CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Un congreso que abriu a segunda década

 


O proxecto Climántica, co respaldo do grupo investigación SEPA – Interea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a colaboración dos campus de excelencia de Galicia desenvolveu o Congreso do 10º aniversario de Climántica. Este evento, que se celebrou na Facultade de suposo tamén a posta en marcha do primeiro curso de formación do proxecto europeo EduCO2cean-Erasmus+.



Na inauguración do evento, Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica deu a benvida a todos os docentes, agradeceu ás institucións, fundacións, asociacións e concellos que apoiaron ao proxecto Climántica ao longo dos 10 anos de presenza nas comunidades educativas. Tamén agradeceu a todos intelectuais que fixeron achegas relevantes, entre os que se atopaban todos os relatores deste congreso. Pero sobre todo agradeceu ás comunidades educativas, das que había unha boa mostra nos máis de 100 centros educativos aos que pertencían os inscritos, por haber adaptado este proxecto ás súas realidades educativas.



A continuación tomou a palabra, Juan Ignacio Pozo, catedrático de Psicoloxía Básica da Universidade Autónoma de Madrid, un dos investigadores españois en Psicoloxía da aprendizaxe de maior relevancia internacional. Durante a súa intervención explicou as barreiras psicolóxicas para cambiar as actitudes ambientais. Fixou nestas barreiras.

Partiu do principio que para responder aos retos ambientais en xeral e ao cambio climático non abonda conseguir que as persoas adquiran coñecementos, senón que teñen que cambiar os comportamentos.

Para conseguir estes cambios desexables destacou varias estratexias como os clásicos ou premios, tendo que ser estes últimos moi importantes. Pero destacou como máis relevantes a persuasión, someter aos alumnos a conflitos que os leven a reflexionar sobre incoherencias e a facer inferencias, aplicando o principio de disonancia cognitiva que mantén que non facemos o mesmo o que dicimos.

Defendeu que cambiando as accións cambiamos ás persoas, para o que debemos xerar contextos nos que estas accións cambien en contextos de gregarismo, que leve aos individuos a comportarse de acordo coas accións compartidas por grupos, facendo entrar en xogo, o papel das emocións.

Tamén puxo en valor a importancia que poden ter neste eido videoxogos de simulación, como CLMNTK, nos que xogando sobre as consecuencias lles permitan reflexionar sobre as accións.

En conclusión, sostivo que temos que lograr o compromiso das persoas a través de accións que obriguen a explicitar as crenzas, repensarse a si mesmos e a reconstruír a propia identidade; porque só así se conseguirán os cambios globais que demandan as boas prácticas ambientais.




A segunda conferencia correo a cargo de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina legal da Universidade de Santiago de Compostela, e director do Centro Nacional del Genotipado, Ángel Carracedo, un dos investigadores de maior relevancia internacional no ámbito da Medicina Xenómica. Este poñente formou ao profesorado sobre a relación dos xenes e o ambiente.

Na súa intervención abordou a relevancia que tivo o ambiente para seleccionar mutacións do DNA, dende o principio da vida, facendo mención ao recente estudo publicado en Nature, referido ao achado, dun equipo internacional liderado pola Universidade de Londres, de fósiles de microorganismos que viviron na Terra fai 3.770 millóns de anos.

En relación á especie humana destacou a importancia do DNA mitocondrial para establecer a nosa evolución, permitindo saber que aparecemos como especie fai 150.000 anos, e coñecer como nos distribuímos, situando con claridade refuxio glaciar franco atlántico. Destacou como outra das claves para os estudos da variabilidade o complexo MHC dos linfocitos.

En relación a variabilidade xenética da especie humana, fixo mención á relevancia do ambiente na selección de variedades, segundo o ambiente, entrando no relativo que resulta o concepto de enfermidade, poñendo como exemplo que a anemia falciforme, unha enfermidade no noso entorno debida a unha mutación que afecta á forma dos glóbulos vermellos, nas rexións de malaria, significa unha vantaxe fronte ao protozoo.

En relación á influencia ambiental de determinadas enfermidades, destacou sobre todo os cancros, e nas que ten maior relevancia os xenes, destacou as enfermidades mentais, situando a esquizofrenia no ámbito das enfermidades autoinmunes e o autismo como unha enfermidade moi xenética, atopándose nun 40% nun xene que falla.

Rematou a súa intervención situándose no ámbito da Epixenética, ao referirse a como o ambiente afecta ao DNA, o que explica que en xemelgos idénticos un cambio en hábitos como poden ser os deportivos, pode inducir cambio significativos. Fixo mención a investigacións en ratos nos que cambios no flora microbiana intestinal inducen cambios fenotípicos relevantes.



Pechou a primeira xornada o profesor titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Pablo Meira. A súa contribución centrouse sobre as representacións sociais do cambio climático, un ámbito no que as súa investigación contan con un elevado impacto a nivel nacional e internacional.

Dende este marco de estudo das representacións sociais do cambio climático, analizou as estratexias que usan os negacionistas para rexeitar o cambio climático. Tamén fixo reflexións sobre o uso das representacións sociais do cambio climático para, sen negar o reto, levalo a un esquecemento.

Entre as xustificacións que uso para chegar a esta conclusión fixo referencia ao uso da linguaxe da incerteza e do risco, que son propias do ciencia do cambio climático, pero que na linguaxe común, incerteza é sinónimo de non certo, a linguaxe común do risco supón que as decisións deben aprazarse ata que se logre a certeza absoluta.

