Despois da presentación dos proxectos escolares, o día 31 de marzo, retomáronse as actividades en Canarias de Climántica Intercambios 2017 o luns 3 de abril, con itinerario urbano para estudar a ocupación histórica integral do territorio na cidade de La Laguna.
Ao longo do itinerario analizáronse as claves do modelo de urbanístico e de ocupación do territorio que se usaría no deseño das cidades coloniais americanas, polo que foi declarada Cidade Patrimonio Mundial da Humanidade. O itinerario estivo conducido polo profesor de Historia do Colexio Decroly, Francisco José Herrero.
Unha tarde no Teide
Este itinerario iniciouse na base do volcán Samara na tarde do luns 3 de abril de 2017, onde se atopan unha zona de bosque de pino de Canarias. Alí analizáronse as características desta especie que a fan resistente ás elevadas temperaturas, unha característica esencial para a súa adaptación ao medio.
Ao longo do itinerario foron analizándose diferentes relevos volcánicos resultantes de diferentes erupcións. Tamén se observaron diferentes materiais piroclásticos, como cinzas, lapillis, escorias e bombas volcánicas.
A ruta rematou ao poñerse o sol, avistándose a posta de sol dende o cumio do volcán Samara. Una vez caída á noite, o grupo desprazouse ata as proximidades do Centro de interpretación para facer un obradoiro de astronomía.
Un día camiñando dende Cruz del Carmen ata Punta del Hidalgo
A actividade do martes 4 de abril de 2017 centrouse na análise do ecosistema de Laurisilva de Anaga, da súa relevancia sobre a actividade agrícola nos cultivos situados na base deste tipo de bosque, e do modelado do relevo volcánico ao longo do barranco que desemboca en Punta Hidalgo.
A actividade iniciouse no Centro de Interpretación do Parque Rural de Anaga. Alí, despois de situar a ubicación, abordáranse as características del Parque rural de Anaga, en base á súa antigüidade xeolóxica e do réxime dos alíseos, en especial no relativo ao acumulo sobre a zona do sombreiro de nubes arrastrados polos alíseos ao longo do océano e que atopan, a esa altura, o freo da montaña. Sobre a condensación de auga sobre as follas, e a natureza do solo, xustificouse o papel para a captura a auga da que depende a enorme biodiversidade da laurisilva e o rego dos terreos de cultivo da zona.
O itinerario iniciouse atravesando o bosque de Laurisilva, a biodiversidade a súa relación con mananciais de auga cuxo fluxo está regulado pola condensación das nubes arrastradas polos alisios e pola xeoloxía da zona.
Unha vez na base do bosque de Laurisilva analizáronse os sistemas de cultivo que usan alí os agricultores, aproveitando a auga que chega do bosque. Tamén se analizou dende alí a paisaxe coa coroa de nubes que acumulan os alisios sobre a montaña.
Unha vez superada a zona de cultivos, o grupo iniciou o descenso a través do sendeiro que vai polo alto do barranco, analizando o modelado do relevo e a adaptación da flora a esas condicións ambientais.
Un dia para estudar e vivir o océano
O mércores 5 de abril de 2017 o grupo desprazouse ao porto deportivo de Gigantes. Alí dividíronse en dous equipos. Alí o grupo desprazouse nun barco para avistar cetáceos avistando calderóns e golfiños
Tamén se aproveito para visualizar o relevo do acantilado remando en Kayak, onde se fixo unha parada no Barranco Seco para facer o snorkel.
Aproveitouse tamén para practicar a natación na praia de Masca.
O último día de actividades en Canarias no ITER
O xoves 6 de marzo de 2017 rematou a fase de Canarias Instituto Tecnológico de Energías Renovables. Iniciouse a xornada abordando as enerxías renovables en Canarias dende a visualización dunha maqueta do ITER. Sobre a visualización das diferentes fontes de enerxía recollidas no parque, abriuse un debate sobre uso das enerxías renovables de Canarias.
A continuación procedeuse a visitar as vivendas bioclimáticas non ocupadas, para analizar as diferentes estratexias que usar os arquitectos para conseguir un aforro enerxético relevante e os sistemas para recoller datos cando as vivendas están habitadas.
Xa no paseo das enerxía, foron analizándose diferentes tipos de enerxías a partires dos simuladores e reproducións tecnolóxicas. Abriuse a parte dedicada a enerxía do sol analizando o funcionamento dun reloxo solar.
A continuación analizáronse por este orden as placas solares térmicas, explicando a súa relevancia na illa, e tamén se abordou o potencial da enerxía solar fotovoltaica e as dificultades que está a supoñer o imposto do sol.
Tamén se valorou o potencial da enerxía solar en Canarias para o seu en fornos solares e para conseguir desalar auga do mar para o rego
Rematouse o Paseo das enerxías analizando o funcionamento dun aeroxenerador onde puderon entrar e accionar dispositivos de orientación e freado.
Unha vez rematado o paseo, os alumnos desprazáronse ao aeroporto onde os alumnos canarios e galegos despedíronse ata atoparse na fase de Galicia do intercambio triautonómico 2017