A Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de
Aveiro, atendendo á tarefa compartida de desenvolver o congreso virtual
internacional para seleccionar aos estudantes participantes no campus de
setembro do 2024, encadrado no proxecto K220 de Erasmus+ “EXPOSOMA E CAMBIO CLIMÁTICO NO AUDIOVISUAL ESCOLAR CO ENFOQUE ONE
HEALTH DA OMS” (EDUCO2Health) de
código 2023-1-ES01-KA220-SCH-000162179, que se comunica a través desta
ligazón, convocan, apoiándose na
experiencia de colaboración de máis dunha década de Climántica e Fábrica, o
congreso xuvenil virtual internacional CLMNTK24-EDUCO2Health.
A convocatorio queda establecida no PDF que se pode
descargar desde esta
ligazón. Desde leste outra
ligazónpode descargarse un PDF con
imaxes que explican os dous tipos de proxectos (curtametraxes e teatro musical)
e os talleres que permiten desenvolver as competencias e habilidades que
requiren os proxectos. A posta en marcha deste campus foi un dos acordos adoptados
polos a quince expertos de cinco países europeos, liderados polo Dr. Ángel
Carredo, que se reuniron en Santiago de Compostela o 3 e o 4 de abril para
poñer en marcha a estrutura e a organización do proxecto Erasmus+ EDUCO2Health.
Trátase dun dos 10 proxectos de España que recibiu o máximo financiamento que
outorga a Unión Europea para proxectos intersectoriales de innovación educativa
escolar que se inician este curso.
No campus formarase aos estudantes que se integrarán na
produtora do documental do novo proxecto e iniciarase a gravación do mesmo.
Este documental estará realizado por e para estudantes de secundaria e os seus
contidos explotaranse nas aulas a través dun libro de texto, dunha guía
didáctica e de materiais metodolóxicos de alfabetización cinematográfica
documental e de ciencia escolar experimental, coa obtención de propostas de
divulgación científica a desenvolver nos centros de divulgación Domus de Museos
Científicos da Coruña e de Fábrica, Centro Ciencia Viva da Universidade de
Aveiro.
O proxecto supón o avance da plataforma programa Climántica
cara ás relacións do cambio climático coa xenética e a saúde. Acompañan á USC,
e á divulgación científica dos Museos Científicos de Aveiro e A Coruña, o grupo
de investigación en Cinema da Universidade de Bolonia de Italia, a Estación de
Bioloxía Mariña da universidade romanesa de Iasi, o centro de bacharelato
especializado en Ciencias Liceo XXVI da cidade polaca de Lodz e o Bacharelato
de Artes do IES Bernardino de Escalante de Cantabria.