CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Intercambio triautonómico EduCO2cean en Galicia

 


Do 17 ao 24 de abril de 2017 desenvolverase a fase de Galicia do programa do intercambio triautonómico EduCO2cean-Erasmus+. Con este intercambio faise unha análise comparativa dos ecosistemas atlántico dos dominios climáticos oceánico de Galicia e subtropical de Canarias co dominio continental mediterráneo da Meseta.

Nesta fase galega colaboran co IES Virxe do Mar, socio escolar de EduCO2cean – Erasmus+ o IES Poeta Añón que se encarga das actividades sobre a ocupación integral do territorio urbano e museos científicos de A Coruña, o IES Praia Barraña de Boiro, que se encarga das actividades do Parque Nacional Illas Atlánticas, o CPI dos Dices de Rois que se ocupará das actividades en Muros e nos ecosistemas da costa Norte da ría de Noia e Muros. O IES Virxe do Mar, ademais da coordinación da participación das 5 comunidades educativas galegas, do Colexio Decroly de La Laguna (Tenerife) e do IES Mariano Quintanilla de Segovia, encargarase da celebración do Día Mundial do ADN.



Neste evento, que se celebrará no Coliseo Noela o venres 21 de abril do 2017, os alumo dos 7 centros educativos terán ocasión de recibir formación sobre a adaptación das especies oceánicas á temperatura e das migracións debidas ao cambio climático por parte do Dr. Emilio Fernández, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e director do Campus do Mar, e de reflexionar sobre a investigación do Grupo de Medicina Xenómica, co seu director o Dr. Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Neste acto tamén se presentarán os proxectos escolares de investigación sobre os efectos do cambio climático dos contornos naturais dos cinco institutos galegos, do Parque Rural de Anaga e Teide e de Serra de Guadarrama.

A fase de Galicia do intercambio 2017 rematará con actividades sobre o urbanismo e ocupación histórica do territorio da Cidade de Santiago, conducidas polos alumnos do ciclo profesional de Turismo do quinto centro galego participante, o IES Rosalía de Castro de Santiago.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino