Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable
Como evolucionou o clima dende a orixe da terra?
Cambio normal do clima
Variacións do clima debidas á actividade humana
Consecuencias do cambio climático e impactos sobre os ecosistemas terrestres
Impactos sobre os ecosistemas mariños
Cambio climático, economía e sociedade
Contido navegable da primeira etapa editada en febreiro de 2007.
Pode descargarse en pdf na sección de biblioteca, así como os seus productos da súas segunda fase, nº 1 de Palmira e Marcial, odisea medioambiental e libro de climatoloxía e cambio climático para 12-14 anos "Climaeucambio"
Publicado o
30 09 2023 as 13:54
|| Categoría
Climántica
O vídeo recolle
os resultados logrados coa creatividade colectiva dun total de 142 persoas de
seis territorios diferentes que formaron parte do campus internacional de
Climántica celebrado na primeira semena de setembro en Aveiro. Mantén esta sede
dende o 2017, avanzando en cada edición no fortalecemento do consorcio que
mantén con Fábrica, Centro Ciencia Viva da Universidade de Aveiro. Neste video pode visualizarse o musical desenvolto:
Este ano
contouse coa novidade da participación da coñecida cantante galega Sés (María
Xosé Silvar) , que impartiu a conferencia plenaria “Si teórica é a causa,
prácticas son as consecuencias” e formou aos estudantes que cantaron no musical
as súas cancións.
Ao inicio de cada
curso académico, o proxecto Climántica e o centro de divulgación científica
Fábrica Ciencia Viva organizan un campus internacional no que estudantes de
diferentes nacionalidades traballan en equipos internacionais e diversos en
canto a idade, talentos e motivacións. Eses traballos nesta edición fixéronse
en 10 equipos: seis traballan para crear curtametraxes documentais
cinematográficos de ficción, un para crear unha curtametraxe sobre un proxecto
STEM no que se elabora un satélite de predición do cambio climático e se plasma
o seu funcionamentos. Os tres grupos restantes coordínanse para crear unha obra de teatro musical (banda,
teatro e artes plásticas para a proxección).
A obra de teatro
musical é unha creación do profesor Carlos Maquieira en colaboración coa actriz
Irene Maquieira e leva por título “Tragedia”. Na parte musical da obra
incluíronse tres cancións da cantante galega Sés, quen se desprazou a Aveiro
para levar a dimensión musical de canto. Esta recoñecida cantante galega, dende
a súa faceta intelectual de licenciada en Antropoloxía social e cultural,
impartiu tamén unha conferencia plenaria titulada “Se teórica é a causa,
prácticas son as consecuencias.
O liderado dos 10
equipos de traballo correspóndelle a mozas e mozos que cando eran escolares
asistiron e destacaron en varios campus internacionais que Climántica organiza
nos inicios de curso. Os estudantes que destacan durante os campus e teñen
interese en pasar a coordinadores de equipos, ao finalizar segundo de
bacharelato fórmanse para ser coordinadores de equipos nos cursos seguintes.
Durante o
desenvolvemento do campus os docentes acompañantes asistiron a un seminario
docente sobre novas formas de aprender e ensinar o cambio climático no que
analizaron os contidos, metodoloxías e resultados que foi deixando o
desenvolvemento do campus. Este seminario está homologado con 24 horas de
formación permanente do profesorado polo Ministerio de Educación e Formación
Profesional.
O último día
presentáronse os sete produtos audiovisuais e representouse o musical no
auditorio po Pazo de congresos municipal de Aveiro, onde tamén foi inaugurado o
campus polo Alcalde de Aveiro, polo
Vicerreitor da Universidade de Aveiro e polos directores de Fábrica Ciencia
Viva e de Climántic.
Os produtos
presentáronse por este orde:
1. Curtametraxe cinematográfica “Cortad
las cuerdas”. Coordinada por Aitor Alonso. Esta curta destapa como nosas
accións cotiás alimentan o cambio climático sen que nos deamos conta. Desde o
uso excesivo de plásticos ata a dependencia de combustibles fósiles, exploramos
como a inercia do sistema lévanos por un camiño insostible. A través de
exemplos impactantes exponse a urxencia de tomar medidas individuais e
colectivas para reverter esta tendencia destrutiva e construír un futuro máis
sostible para o noso planeta.
2. Curtametraxe cinematográfica
“Reflexión”. Coordinada María Arufe. A súa trama expresa como a medida que
pasan os seus días a protagonista vai recibindo sinais sobre a crise ambiental
que a levan a reformularse o seu estilo de vida. Pero tamén descobre que non
todo esta en a palma da súa man..
3. Curtametraxe cinematográfica “Nuestro
futuro en corto”. Coordinada por Noemi Castilló. Trátase dunha recompilación de
curtos moi breves nos que se reflicten diversos problemas causados polo cambio
climático ou que poderiamos vivir nun futuro non moi afastado.
4. Curtametraxe cinematográfica
“Antipollutor-3000”. Coordinada por Manuel García. Contextualízase nun universo
utópico, no que un artiluxio máxico denominado Antipollutor-3000 elimina sen
esforzo os gases contaminantes da atmosfera. Este aparato, xunto coa
concienciación global da poboación, acaba co cambio climático. A protagonista
atopará na realidade unha escena moi distinta.
5. Curtametraxe cinematográfica
“Climavisión” Coordinada por Xaquín Tarrío A través do uso dunhas misteriosas
lentes que aparecen na súa porta, a protagonista Sara empezará a reflexionar
sobre as causas e consecuencias das accións da súa día a día.
6. Curtametraxe cinematográfica “La ropa
que vestimos, el planeta que destruimos” Coordinada por Noelia Suárez. As redes
sociais teñen cada vez máis influencia sobre o noso hábito de consumo de fast
fashion. Neste vídeo exponse o impacto das nosas compras tanto a nivel social
como ambiental, reflexionando sobre o cambio climático.
A última
curtametraxe que se proxectou recolle un proxecto STEM sobre a construción por
parte dos estudantes dun satélite de predición do cambio climático e do
análises do seu funcionamento
.
A súa
coordinadora, a enxeñeira aeroespacial Úrsula Martínez Álvarez, que se
incorporou a Climántica con 13 anos e trasladou a este produto o contido da súa tese de doutoramento que ten
previsto defender en febreiro. Co título “Observando la Tierra” expresa como un
grupo de estudantes mostran a importancia da información obtida por medio de
satélites de observación terrestre para o diagnóstico do cambio climático. No
papel de científicos e reportreos, explícannos máis acerca destes importantes
satélites.
A presentación
dos produtos rematou coa representación do musical “Tragedia” rematando con un
bis da canción “Canto Aquí, Canto na Habana” na que a súa autora, a cantante
Sés, que estivo formando aos estudantes durante o campus, subiu ao escenario
para cantar con eles.