolver a competencia dixital no traballo co material multidisciplicinar de Climaeucambio. A xornada foi clausurada oficialmente polo Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández e pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.