Unha TV xaponesa con Climántica
Publicado o
18 06 2008 as 24:00
|| Categoría
Entrevistas
A Tv Mirasol de Xapón atopou a Climántica facendo un seguimento da Educación Ambiental en Galicia para o traballo de documentación na producción dun documental. O guión está inspirado nun educador ambiental xaponés que con actividades de reforestación desenvoltas en clases prácticas de escolares, conseguiu o obxectivo de mellorar notablemente a productividade do estuario dese río, do que vive moita xente do marisqueo de moluscos. O interese de facer este documental en Galicia estivo motivado porque as rías de Galicia son os estuarios que atoparon máis semellantes aos de Xapón onde se levaron a cabo estas experiencias. Climántica colaborou nas tarefas de localización de escenarios e de documentación de Educación Ambiental. O proxecto recibiu os parabéns destes profesionais e Climántica deséxalle a Tv Mirasol moito éxito nesta empresa e agradécelle o interese mostrado polo proxecto.
Declaracións éticas de Eduardo Galeano sobre as inxustizas Norte-Sur
Publicado o
16 05 2008 as 24:00
|| Categoría
Entrevistas
Entrevista a Eduardo Galeano na súa visita a Ourense o 13 de maio.
Prácticas de Cuarto Ciclo en Portugal
Publicado o
08 05 2008 as 24:00
|| Categoría
Cuarto Ciclo
Os días 25 e 26 de abril os estudantes da asignatura Climántica de cuarto ciclo da Universidade de Santiago de Compostela fixeron prácticas relativas ao paleoclima e ao cambio climático coordinadas polas profesoras da Universidade de Coimbra a doctora en Química Arminda Pedrosa e a doctora en Xeoloxía Helena Henriques, que tamén é membro da asociación da UNESCO Ano Internacional do Planeta Terra en Portugal. Estas dúas profesoras e a docente de ensino secundaria e doctora en didáctica das Ciencias Ana Melo, forman o núcleo inicial coordinador da aplicación de Climántica en Portugal.
Semana da ciencia do Torrente Ballester
Publicado o
08 05 2008 as 24:00
|| Categoría
Centros Educativos
Do 7 ao 11 de abril desenvolveuse a Semana da ciencia do IES Torrente Ballester dedicada ao cambio climático. Os estánds dedicados a esta temática estiveron monitorizados por estudantes de 4º de ESO formados por Climántica.
Conferencia de Clausura da Semana da ciencia do IES Torrente Ballester
Publicado o
08 05 2008 as 24:00
|| Categoría
Centros Educativos
A conferencia de Clausura da semana da ciencia do IES Torrente Ballester de Pontevedra do día 11 de abril foi impartida polo Director do proxecto Climántica.