Sinopse: Un grupo de mozos vese sorprendido por un terremoto que lles deixa incomunicados. Xuntos reflexionan sobre as causas do cambio climático e contarán cunha axuda inesperada que lles fará ver o problema desde unha perspectiva moito máis clara. Se coñecemos como será o futuro, por que non actuar agora?
Sinopse: Unha hora sen Wi-Fi é a escusa perfecta para sentar de maneira relaxada e coñecer mellor o noso planeta. Este grupo preséntanos os seus lugares de orixe, coas súas virtudes e os seus defectos. Mentres tanto, nunha empresa calquera, o ritmo do mercado envolve de verde os mesmos produtos que os levaron a este punto crítico.
Sinopse: Cando todo parece perdido por culpa do abuso do transporte privado e do malgaste de recursos, sempre cabe un raio de esperanza. E é que basta un mal soño, unhas palabras ben encamiñadas, para promover un cambio de actitude mesmo nos máis escépticos sobre o cambio climático.
Sinopse: "Ao verde vivo" é unha declaración de intencións, un programa reivindicativo que pon o foco nos problemas que afectan o planeta, abordando temas tan variados como o cambio de temperaturas e precipitacións, o investimento en enerxías renovables, o urbanismo sustentable ou a protección de especies. Todo iso cun equipo formado por expertos, políticos e afectados, e un amplo abanico de imaxes que non lles deixarán indiferentes.