Fronte a este uso das representacións sociais para negar ou ocultar o reto do cambio climático, destacou a necesidade de xerar respostas educativas que fagan que a cidadanía valore a relevancia do cambio climático (situalo na axenda pública), o faga significativo e perciba la urxencia de actuar (valoración da ameaza)... sen xerar sobre-determinación. Tamén destacou a importancia da conexión significativa da cidadanía co cambio climático para que identifique e asuma responsabilidades nas causas e nas solucións, que non se vexa só como vítima (co-responsabilizar, empoderar, contextualizar).



A segunda xornada comezou co simposio “Alianzas estratéxicas no inicio da segunda década de Climántica” que coordinou Francisco Sóñora, director de Climántica.

O primeiro en intervir foi Joaquim Ramos Pinto, presidente da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental, organización que lidera o novo proxecto europeo, e que centrará a súa intervención sobre as sinerxias que se poden entre este consorcio e o proxecto Climántica, para difundir e darlle impacto europeo ao concepto pedagóxico de Climántica.

Na súa intervención fixo referencia á orixe da relación entre Climántica e ASPEA que levou a artellar esta candidatura. Destacou os principais elementos do proxecto: oito tópicos, curso de Polonia, congreso virtual internacional, campus para premiados e seminario docente de investigación – acción sobre o campus, e as relacións metodolóxicas co proxecto Climántica.

A segunda intervención foi a de Rosa María Catalá Rodes, directora xeral do Colexio Madrid de México DF, outra alianza estratéxica que se analizará neste simposio. Esta consistiu na presentación de Climántica en Latinomérica que está a liderar o colexio Madrid de México DF en colaboración coa Universidade Autónoma Nacional de México (UNAM) co apoio da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI).

Partiu da evolución da participación do Colexio no proxecto Climántica ao longo dos últimos cinco cursos, destacando a evolución de proxectos presentaron aos congresos virtuales, os alumnos participantes nos campus de Galicia, a experiencia do campus de Chacahua do 2013 e as actividades desenvoltas en maio de 2016, na UNAM. para lanzar a alianza estratéxica para Rumbo a Climántica Latinoamérica, do que retou ao auditorio a participar no primeiro campus lationamericano, do que aínda non se coñece o país de celebración, pero que podería ser Costa Rica.

Pechou o simposio Francisco Sóñora Luna, director do proxecto Climántica, que expuso as conclusións da sostebilidade e difusión do proxecto, extraídas ao longo dos dez anos de deseñou. Situounas na relevancia do reto, nos seus principios de deseño, na singularidade dos seus produtos e nas liñas metodolóxicas para formar ao profesorado para o uso destes produtos para capacitar aos alumnos coa autores de produtos de sensibilización e axentes divulgadores do reto do cambio climático.

Centrou nas alianzas como as postas de manifesto e na experiencia de ter xa gañado tres concursos de libre concurrencia competitiva as claves do inicio da segunda época, que parte do Alianza estratéxica para innovación e colaboración en boas prácticas educativas EduCO2cean, que se acaba de poñer en marcha.



A segunda intervención do sábado 11 de marzo foi a de José Antonio Caride Gómez, catedrático de Pedagoxía Social e director do grupo de investigación SEPA-Interea, que abordou a relevancia que o ámbito da Pedagoxía Social pode ter para lograr respostas educativas ao cambio climático.

Fixo referencia ao papel que este ámbito de coñecemento pode ter como unha guía e orientación para a tarefa de informar, comunicar e educar á sociedade sobre o cambio climático atribuido á acción humana, un empeño no que están implicados cada vez máis axentes, actores sociais e institucións. Sostivo que pretende así ser unha achega que contribúa aos cambios de hábitos, condutas e estilos de vida necesarios para construír un futuro no que a equidade e a calidade ambiental sexan elementos centrais do noso modelo social.

Aludiu ao enriquecemento conxunto de iniciativas emprendidas en España nos últimos anos para facilitar o tratamento de cuestións relativas ao cambio climático na educación primaria e secundaria, mencionando as cinco recollidas no portal do Ministerio con competencias de Medio Ambiente, nas que figura o proxecto Climántica.



A terceira conferencia do segundo día correo a cargo do catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña, Fernando Gónzalez Laxe que abordou as respostas da Economía Aplicada ao cambio climático desde os ámbitos portuarios e costeiros, un ámbito do que é un dos economistas máis destacados en España.

Sostivo que en España, os portos son básicos e imprescindibles para o desenvolvemento económico. Máis do 60% das exportacións o o 85% das importacións efectúanse polos portos que son sensibles ás modificacións derivadas do cambio climático: subida do nivel do mar, variacións dos niveis das mareas, ondas, ventos, inundacións, etc. Por tanto as operacións portuarias veranse cada vez máis afectadas e as actividades económicas relacionadas co porto serán cada vez máis vulnerables ao cambio climático.

Por outro lado indicou que o Organización Marítima Internacional describiu o transporte polo mar como o máis eficiente en canto a emisións. Pero tamén recoñeceu que contribuía do orde do 3% do total das emisións globais, polo que apostou, para minimizar o problema, pola introdución de barcos máis grandes que usen gas natural.



A conferencia de clausura titulada “Cara onde vai o océano do antropoceno?” foi impartida polo catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, que recolleu os tópicos que desenvolve a alianza EduCO2cean, e que xunto coa intervención anterior, aportará datos moi relevantes para os materiais didácticos que se producirán neste proxecto europeo.

Tras presentar o antropoceno, centrouse no impacto do cambio climático no océano abordando os aspectos, posiblemente os menos coñecidos e tratados. En primeiro lugar abordou o efecto do quentamento das capas superficiais sobre a produtividade primaria e pesqueira e sobre a desosixenación do océano. A continuación tratou a acidificación oceánica, pero non tanto sobre os efectos sobre organismos, senón sobre a química oceánica profunda co seu efecto sobre a reducción da reserva alcalina oceánica.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino