CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Presentación na UNED de La Laguna das investigacións dos 5 concellos

 


O proxecto Climántica presentaron o venres 31 de abril as cinco investigacións escolares galegas do intercambio triautonómico deste ano, na localidade canaria de La Laguna. Presentáronse a investigación científico escolar sobre o berberecho, o impacto do cambio climático sobre a píllara das dunas en Praia Barraña, do IES Praia Barraña de Boiro, os impactos sobre os salmónidos do Tambre, do IES Poeta Añón, o papel do bosque de ribeira na adaptación ao cambio climático e demais factores ambientais que afectan ao equilibrio ecolóxico do río Rois e os efectos do clima sobre o granito do urbanismo de Santiago, do IES Rosalía de Castro.

La Laguna, 31 de marzo de 2017. Os alumnos representantes dos cinco institutos galegos que se desprazaron á Illa de Tenerife a presentar as súas investigacións escolares sobre os efectos do cambio climático no entorno, presentaron hoxe as súas investigacións escolares no auditorio da Universidad Nacional a Distancia (UNED) de la La Laguna.

As intervencións dos institutos galegos fixéronse por orde alfabático do concello. Interveu en primeiro lugar o IES Praia Barraña de Boiro, explicando as súas investigacións sobre os efectos do cambio climático sobre a píllara das dunas na praia que está ao lado do instituto. Remataron a súa intervención con novas propostas para as medidas necesarias a maiores das que xa propuxo a Xunta de Galicia.



O segundo centro en intervir foi o IES Virxe do Mar de Noia. Na súa quenda de intervención os catro alumnos presentaron a investigación que desenvolveron os sesenta alumnos que se desprazaron o luns 27 de marzo a Testal. Explicaron o problema que querían investigar, que era saber si o cambio climático afecta ao recrutamento e distribución dos berberechos de Testal, para o que decidiron iniciar unha investigación con mostraxes anuais. Despois de explicar a hipótese, a aplicación do método de mostraxe utilizado, o carga de datos de cada grupo, expresaron as súas conclusións, apoiándose na gráfica. Nestas destacaron que non había recrutas en ningún dos transectos, o que xustificaron en base a que as larvas aínda estaban na auga, e aínda non se fixaran á area, o que é coherente coa bioloxía da especie. Para explicar a maior presenza de adultos no intermareal inferior ca no intermareal medio, aportaron dúas posibles alternativas, a migración dos adultos cara a parte inferior do intermareal, ou que sexa resultado da actividade marisqueira, o que quedaron en clarificar no mostraxe de setembro antes de iniciar a campaña marisqueira.



A continuación presentaron o seu proxecto os alumnos de Outes, que abordaron os efectos do cambio climático nos salmónidos do río Tambre. Para poder abordar o tema, os alumnos situaron a bioloxía migratoria e reprodutiva desta especie, e en base a ela, fundamentaron a diminución de recrutamento dos salmóns no río Tambre.



Seguindo a orde alfabética dos concellos, interveu en cuarto lugar o CPI dos Dices de Rois. Esta investigación centrase en facer un seguimento anual de flora e fauna nun tramo do río Rois, escollido pola proximidade do centro. Escolleron un tramo do río que lle permita ir andando. Alí analizaron a biodiversidade de flora e fauna, os parámetros físico químicos da auga, os macroinvertebrados, o caudal da auga e os efectos antropoxénicos como os cultivos da ribeira, os impactos sobre o bosque de galería e as fontes de contaminación.



O último centro en intervir foi o IES Rosalía de Castro de Santiago. Os ca . Presentaron a influencia histórica do clima e dos seus cambios sobre o granito presente no urbanismo do casco histórico de Santiago.



Catro días máis en Canarias para investigar cos alumnos de Tenerife

Esta actividade deu inicio a unha serie de investigacións ambientais en Canaria nas que os alumnos dos cinco concellos galegos investigarán xunto cos seus colegas Canarios sobre os impactos ambientais do cambio climático nos ecosistemas de Canarias e a importancia das enerxías renovables nas illas. Despois de compartir coas familias de intercambio o fin de semana, os alumnos iniciarán os traballos de investigación o luns 3 de marzo e rematarannos o xoves 6 de marzo de 2017.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino