CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Galicia e Canarias comparten os días mundiais do Planeta e do ADN

 

Os seis institutos galegos da rede de proximidade de Climántica para a investigación escolar, en intercambio coa súa rede do colexio Decroly de Canarias, compartiron investigacións en Galicia e en Canarias que presentaron no Coliseo Noela os seus investigaciónes sobre a biodiversidade en Galicia e en Canarias. Eses proxectos centráronse en dous tipos de especies nas dúas rexións climáticas. O primeiro tipo de especies que se abordaron son especies moi adaptadas ao clima de interese socio económico que poden estar en risco. O segundo tipo son especies invasoras que ven favorecidas nesa invasión polo cambio climático.



Para ese simposio escolar se conjuntaron el viernes 20 de abril en Noia 300 alumnos un grupo con una amplia representación dos seis institutos galegos participantes. Nese grupo quedaron incluídos tamén os mozos investigadores canarios, desprazados a Galicia para ese evento, e que residiron desde o 17 ata o 24 de abril con familias dos seus homólogos investigadores escolares de alumnos de Noia, Santiago, Rois, Boiro e Outes.

Para ese simposio escolar conxuntáronse o venres 20 de abril en Noia 300 alumnos, un grupo cunha ampla representación dous seis institutos galegos participantes. Nese grupo quedaron incluídos tamén vos mozos investigadores canarios, desprazados a Galicia para ese evento, e que residiron desde ou 17 ata ou 24 de abril con familias dúas seus homólogos investigadores escolares de alumnos de Noia, Santiago, Rois, Boiro e Outes.



Despois da inauguración oficial por parte dos alcaldes, presentáronse os nove proxectos de investigación escolar. Tres proxectos foron desenvoltos polos estudantes canarios, e inclúen o estudo xenético e ecolóxico da adaptación ao clima de dous endemismos canarios: o lagarto gallotia intermedia e a pomba rabinche, especies cunha adaptación climática tan determinante que se están vendo afectadas polo cambio climático. A terceira investigación desenvolta polos alumnos de Canarias consistiu no estudo da invasión das illas do coral do lume, e as súas relacións co clima. Os ecosistemas de Canarias nos que se desenvolveron estas investigacións estudáronos os alumnos galegos da man dos seus colegas de Canarias na súa estancia alí do 17 ao 23 de marzo de 2018.




O restantes seis proxectos foron desenvolvidos polos outros tantos institutos galegos participantes. Tres centráronse no estudo dos ríos: a biodiversidade do rio Rois, nos bioindicadores da calidade da auga do río Sarela desenvolvido polo IES Xelmirez I de Santiago e na Recuperación da lamprea no río Tambre e os novos retos aos que se enfreta co cambio climático, desenvolvido polo IES Poeta Añón de Outes.



Dous dos proxectos abordaron o impacto do cambio climático sobre os bivalvos mariños das rías. Estes foron desenvolvidos polos alumnos de Noia, que estudaron os efectos do cambio climático sobre os bivalvos da praia de Testal, e polos alumnos de Boiro que estudaron os impactos do cambio climático e da acidificación do océano sobre o desenvolvemento do mexillón de batea Os alumnos de Noia presentarán a continuación do seu estudo sobre a distribución do berberecho, pero se aplió ao estudo dos outros dous bivalvos comerciais do intermareal de Testal: as ameixas fina e babosa.



A sexta investigación galega foi a desenvolta polo IES Rosalía de Castro de Santiago, e centrouse na invasión urbana de Santiago da avispa velutina, tamén con importancia ecolóxica polos seus impactos sobre as abellas autóctonas.



A investigación xenética é a clave na adaptación ao cambio climático

Para analizar as bases das súas semellanzas e diferenzas na adaptación ao medio, abordouse un estudo do ADN dos bivalvos de Testal, que dirixiu o Dr. Angel Carracedo no laboratorio do IES Virxe do Mar. Aproveitouse este estudo para enviar mostras de ADN purificadas e conservadas ao banco mundial de conservación do xenoma mariño que garante a recuperación da especie en casos de impactos bruscos.



Despois da presentación dos proxectos relativos aos retos da biodiversidade xenética fronte ao cambio climático, os alumnos tiveron a ocasión de recibir formación xenética de elevada calidade por parte de Angel Carracedo, un científico galego que recibiu o máximo recoñecemento mundial no seu ámbito específico de investigación e que obtivo os premios máis prestixiosos en España no ámbito médico e no ámbito xenético: Rei Jaime I de investigación Médica e o Premio Nacional de Xenética.



Esta catedrático que dirixe o Centro Nacional do Genotipado, e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, unha organización que o día anterior celebrou no Palacio de Congresos vinte aniversario, abordou o tema “A xenética contemporánea no Día Mundial do ADN”.



Esta presentación e análise de información do proxecto complementáronse con actividades lúdicas, culturais, de itinerarios e de convivencia dos alumnos das dúas comunidades autónomas. Estas en Canarias estas centráronse en actividades náuticas e rutas diversas.



En Galicia as actividades lúdicas, culturais e de convivencia centráronse en espectáculos musicais, teatrais e tamén en itinerarios. A dimensión teatral incluíuse na presentación do acto de celebración do Día Mundial do ADN e do Día do Planeta. Os portavoces do IES Virxe de Mar neste intercambio climático apoiáronse en presentacións teatrais.



Outro aspecto lúdico que estivo presente no acto consistiu na realización de diversas coreografías.



As coreografías e diversas cancións de sensibilización ambiental, entre as que destacou o himno de Climántica foron interpretadas polo coro de Has de Cantar do IES Virxe do Mar.



En Galicia realizáronse diversos itinerarios. Entre estes itinerarios cabe destacar os realizados o luns 23 de abril no que se celebrou o Día Mundial do Planeta no Parque Nacional Illas Atlánticas e a visita ás centrais hidroeléctricas e aos ecosistemas da desembocadura do río Tambre.



Outros ecosistemas e paisaxes estudados en Galicia foron os da Lagoa de Louro e o Ézaro.



Os centros de divulgación científica nos que se abordaron aspectos culturais diversos relativos ao proxecto foron o ITER de Canarias e os Museos Científicos da Coruña.

En Canarias o estudo dos ecosistemas que se estudaron foron o Teide, Anaga, os agrosistemas de cultivos de plátanos e o estudo en barco e a remo de cetáceos, e dinámica costeira dos Xigantes.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino