CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Descarga do primeiro capítulo do libro “Auga e cambio climántico”

 

Xa se pode descargar en Unidades didácticas do apartado Biblioteca o Capítulo 1. Unha substancia universal en versións galego e castelán.  Tamén se pode navegar polo seu contido extraído para a divulgación cara a cidadanía en xeral premendo no terceiro apartado Auga e cambio climático do menú da marxe esquerda pa páxina de Inicio. Durante as vindeiras semanas irase procedendo do mesmo xeito cos 7 capítulos restantes:

Capítulo 2. A auga en movemento.
Capítulo 3. Historia, presente e futuro da auga na Terra.
Capítulo 4. A auga fonte de vida dende os océanos á terra firme.
Capítulo 5. A auga na historia da humanidade.
Capítulo 6. O cambio climático nunha sociedade sedenta.
Capítulo 7. A auga, un recurso crítico na sociedade do cambio climático.
Capítulo 8. Un cambio de dirección cara o uso sustentable na sociedade do cambio climático.


Arte e Ambiente em Climántica nas II Jornadas de Art’ Ambiente

 


A Asociación portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) e a Fábrica de Ciencia Viva de Aveiro, convidaron ao director de Climántica, Francisco Sóñora, a impartir o relatorio inaugural das II Jornadas de Art’ Ambiente, da que se pode ver un vídeo resumo en Climántica TV. Esta comunicación celebrouse no Anfiteatro do Departamento de Geociencias da Universidade de Aveiro. A comunicación tratou sobre os produtos de creación artística dos estudantes de Climántica e dos artistas profesionais que colaboran co proxecto.

Nova sobre as xornadas nos informativos da TV local de Aveiro.


Catro cursos de Climántica

 


A menos dun mes do remate do cuarto curso completo de aplicación de Climántica nos centros educativos de Galicia, procedeuse ao estreo do vídeo Catro cursos de Climántica en Climántica TV. Nel faise un recorrido cronolóxico da participación do alumnado e do profesorado na aplicación do proxecto en Galicia. No remate do mesmo, faise tamén un percorrido pola aplicación do proxecto noutros estados e comunidades autónomas.

Climántica en Castellón

 


O proxecto Climántica foi invitado a participar nas IX Jornadas de Ciencias de la Tierra do Planetario de Castellón con unha conferencia e dous obradoiros. O Planetario de Castellón organiza estas xornadas para toda a cidadanía, sen máis límites que os establecidos polo aforo do salón de actos e, no caso dos obradoiros, o número máximo que permita o bo desenvolvemento dos mesmos. Pero os profesores acreditados polo CEFIRE de Castellón teñen prioridade, tanto nas conferencias coma nos obradoiros. Nesta edición acreditáronse máis de 100 docentes.

Xa está publicado en Climántica TV o vídeo que recolle a conferencia Aproximación interdisciplinar desde Climántica al cambio climático y a la crisis energética. No seu desenvolvemento, Francisco Sóñora, director de Climántica, expuxo a dimensión divulgativa da organización didáctica interdisciplinar do proxecto Climántica sobre cambio climático e as súas vinculacións co problema enerxético.

O profesor Sóñora presentou en Castellón a Climántica como un proxecto de Educación Ambiental en rede co obxectivo básico de intercambiar ideas e experiencias educativas, xerar produtos didácticos interdisciplinares, enriquecer o currículo de Educación Ambiental e abordar as principais problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático. Situouno como un proxecto institucional formando parte do piar educativo do plan marco de Galicia fronte ao cambio climático, que vai dirixido, de forma transversal, a todos os niveis do sistema educativo, co fin de aproveitar o desenvolvemento didáctico dos docentes para divulgar e sensibilizar sobre o reto a toda a cidadanía a través do seu portal trilingüe climantica.org.

Sobre a base desa flexibilidade e capacidade de Climántica para saír das aulas á sociedade, xustificou o enfoque que elixiu para a conferencia, na liña de comunicar ao público en xeral o cambio climático e as súas relacións coa crise enerxética actual.

En resumo, abordou cun estilo moi didáctico, o concepto de cambio climático, o modelo que o explica, situando a súa evolución histórica ao longo de diferentes ciclos enerxéticos, con especial incidencia no actual, correspondente á obtención de enerxía a partires dos combustibles fósiles. Así mesmo explicou e exemplificou diversas consecuencias, para rematar apuntando solucións, facendo unha mención final ao potencial das respostas educativas ao cambio climático promovidas dende Climántica.

Tamén se pode ver en Climántica TV o vídeo que resume os obradoiros. Estes foron desenvoltos polas profesoras do IES Nº 1 de  Ribeira Mercedes Rodríguez Ruibal e Raquel Troitiño Barros, que colaboran con Climántica na dimensión de formar aos estudantes para que expliquen o cambio climático mediante experiencias de laboratorio.

Para estes obradoiros seleccionaron unha serie de experiencias que permiten recrear de forma experimental, intuitiva e vivencial, un conxunto de actividades prácticas, sinxelas e rigorosas á vez, que nos permitan contribuír á aprendizaxe activa das evidencias, causas, consecuencias e propostas de mitigación do cambio climático, conxugando a razón coa emoción, e o espírito lúdico co rigor científico, na perspectiva da sostibilidade.

Cos obradoiros, ademais de reproducir o procedemento experimental, fundamentaron tamén os seus obxectivos didácticos, e fixeron chegar aos asistentes as orientacións metodolóxicas para converter os estudantes en monitores e protagonistas activos do seu propio sistema de aprendizaxe.

Para o desenvolvemento dos obradoiros usaron dúas metodoloxías:

1.- Actividades Experimentais: conxunto de actividades seleccionadas para realizar de forma práctica en grupos de traballo, constitúe a parte principal do taller.
2.- Presentación Multimedia: comprende aquelas actividades cuxo desenvolvemento non se podía executar en obradoiros desa duración, pero que interesaba que os asistentes os coñeceran pólo seu potencial didáctico.

No primeiro apartado, temos:
1.1 - Simulando Correntes de Convección.
1.2.- Demostrando o papel regulador térmico da auga.
1.3.- Quentamento terrestre: Absorción de radiación e simulación de invernadoiro.
1.4.- Emisión de gases con efecto invernadoiro por uso de combustibles fósiles: Presenza de CO2 e NOx nos tubos de escape dos vehículos.
1.5. - Aumento de fenómenos meteorolóxicos extremos: Simulación dun ciclón.
1.6.- Consecuencias en ecosistemas acuáticos: desxeo. Modelos ártico e antártico.
1.7.- Outros efectos dos contaminantes atmosféricos: choiva ácida.
1.8.- Relación entre illamento térmico e aforro enerxético.
1.9.- Determinación da presenza de contaminantes na auga (fecal, exceso de nutrientes).

No segundo apartado incluíron:
2.1.- Efecto de diferentes contaminantes na xerminación e crecemento vexetal.
2.2.- Fundamentación da importancia da enerxía térmico-solar na solución do cambio climático: Construción dun forno solar.
2.3.- Aforro de auga: Modelo dunha depuradora caseira.
2.4.- Actividades didácticas de Meteoroloxía: Rede de Meteoescolas.


Climántica cos educadores ambientais de Portugal

 


O director do proxecto Climántica, Francisco Sóñora, foi invitado pola presidenta da Asociación portuguesa de Educación Ambiental, Fátima Almeida, para presentar o modelo de formación do profesorado nas XVIII xornadas pedagóxicas da asociación que se celebraron na localidade de Idanha-a-Nova os días 28, 29 e 30 de xaneiro de 2011. Pode visualizarse en Climántica TV un vídeo-resumo desta presentación a máis de 200 educadores ambientais procedentes de todas as rexións de Portugal.

O profesor Sóñora empezou a súa intervención comunicando o modelo xeral de formación do profesorado, e a súa relación co esquema xeral de desenvolvemento das etapas do proxecto e os produtos didácticos de cada unha delas.

De seguido entrou no contido das dúas xornadas correspondentes a cada unha das etapas desenvolvidas do proxecto Cambia o clima? e Se queimamos quentamos, para centrarse deseguido nos dous modelos prácticos baseados en obradoiros e en seminarios: Competencias básicas en Climántica para 10 -15 anos  Ciencias para o Mundo Contemporáneo no proxecto Climántica para 16-18 anos.

Sobre o primeiro modelo, fixo mención a que todas as propostas formativas que se propoñen aos profesores van encamiñadas a que logo estes poidan implicar nelas aos estudantes para desenvolveren así as súas competencias científicas, de expresión oral e escrita, e de expresión plástica.

Sobre a segunda, fixo referencia á importancia de poñer aos estudantes a desenvolver proxectos de investigación e comunicación científica conducidos por esta formulación de proposta de traballo nas aulas: “Dende o Big Bang ata os nosos tempos formouse a Terra, e nela,a través dun longo proceso evolutivo, aparecemos como unha especie capaz de modificar o Planeta provocando riscos (como os derivados do cambio climático) aos que a investigación científica busca solucións para a súa mitigación e a nosa adaptación dende a astrofísica, da física de partículas, da nanotecnoloxía da bioloxía molecular e da xenómica”.

Sobre ámbalas dúas propostas prácticas de formación do profesorado, destacou a importancia de enfocalas para conseguir que os estudantes elaboren produtos de sensibilización para toda a cidadanía, tanto en papel como en edublogues. Tamén sinalou a importancia que se lle da a difusión destes traballos, chegando a publicalos en revistas CLMNTK de estudantes, das que xa hai 3 números publicados na páxina web. Destes traballos fixo especial mención ás recensións de traballos multimedia, que é posible visualizalos dende o apartado Alumnos deste sitio web.

En relación a este obxectivo de sensibilizar á cidadanía a través dos traballos dos estudantes, destacou a importancia dos Congresos CLMNTK dos que se levan celebrado un por cada número da revista. Dixo que esta importancia viña dada sobre todo porque os estudantes que presentan traballos, conseguen invitacións para ir acompañados dos pais, avós e irmáns.

A súa vez o congreso vai a conseguir reforzar o potencial creativo dos autores dos traballos máis destacados, premiándoos con campamentos formativos de 5 días onde conviven e se forman para incrementar a súa creatividade e capacidade de traballo en equipo en retos de investigación e comunicación na que aportan o talento polo que foron premiados. Así no último campamento formativo de premiados de ESO, os estudantes recorreron as Rías Baixas navegando nun veleiro de principios do século pasado durante cinco días para estudar e comunicar dende o punto de vista lingüístico, de artes plásticas, audiovisuais e musicais, os cambios que experimentaron o clima, as paisaxes e a economía das rías das Rías Baixas.

Destacou que estes contactos coas familias supoñen unha oportunidade para afondar no modelo de formación interxeneracional propio das Escolas Climántica de Avós e Netos, como metodoloxía para facer chegar ás aulas a memoria histórica dos avós sobre os cambios no clima, no consumo e na mobilidade ao longo da súa vida.

Xusto antes de entrar na experiencia de Climántica na formación do profesorado en Portugal, comunicou a importancia que tivo o I Congreso de respostas educativas sobre o cambio climático que se celebrou en Pontevedra os días 7 e 8 de maio de 2010 para retroalimentar e avaliar estes modelos de formación.

Para concluír, recapitulou a experiencia do primeiro curso de formación do profesorado en Portugal celebrado no centro de formación do profesorado Nova Ágora de Coimbra, presentando un curto sobre a posta en común deste curso, cos 18 edublogues resultantes e ilustrando a conclusión con imaxes do I Simposio de estudantes de Climántica en Portugal, no que os estudantes, orientados polos vinte profesores formados nesa acción de formación, presentaron os seus traballos.


Oferta de obradoiros de Climántica para o curso 2010-2011

 


Está a disposición de todos os centros educativos de Primaria e Secundaria de Galicia sostidos con fondos públicos, a oferta de obradoiros de Climántica para desenvolver antes de que remate o curso 2010-2011. As características e condicións de adxudicación están no folleto explicativo. Os centros interesados deberán enviar desde o seu correo corporativo o formulario debidamente cuberto ao enderezo de correo electrónico climantica@climantica.org, poñendo no asunto: “Solicitude de obradoiros do ..(nome do centro).


Feliz Nadal e ventureiro aninovo 2011

 


Climántica quere transmitir aos usuarios desta web feliz Nadal e ventureiro aninovo 2011 con lembranzas dos mellores momentos do ano 2010 presentados por Palmira e Marcial.

Vídeo en Climántica TV


Conferencia de Climántica no V Congreso de Materiais

 


Xa se pode ver en Climántica TV o vídeo da conferencia de Climántica no V Congreso de Materiais didácticos organizado pola ASPEG e que se celebrou na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela o día 6 de novembro de 2010. Baixo o título Materiais e recursos de Climántica, o director do proxecto, Francisco Sóñora Luna, situou os diferentes produtos e materiais de Climántica dentro dos obxectivos xerais, características e principios de deseño do proxecto.


Oferta de materiais didácticos de Climántica para o curso 2010-2011

 


Estes materiais didácticos poden solicitarse en versión impresa enviando un correo a climantica@climantica.org no que se farán constar os datos do docente que o solicita, o centro no que está destinado e os cursos e as materias nos que os vai a usar:


Para 4º ESO e Bacharelato:

O Libro didáctico de cambio climático e o relativo ao Problema enerxético no cambio climático que están a seren usados maioritariamente en Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Ciencias da Terra e Ambientais, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Xeografía e Historia. Estes dous libros tamén se poden descargar dende estes links:

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/unidade-1

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/unidade-2

Este material compleméntase con unha Exposición Interactiva On-line deseñada para visualizar os paneis na pantalla do ordenador, podendo afondar máis no seu contido mediante un sistema de navegación e con uns cuestionarios vinculados a cada panel que o estudante responde unha vez que analizou o contido dos paneis e o contido navegable asociado. Os docentes que queiran usar este material on-line non teñen máis que enviar unha relación de estudantes, xunto coa materia e curso no que van a aplicalo. Nun prazo de 24 horas enviaráselles usuarios e contrasinais.


Para proxectos interdisciplinares, PDCs e materias de Xeografía e Historia de ESO:

O libro interdisciplinar baseado nas competencias básicas e conducido polos elementos do clima e o cambio climático, Climaeucambio e tamén a súa Guía didáctica solucionario, que tamén se poden descargar dende:

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/climaeucambio

http://biblioteca.climantica.org/resources/1893/guiaclima.pdf


Para 5º e 6º de Primaria e proxectos interdisciplinares de 1º de ESO:

Baseadas na memoria interxeneracional sobre o clima e a incidencia no seu cambio das prácticas na mobilidade e no consumo pode pedirse o libro Aprendemos coas escolas Climánticas con dinámicas de grupos, actividades de laboratorio e fichas para o estudante de aplicación directa na aula, solucións das mesmas e orientacións didácticas para o docente.

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/escolas-climanticas

Que ten a súa versión de actividades interactivas para desenvolver dende a páxina web en:

http://eduprimaria.climantica.org

Como moitas das actividades de Aprendemos coas Escolas Climánticas están baseadas nas bandas deseñadas de Palmira e Marcial, odisea medioambiental e na novela do proxecto A treboada de C, tamén se poden pedir exemplares ou descargalos:

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/comics/numero-2

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/novelas/a-treboada-de-c/version-completa

Aprendemos coas Escolas Climánticas ademais de ser un libro de fichas para os estudantes acompañadas das súas solucións e orientacións para o docente, contén no seu último capítulo orientacións didácticas baseadas no vídeo xogo on-line de toma de decisións na xestión do territorio, da enerxía e dos recursos para facer fronte ao cambio climático na primeira metade do século XXI.

Os usuarios e contrasinais poden elixilos os estudantes cando entran na aplicación.

http://xogo.climantica.org/?locale=gl


Climántica ten programado un plan de formación de profesores e de estudantes para traballar con estes materiais similar ao curso anterior e que está pendente de aprobación. Todas as iniciativas que se vaian aprobando irán publicándose nesta páxina.

O I congreso de Climántica no que participan 800 docentes pode seguirse en directo por Internet

 


Retransmisión en directo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, xunto coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, organiza o I Congreso Climántica, que versará sobre as respostas educativas ao fenómeno do cambio climático. O Congreso terá lugar no Centro Social Caixanova en Pontevedra os vindeiros venres e sábado, 7 e 8 de maio.

Este foro educativo está dirixido principalmente aos profesores do ensino non universitario, tanto de Galicia como de fóra da comunidade, que queiran dar a coñecer as súas experiencias no ámbito educativo sobre o cambio climático. O número de inscritos neste encontro educativo ambiental ascende a case 800 docentes.

A programación do Congreso contará con importantes intervencións de destacados expertos no campo do Cambio Climático, así como expertos en materia de comunicación que abordará as fórmulas para romper as barreiras da comunicación en relación co cambio climático. O venres 7 de maio, ás 17:00 horas, terá lugar o acto de inauguración e, posteriormente, o xornalista e presidente da Real Academia das Ciencias e as Artes da Televisión, Manuel Campo Vidal ofrecerá a conferencia Estratexias técnicas para superar barreiras de comunicación do cambio climático.


Publicado no DOG a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica

 


Orde do 12 de abril de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica en centros educativos de ensino público, durante o curso 2009-2010.


Climántica recomendado como proxecto docente polo Enviado Especial da ONU sobre o Cambio Climático

 


O Enviado Especial das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático e presidente da Fundación Democracia e Desenvolvemento, o ex - presidente de Chile Sr. D. Ricardo Lagos, manifestou á Xunta de Galicia que despois de analizar con atención e interese o traballo realizado polo equipo de Climántica, considera que é un interesante proxecto de carácter docente e que o recomenda para ser usado con eses mesmos fins. O respaldo do Enviado Especial de Nacións Unidas fíxose efectivo mediante unha carta recibida o pasado 14 de abril a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.

O interese da ONU en Climántica manifestouse por primeira vez mediante a petición dun informe por parte da súa sede en Xenebra. Unha vez presentado este informe, a Xunta de Galicia presentouno na súa sede de Nova York o 2 de xuño de 2008. Posteriormente presentouse tamén como proxecto de boas prácticas de España, a proposta da Oficina Española para o Cambio Climático, no Seminario europeo das Nacións Unidas celebrado en Estocolmo en maio de 2009.


Curtometraxe de debuxos animados "2101 Regreso a Climántica” en Climántica TV

 


Climántica ben de publicar no seu canal de Proxecto Climántica de Climántica TV a curtometraxe de debuxos animados 2101 Regreso a Climántica no que Palmira e Marcial, no inicio do século XXII, nos explican o proxecto Climántica e as súas orixes.


Climántica desexalles un feliz Nadal e un ventureiro aninovo 2010

 


A todas e todos os usuarios deste sitio web, o equipo Climántica quere agradecerlles o seu apoio con esta felicitación. Tamén esperamos poder seguir colaborando con vostedes para que entre todos poidamos continuar no 2010 na procura desa calidade de educación que sabemos que se necesita para aumentar o coidado do noso ambiente particular e para mellorar a situación da humanidade e do planeta en xeral.

Durante o ano 2010 seguiremos estando á súa disposición en climantica@climantica.org


Climántica foi a representación de Galicia nas presentacións de experiencias do V Congreso Educared

 


Climántica presentouse na xornada inaugural do V Congreso de Educared que se está a celebrar en Madrid dende o 26 ao 28 de novembro de 2009 e resultou ser o único proxecto de Galicia seleccionado para a comunicación presencial de experiencias, e como tal, constituíu a representación da Xunta de Galicia nas sesións simultáneas de presentacións de experiencias.

Este congreso consolidouse como o acontecemento de maior impacto e participación de cantos se ocupan do uso educativo de Internet, especialmente no entorno iberoamericano. Nesta ocasión, a principal novidade foi que ademais das sesións presenciais, durante os meses previos estivo desenvolvéndose un innovador Congreso virtual no que participaron máis de 10.000 persoas e no que Climántica tivo unha excelente acollida, que resultaría determinante para a selección das súas experiencias web 2.0 para comunicar nesta parte presencial.

Este Congreso conta coa presenza de destacados especialistas en educación e Novas Tecnoloxías, entre os que se encontran o ex Ministro de Educación de Portugal, Roberto Carneiro; a Directora de Programas Educativos da Fundación Telefónica, Marián Juste e o Secretario Xeral da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI), Álvaro Marchesi, contando con Brasil como país invitado.

Unha das temáticas máis destacadas no proxecto, foi a expansión das redes sociais interactivas, sobre o que se sustenta a expansión en rede de Climántica. Para debater sobre cómo afectan estas á educación ou qué límites se deben por no seu uso, Bernardo Hernández, Director Mundial de Marketing de Google, debateu sobre este tema con Zaryn Dentzel, creador de Tuenti, que actualmente é a rede social preferida dos xoves, encargándose da moderación da mesma o periodista Manuel Campo Vidal.

Na primeira das dúas comunicacións de Climántica neste congreso, o director do proxecto, Francisco Sóñora Luna, presentou Climántica como un proxecto web 2.0 mediante a comunicación titulada “Innovación 2.0 en la Pedagogía del Cambio Climático con www.climantica.org”. Comezou situando a Climántica como un proxecto global de Educación Ambiental en rede co obxectivo básico de intercambiar ideas e experiencias, xerar produtos didácticos interdisciplinares, enriquecer o currículo de Educación Ambiental e abordar as principais problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático. En canto ao público diana, expuxo que estaba dirixido á cidadanía en xeral e a todos os niveis do sistema educativo con produtos como unidades didácticas, blogs, documentais, novelas, videoxogos, comics, curtos de animación e revistas. Tamén indicou que pon á disposición do cidadán leccións e cursos web de autoaprendizaxe e autoavaliación, ofrecendo contidos en galego, castelán, portugués e inglés.

Destacou ademais que os libros didácticos, (un e dos), que abren cada unha das etapas teñen unha aplicación moi directa nas clases de secundaria e universidade, porque o seu deseño global e interdisciplinar posibilita que a súa aplicación nas diferentes áreas, materias e módulos resulte interesante, sinxela e eficaz, tal e como evidencia o seu uso en clases de Bioloxía, Xeoloxía, Xeografía, Historia, Física, Química, Tecnoloxía e Economía, entre outras. Pero suliñou que o valor máis importante destes libros é a súa capacidade e flexibilidade para orientar ao profesorado na súa adaptación e aplicación para as súas clases.

A continuación situou os seus grandes modelos de aplicación no sistema educativo, destacando para o ensino Secundario o modelo de aplicación en ESO en Proxecto Interdisciplinar, mediante o material didáctico denominado Climaeucambio , por cuxo contido se pode navegar desde o seu apartado de Clima mozo , que permite tamén acceder á aplicación web desenvolta por Meteogalicia de MeteoEscolas que posibilita a representación e comparación dos datos obtidos polos estudantes dende as súas estacións meteorolóxicas. Sinalou ademais a importancia que ten para esta proposta a presenza dun blog temático de Meteoroloxía dinamizado polo técnico de MeteoGalicia Juan Taboada. Outro sistema de Blogs que destacou polo seu éxito académico, foi o que permite o desenvolvemento da nova materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo con edublogues e sobre o que nestes intres se está desenvolvendo a formación da segunda promoción de profesores que o van a aplicar mediante un curso semipresencial que implica 9 sábados presenciais, sendo fundamentais os libros didácticos de cambio climático e de enerxía e cambio climático , curso que tamén se está a desenvolver en Portugal co apoio institucional da Unesco, presentando tamén a importante argumentación que xa se está a desenvolver nos blogs de aula dos 15 centros piloto de Coimbra. Rematou os modelos académicos presentando o modelo de aplicación en Primaria mediante o material didáctico Aprendemos coas Escolas Climánticas en papel e a versión dixital na subweb Primaria.

Por último fixo mención á importancia da web para toda a cidadanía divulgando a actualidade do proxecto en sistema blogue e posibilidade de navegación HTML polo contido das unidades didácticas editadas en papel, que na actualidade son a de cambio climático e a de enerxía. Tamén fixo fincapé nas leccións de autoaprendizaxe sobre cambio climático do apartado de Formación así como a visualización de múltiples vídeos no apartado de Climántica TV e da descarga da primeira novela da colección de Contos Climánticos A Treboada de C do escritor Agustín Agra e tamén dos comics de cambio climático e enerxía. Rematou a súa intervención destacando a importancia do videoxogo web CLMNTK, que é un xogo interactivo de simulación en rede no que os xogadores teñen que xestionar novas poboacións para os habitantes que escapan dunha cidade moi contaminada no ano 2015, conciliando a sostibilidade, o progreso, e a economía, co benestar social da poboación e o respeto ao medio ambiente, tentando que o contorno non se vexa afectado.

A continuación interveu a coordinadora dos blogues de aula, Susana Vázquez, presentando coa súa comunicación a importancia deste recurso na aula en base a exemplificacións da aplicación nun centro do desenvolvemento da nova asignatura común para todos os estudantes de 1º de Bacharelato de España, Ciencias para o Mundo Contemporáneo utilizando estes edublogues no desenvolvemento da totalidade da asignatura.


II Congreso de estudantes CLMNTK

 


Climántica celebra mañá o seu día máis grande, o congreso de fin de curso CLMNTK dos grandes protagonistas deste proxecto: os estudantes.

Neste congreso preséntanse os traballos dos 581 estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade. Os traballos presentados foron elaborados ao longo do curso co obxectivo de sensibilizar a toda a poboación. Todos eles quedan editados no nº 2 da revista CLMNTK que se pode descargar en pdfs organizados por centros educativos no subapartado Revista do apartado Biblioteca. Os traballos multimedia poden visualizarse desde o subapartado Alumnos do mesmo apartado Biblioteca.

