CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Unha investigación científico escolar sobre berberecho e cambio climático

 


O proxecto Climántica puxo en marcha unha investigación científico – escolar de alumnos colaboradores de grupos de investigación científica co Campus do Mar, no marco da Alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cen – Erasmus+, aprobada e financiada pola Unión Europea neste curso, que vai a coordinar o Virxe do Mar de Noia.

Esta experiencia piloto científico - escolar tivo lugar na praia de Testal o luns 27 de marzo de 2017, dirixida pola catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo, e coa colaboración da Cofradía de Mariscadores. Con esta investigación científico - escolar, preténdese iniciar unha serie periódica de datos significativos anuais sobre o recrutamento de berberechos en Testal, formando parte dunha metodoloxía de investigación fundamental para facer o seguimento de posibles incidencias futuras do cambio climático sobre este recrutamento.
 


Climántica deu así un paso máis na súa liña metodolóxica consistente en que os escolares podan contribuír a xerar series datos científicos que permitan facer un seguimento dos efectos do cambio climático e demais factores que inciden no cambio global no océano, unha das liñas de traballo da candidatura seleccionada pola Unión Europea.

Nesta investigación científico – escolar, os alumnos seguiron o método científico para recoller datos relevantes para o equipo de investigación da Universidade de Vigo, que forma parte do campus de excelencia internacional Campus do Mar. Para centrar aos alumnos no método científico, a catedrática Elsa Vázquez, propuxo a hipótese de partida de que nos bancos marisqueiros os berberechos distribúense de forma homoxénea, independentemente do nivel da marea e do tamaño do animal.



Para probar ou refutar a hipótese, os estudantes investigaron, coas orientacións de investigadores da Universidade de Vigo, a variabilidade espacial no recrutamento e na estrutura das tallas do berberecho entre os niveis de marea dun banco marisqueiro intermareal.

A metodoloxía, que se lles explicou aos alumnos o venres 24, nunha clase de preparación da actividade consistiu en facer dúas mostraxes co método de transecto, estirando dúas cintas métricas paralelas á liña de costa, unha no mesolitoral inferior e outra no mesolitoral medio.



En cada transecto, cada 25 m, marcouse con unha estaca de madeira un punto de mostraxe (ao menos 20 puntos, cubrindo como mínimo medio quilómetro de cada transecto). En cada punto sinalado por unha estaca, delimitouse, con axuda de cadrados de mostraxe, unha superficie de 25 cm x 25 cm. Nese cadrado, coa axuda dunha pala, colleuse area ata unha profundidade de 5 cm, que se depositará en cubos de plástico convenientemente etiquetados, e que se peneirarán nunha torre de peneirado.



Despois de peneiradas cada unha das mostras de cada un dos puntos de mostraxe, mediranse, coa axuda de calibres, en cada berberecho, a lonxitude anteroposterior, anotaranse os datos nunha táboa Excel, onde por cada punto de mostraxe de cada un dos dous transectos, contaranse os berberechos por cada unha das cinco clases de tamaños definidas, dende a de menor tamaño (recrutas) ata a de maior tamaño (adultos).



Cada un dos 20 grupos de investigación cargou os datos dos seus dous puntos de mostraxe, en cada un dos dous transectos, nun ficheiro excel compartido en Google Drive. Deste xeito conseguíronse os totais de berberechos de cada clase de tamaño nos dous transectos. Estes datos representáronse nun diagrama de barras, de tal xeito que por cada clase de idade apareceron dúas barras, unha por transecto, que permitirán comparar si hai diferenzas significativas por tamaño e por transecto, o que será a base para aceptar a hipótese ou rexeitala, permitíndolles obter as conclusións da investigación e extraer as súas implicacións ambientais.

Unha investigación que este curso se presentará en Canarias, Segovia e en Portugal

Esta investigación, presentarase no intercambio climático triautonómico Galicia – Canarias - Castela, na que ademais desta investigación, Galicia estará representada por outras catro investigacións desenvoltas, con metodoloxías do proxecto Climántica, cada unha delas lideradas por un centro diferente. O IES Rosalía de Castro de Santiago presentará a súa investigación sobre o granito do casco urbano, o IES Praia Barraña de Boiro sobre o mexilón da batea á conserveira e sobre os efectos do cambio climático sobre a píllara das dunas, o IES Poeta Añón de Outes sobre os salmónidos no río Tambre, e o CPI Dos Dices de Rois sobre o bosque de ribeira do río Rois. Esta investigación tamén se presentará en Aveiro o 20 de maio de 2017 na Conferencia galego-luso do Día Mundial dos Océanos.
 

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino