Sobre unha pregunta sobre a Astenosfera, aproveitou para poñer o acento da complexidade do coñecemento científico nas fronteiras. Indicou que este concepto aparece en relación á discusión da hipótese da Deriva continental en 1914. A baixa velocidade sísmica detectada entre 100 e 250 km de profundidade en determinadas zonas, levou a Hess a extrapolar estas observacións locais a toda a Terra, sen datos, o que cualificou como o que nunca debe facer un científico. Por esa extensión global, o concepto da Astenosfera non é válido na actualidade, porque na última década quedou contestado que esa zona de baixa velocidade sísmica non é continua. Sábese que en determinadas zonas o manto superior é plástico. Noutras zonas como na Península Escandinavia onde se da por comprobada a Isostasia, o manto é ríxido ata os 300 km como nos cratóns.
Ao respostar sobre o que pasa con Orión, comentou o difícil que nos resulta asumir que un planeta poida moverse na Vía Láctea como o fan as estrelas, sen a influenza gravitatoria dunha estrela, para facer referencia as dificultades que supón para o ensino e aprendizaxe da ciencia das cuestións de tipo cultural como é o caso de ter asumido que a todos os planetas lles pasa como o noso. Sobre a sorpresa que manifestou o auditorio, expresou que desde o seu punto de vista é bo que o profesorado de ciencias se sorprenda e cuestiónase que a seguridade teña que ser un importante atributo dos profesores, indicando que esta asignatura ten que supoñer ao profesorado inseguridade e necesidade de estudo.
Sobre preguntas relativas á morfoloxía de Marte, contestou que o que máis preocupa e a existencia de auga, polo que pode supoñer de probabilidade de atopar células tipo bacterias. Propón o debate entón de si a auga é o único medio no que pode haber vida. Sobre esas fotos de relevo de Marte, ademais da presenza de auga sobre a súa superficie no pasado, conclúe a presencia dun vulcanismo de fai uns dous millóns de anos, o que supón no pasado de Marte actividade volcánica e tectónica.
Sobre unha vida que precisa de medio acuoso, como a actual da Terra, a vida na Terra non poderá existir máis alá de 2000 millóns de anos, porque a medida que o sol camiñe cara xigante roxa, o calor será tal que a Terra evolucionará cara unha situación como a de Venus, sen auga líquida pola calor, e por tanto non será posible a vida e a atmosfera voltarase densa e rica en dióxido de carbono. Por tanto, o cambio climático de natureza antropoxénica estaría acelerando este proceso.
En definitiva, este terceiro documental, acaba de resumir unha sesión maxistral, onde a través do coñecemento do Cosmos, o profesor Anguita situou o problema ecolóxico na Terra con unha análise comparativa co pasado, presente e futuro dos astros que nos son coñecidos e que temos estudado, facendo fincapé no que vale a pena seguir estudanto e nas leccións que xa temos aprendidas e que temos que aplicar para conservar a saúde do noso planeta.