Neste vídeo visualízase un resumo de 30 minutos da investigación científico escolar sobre o xenoma dos bivalvos comerciais de Testal como metodoloxía para estudiar as variedades xenéticas na súa adaptación ao cambio global e como estratexia de conservación do recurso. Esta investigación desenvolveuse no laboratorio do IES Virxe do Mar, o 3 de marzo, e foi conducida polo
Dr. Carracedo, director da
Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do
Centro Nacional del Genotipado. O proxecto Climántica da así un paso máis na aplicación da metodoloxía de
Climántica que está transferindo a
EduCO2cean-Erasmus+.
A análise consistiu en illar, purificar, cuantificar e enviar a un centro mundial de conservación do xenoma o ADN do berberecho e das tres ameixas comerciais de Testal. Completouse así, utilizando tecnoloxías e métodos do Centro Nacional del Genotipado, unha investigación iniciada o día anterior en Testal con métodos rigorosos da Ecoloxía, para estudar o estado de situación da presenza e abundancia das especies de bivalvos de Testal, así como a súa distribución.