CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Campus Climántica 10º Aniversario (2º co Ceneam)

 
Xa está publicado en Climántica TV o vídeo que resume as actividades desenvolvidas no segundo campus de Climántica co CENEAM, que supuxo o décimo aniversario dos campus organizados polo proxecto Climántica.

Para o seu desenvolvemento seguiuse o cronograma de actividades expresado no programa:
  • Desde o inicio ata o minuto 1:50 resúmense as actividades do primeiro día: cea das nacionalidades, presentación do campus e festival das nacionalidades.
  • Do minuto 1:50 ao minuto 7:38 recóllense as actividades do segundo día. Empeza pola charla “Dez conceptos para responder o cambio climático”, que recolle os contidos sobre cambio climático con potencial para ser incluídos nos proxectos. A continuación recóllese o taller “O cinema sobre cambio climático para inspirar argumentos e proxectos audiovisuais”. A continuación resúmense as actividades da tarde, centrándose na parte dos talleres en dous dos seis que se desenvolveron: o de música e o de teatro. Por último, resúmense o resto das actividades da tarde do sábado 3 de setembro, centradas no itinerario urbano de Segovia: as visitas á Real Casa da Moeda, á Colección de monicreques Francisco Peralta, explicación da ocupación urbana histórica da cidade por parte do Concelleiro de Urbanismo e entrevistas para recoller datos para os proxectos audiovisuais.
  • Do minuto 7:38 ao 12:50 recóllense a benvida do Alcalde de La Granja de San Ildefonso, seguida da visita ao Palacio Real desa localidade. A continuación pásase aos talleres da tarde, recollendo en neste caso imaxes de catro dos seis: teatro, artes plásticas, comunicación e foto e vídeo. Tamén se recollen imaxes dunha actividade de investigación - acción do seminario docente. As últimas actividades da segunda xornada que se recollen son as correspondentes á festa do fin de xornada, que neste día estivo centrado no xogo - concurso musical “Esta canción sóame” e no karaoke fin de festa.
  • Do minuto 12:50 ao 24:30 recóllense as actividades do luns 4 de setembro, terceiro día de campus. Empeza este día coa benvida de Javier Pantoja, director do CENEAM. A continuación recóllense as principais evidencias do cambio climático que mostrou Francisco Heras, coordinador da área de Educación do CENEAM, no itinerario da ruta de Cotos - Lomba do Noruegués. Por último, as imaxes que se recollen no vídeo dese día é o baño no río de Valsaín.
  • Do minuto 24:30 ao 26:18 recóllese clausúra do Seminario docente coa intervención de Pablo Meira o martes 6 de setembro, que abordou cos profesores que participaron no seminario en calidade de orientadores dos traballos dos alumnos premiados, o tema “Cambio climático e a relación entre a cultura científica e o coñecemento popular”.
  • Do minuto 26:18 ao final recóllese a presentación de proxectos no teatro municipal de Segovia, co que se pechou o campus ao final da mañá do día 6 de setembro. Este acto final iníciase coa presentación - inauguración. A continuación preséntanse os 4 curtos elaborados polos grupos de proxectos audiovisuais que se presentaron por esta orde:
Grupo 1: “Gústame camiñar”
Grupo 4: “Ao verde vivo”
Grupo 3: “Pero..., e se isto non fóra sempre así?”
Grupo 4: “Un heroe inesperado”
Finaliza o vídeo con dous momentos de dúas escenas do musical “Respostas de Gaia fronte ao cambio climático” que conxuntou o traballo de música, teatro, danza e artes plásticas do campus.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino