Empeza falando da desaparición segura do petróleo neste século, presentando un teito dubidoso sobre o 2030 ou 2040.
O seguinte problema ecolóxico que presentou é o do incremento de riscos xeolóxicos ligados á superpoboación cos problemas urbanísticos e territoriais asociados. Pon como exemplo o risco de desprendemento na ladeira N do Teide, como un exemplo de como a economía incremeta os riscos naturais.
Sobre a superpoboación da Terra e a contraposición que supón entre economía e ecoloxía, abriu o debate ético en relación a posibilidade de que en algún momento pode xerarse a necesidade de crear disposicións legais globais para controlar a poboación do Planeta.
A continuación tratou o problema do desxeo, facendo fincapé en que no verán de Groenlandia de 2007 o desxeo foi o 30% superior ao do 2006. Para evidenciar a urxencia, centrouse no exemplo da situación dos osos polares. Opinou que esta urxencia de novo enfronta economía e ecoloxía, pois estase a percibir que a única urxencia que temos agora é que a economía se repoña, e calquera outra prioridade debe esperar, sobre todo aquelas que sexan susceptibles de xerar opinión de que poida supor un freo a esta recuperación.
A seguinte preocupación ambiental centrouna sobre a pregunta “resistirá a civilización actual un clima do Cretácico”. Se no século XX a temperatura global aumentou en 0,7 ºC, no próximo século aumentará ao menos o triple. O incremento térmico probable ao longo deste século sería de aproximadamente 3 ºC, podendo chegar a ser incluso de 6 ºC. Este escenario térmico é similar ao que existiu no Cretácico, temperatura que nos poderá permitir bañarnos no Ártico, o que sería moi difícil para a biosfera actual, porque as súas especies non estarían adaptadas.
Con unha clara relación con esta posible repetición do clima do cretácico, entrou no problema da subida da temperatura do nivel do mar. Enfocou este problema en base a datos reais da subida da temperatura en 7 ºC que ocorreu no Mediterráneo en solo 18 días. Unha vez aportado este dato, expuxo que un aumento de 3º C na temperatura deste mar, podería chegar a provocar risco de furacáns, debido aos aumentos de convención que se relaciona con tal aumento.
Diante desta situación, criticou o desenvolvemento sostible e manifestou que permite destruír o Planeta sen mala conciencia. Defendeu esto, porque sendo un concepto dos anos 80, desde aquela sigue o crecemento insostible. Enfronta o modelo do que intenta vivir acorde co Planeta co que pretende vivir mellor con máis, e aproveitou esta polémica pera defender a idea de vivir ben con menos.
Sobre esta situación de crise planetaria abordou tamén o debate da terra - formación de Marte como posibilidade de fuxida. Referiuse á dificultade de industrializar o planeta para xerar un efecto invernadoiro capaz de regular a temperatura e permitir a implantación dos vexetais, o que permitiría que o habitáramos en milenios, presentando as dúbidas de se hai tempo ou incluso se é lícito e oportuno facelo. Por outro lado a Terra está a recibir 200.000 habitantes novos/día o que faría necesario mover un millón de persoas en 5 días, para situar a baixa probabilidade de fuxida.
O seguinte debate ético centrouno sobre si el Homo sapiens como última especie que chegou, ten lexitimidade para estar a facer desaparecer especies. Sobre esto concluíu que a responsabilidade da nosa especia co Planeta existe, e non é solo unha demanda dos ecoloxistas, porque é evidente que estamos consumindo por encima da pegada ecolóxica. Con este principio, non se trata de crear estudantes mártires, senón de crear contextos docentes que xeren unha nova conciencia.
A continuación entrou no debate de que o que comemos nun xantar é posible que recorrera 133.000 km en avión e barco antes de chegar a mesa, é dicir dou a volta o mundo. Sobre este dato, abriu o debate ético sobre a controversia de que este comercio favorece á economía do terceiro mundo, pero provoca o aumento do efecto invernadoiro, presentando así un novo debate enraizado no enfrontamento economía e ecoloxía.
En base a todas as dimensións expostas deste enfrontamento, concluíu o risco de que quede relegado pola crise económica o traballo do IPCC, que a día de hoxe supón o esforzo científico máis amplo, coordinado e prudente, dado que diante de obxeccións políticas aos postulados, retíraos se non son comprobables ao 100%. Sobre este rigor, amplitude e consenso do informe IPCC do ano 2007, pechou o debate sobre a posibilidade de que o cambio climático sexa natural, decantándose pola conclusión do IPCC 2007, defendendo que agora a discusión e debate está no que debemos facer para solucionar o problema que creamos, coa dificultade de que somos a única especie que non nos comportamos de forma solidaria e que aos políticos a Terra nos lles vota, senón que o fan os cidadáns en base a economía. Tamén se referiu a que os humanos ata agora solucionamos os nosos problemas e necesidades coa tecnoloxía, pero a magnitude deste problema pode estar situándonos por primeira vez diante do umbral da solución tecnolóxica dos problemas, e por tanto a tecnoloxía pode xa non ser suficiente para resolver o cambio climático.