As actividades desenvoltas en plenario quedan recollidas neste programa e as rutas de autobuses organízanse de acordo a estes 13 itinerarios.

Os 30 estudantes de Primaria e ESO premiados  desenvolverán este itinerario formativo viaxando a vela nunha goleta polas rías de Arousa e Vigo entre os días 25 e 29 de xuño. Os premiados de Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade desenvolverán o seu campamento formativo en Allariz entre o 7 e o 11 de setembro e o seu programa publicarase nesta web.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesturas quere destacar a elevada calidade dos traballos, felicitar aos estudantes pola excelencia e dedicación mostrada nestes traballos  e recoñecer aos docentes e as familias o seu apoio, orientacións e motivacións, condicións todas elas necesarias para esta producción intelectual e a súa presentación no II Congreso CLMNTK.

Autorización para alumnos de ESO
Autorización para alumnos de Bacharelato

Climántica no Día Mundial do Medio Ambiente

 


Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, Climántica presenta o programa do II congreso CLMNTK de estudantes e publica “Se queimamos quentamos” en versión navegable html. Esta segunda unidade didáctica aborda a historia das crises enerxéticas e os prezos ambientais das revolucións que nos sacaron delas, para situarnos na actual crise enerxética dos combustibles fósiles e no reto do cambio climático. A unidade finaliza con un resumo de boas prácticas e posibles solucións ambientalmente favorables, aludindo a futuras fontes enerxéticas.

Tamén se publica hoxe o número 2 do cómic de Educación Ambiental “Palmira e Marcial, odisea medioambiental, que recolle e adapta o contido de “Se queimamos quentamos”. Tanto este número, como os 8 capítulos da segunda unidade, están dispoñibles en formato pdf para a súa descarga desde o apartado ‘Biblioteca’.

Dentro desta segunda etapa de Climántica –e inspirándose no seu contido- tamén se desenvolveu o material didáctico para Primaria “Aprendemos coas Escolas Climánticas, que a súa vez se apoia nos cómics, na novela e no videoxogo CLMNTK, e cuxas actividades tamén se poden facer de forma interactiva desde o apartado de Primaria desta web.
 
Climántica fixo un esforzo especial na produción didáctica durante este curso 2008-2009 e únese, así, ao chamamento de Educadores pola Sostibilidade da Organización de Estados Iberoamericanos para converter este 5 de xuño nunha xornada de activismo educativo en prol dun Protocolo de Copenhague realmente efectivo. Unha xornada que impregne a actividade escolar e irradie a súa acción a toda a sociedade, tanto ese día como o resto del ano, animando desde a Educación Ambiental aos responsables políticos para que convertan este Protocolo nunha prioridade para nosa supervivencia e a das demais especies. Ademais, quere estender este chamamento á súa rede educativa para que desde os seus blogues se unan a este activismo medioambiental que tan ben están despregando nos seus centros educativos. .

Climántica no Seminario Europeo sobre o Artigo 6 da convención de Nacións Unidas

 


Actualización: Presentación de boas prácticas

O proxecto Climántica foi un invitado máis no Seminario Europeo sobre o Artigo 6 da Convención marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático como modelo de boas prácticas a proposta do punto focal de España. Neste seminario, que se celebrou en Estocolmo os días 18, 19 e 20 de maio, abordáronse modelos de boas prácticas europeas en educación, formación e sensibilización do público sobre o cambio climático.

Sitio web oficial: European Regional Workshop on Article 6 of the Convention


Documental en ClimánticaTV sobre a presentación oficial da introducción de Climántica en primaria

 


O venres 30 de xaneiro de 2009, coincidindo coa clausura da Xornada de orientación para a introducción de Climántica en Educación Primaria, procedeuse á presentación oficial da introducción en 5º e 6º de Primaria a través da área de Coñecemento do medio, da que se pode ver xa o documental que recolle este acto en Climántica TV.

A Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria abriu esta parte institucional, outorgándolle  a palabra ao director de Climántica quen presentou as características do proxecto. Entre estas características destacou que Climántica é un proxecto interdisciplinar de Educación Ambiental en rede que aborda todas as problemáticas ambientais relacionándoas co cambio climático, onde os produtos permiten o desenvolvemento de proceso, xerando novos produtos, e onde as competencias básicas e o diálogo disciplinar domina sobre a lóxica disciplinar, mantendo un equilibrio entre rigor científico e espíritu lúdico, e entre razón e emoción. Salientou tamén o desenvolvemento satisfatorio en rede que lle permitiu superar fronteiras servindo máis de medio millón de páxinas a través da súa páxina web.

En relación ao desenvolvemento da xornada, indicou que nela se orientou  ao profesorado sobre a introdución do proxecto en base aos seus cinco centros de interese: enerxía e cambio climático, residuos, auga, biodiversidade e territorio. Tamén explicou a oportunidade de chegar neste momento á Educación primaria, unha vez deseñadas as dúas primeiras unidades que configuran o primeiro centro de interese: enerxía e cambio climático. Outro motivo no que fundamentou esta oportunidade é na edición dos tres tipos de produtos globais, lúdicos e imaxinativos necesarios para dotar de recursos, contidos globais e actividades a proposta para Primaria: os dous números da serie de banda deseñada Palmira e Marcial, odisea medioambiental, correspondentes ás dúas primeiras etapas, a novela A treboada de C da  colección Contos Climánticos e o videoxogo infantil CLMNTK sobre xestión enerxética e territorio no marco da sociedade futura do cambio climático.

Por último presentou a secuencia de  actividades Aprendo coas Escolas Climánticas - I elaboradas dende o primeiro centro de interese: Movémonos e consumimos de forma moi diferente a como o facían os nosos avós. Isto provocou o cambio climático, pero coa miña axuda podémolo frear e usando os recursos e contidos globais dos tres tipos de produtos.

A continuación a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria tomou a palabra destacando que Climántica é un proxecto moi querido pola variedade, calidade e os resultados que aporta un traballo interdepartamental e interdisciplinar. Destacou os seus óptimos resultados no ensino secundario onde máis de 12.000 estudantes están traballando co proxecto.

Abordou tamén a importancia da Educación Ambiental para afrontar de forma conxunta o reto do cambio climático. Indicou que a  preocupación mediática e social do problema non lle pasa desapercibida aos escolares, que preguntan sobre o que escoitan en relación aos fenómenos asociados ao cambio climático. Tamén salientou que a Unión Europea, ao igual que todos os demais organismos internacionais, poñen o acento na educación para as medidas e solucións futuras.

Comentou tamén a grata impresión que causou o proxecto na ONU, cando o presentou en xuño, na compañía do Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, destacando a valoración que este Organismo fixo do seu potencial de réplica e o apoio recibido para implantalo noutros países, como é o caso das experiencias piloto en Arxentina, Cuba e Portugal.

Por último, apuntou a súa previsión de que a introdución en Primaria que motivou a xornada, conducirá a unha implantación ao menos tan exitosa coma a que tivo en Secundaria, destacando que todos sabemos que os mestres e os estudantes de primaria destacan pola súa capacidade de innovación e dinamismo.

A continuación tomou a palabra o Conselleiro de Medio Ambiente, felicitando  e agradecendo á Consellería de Educación por colaborar nesta iniciativa que vai á raíz para abordar o reto, ao entrar con el na educación dos máis novos.

Considerou que este é un exemplo bo para práctica política, por canto que saca aos gobernantes da tentación de vivir ao día e pensar no inmediato. Por iso subliñou a importancia de manter este camiño iniciado, do que o seu departamento estaba orgullosos ao sentir que se están sentado bases de futuro, e por ter un modelo que outros queren copiar. Polo que concluíu agradecéndolle á Consellería de Educación por dar a oportunidade de chegar xa co reto do cambio climático aos que van a ser os axentes activos na solución.


Climantopía: A primeira lenda

 

 
"Climantopía: a primeira lenda" é a primeira banda sonora que se compón no marco do proxecto Climántica. Os seus autores son profesores de música que forman un cuarteto de jazz que aposta pola composición e  interpretación de temas capaces de facer e  mellorar contextos ambientais, co potencial que isto supón para a Educación Ambiental.

Neste primeiro tema musical, o cuarteto de Climantopía preséntannos un tema musical que invita á reflexión, esperta a imaxinación, e fai aflorar sentimentos positivos, creativos, participativos, colaboradores e dialogantes; aspectos imprescindibles na formación de cidadáns capaces de facer fronte aos grandes retos do século XXI, como é o cambio climático.


Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino