O sábado 15 de Novembro, Francisco Anguita, doutor en CC. Xeolóxicas e profesor titular da Universidade Complutense de Madrid, impartiu o seminario “Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental”, dentro do curso Climántica na materia de CCMC desde a sostibilidade e as TIC.
A extensión dos contidos tratados quedan recollidos en tres documentais. Xa está pubilicado en Climántica TV o primeiro documental destes tres. Nel recóllese a modo de introdución, un resumo do contido do seminario.
A continuación defendeu un fío condutor para a materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, que partindo do cosmos, permita abordar á problemática ambiental centrada no cambio climático. O fío condutor foi:
Universo --> Galaxias --> Estrelas + Planetas --> Terra --> Homo sapiens
Sobre a capacidade de modificación do Homo sapiens do medio, propuxo un paso en orden inverso, advertindo do risco da visión antropocéntrica do enfoque:
Homo sapiens --> Terra (cambio climático de orixe antropoxénico)
Partindo do Big Bang chegou, seguindo o fío condutor á formación de planetas, reflexionando sobre a formación de atmosferas e hidrosferas oceánicas nas superterras, propoñendo o debate de si a auga é necesaria para a vida, e de se nun planeta superterra oceánica pode desenvolverse unha civilización tecnolóxica, facendo fincapé que esta pregunta era a chave de Astrobioloxía, sobre o que advertiu da controversia deste ámbito de coñecemento, ao non ter probas nin datos sobre o que postula.
Situándose na aparición da vida da Terra na súa orixe en base as formacións de bandas ricas anos de 12C e pobres en 13C (ligado a ambientes orgánicos) nas rochas máis antigas da Terra (4 109 anos) formadas en contexto oceánico en Groenlandia, fai a reflexión sobre a capacidade da vida de aparecer cando se estaba formando a Terra. Tamén falou dos indicios de que nestes momentos xa funcionara a tectónica de placas, relacionando este feito, coa súa influenza sobre a evolución da vida, por canto que facilitaría un cambio de nichos ecolóxicos e hábitats.
Sobre esta situación propuxo se podería estar pasando o mesmo nos planetas veciños Venus e Marte. En Marte situou mostras de pegadas morfolóxicas que suxerían a presenza de auga. En Venus tamén mencionou que a proporción de deuterio na atmosfera suxire a posibilidade da presenza de auga, polo que fai uns 4.000 millóns de anos podería estar dandose nos dous planetas a vida. En canto a existencia de tectónica de placas, indicou que as pegadas da superficie eran máis suxerentes cara o modelo en Marte que en Venus. Tamén fixo fincapé na importancia da auga no satélite de Jupiter Europa, por dispor dunha capa de xeo de 100 km de profundidade, o que supón a maior reserva de auga do sistema solar. Se sobre esta capa se sitúan volcáns, o calor podería derreter o xeo, o que posibilitaría a posibilidade de existencia de vida ligada a esa enerxía térmica e desvinculada da enerxía solar. Por eso, concluíu que ese satélite, que xa tivo unha visita, merecería unha segunda visita.
Con este razonamento, abordou unha aproximación planetaria ao problema ecolóxico situando cambios climáticos de envergadura nos dous planetas veciños cando se orixinou a vida na Terra. Sobre esta circunstancia, situou a enorme dificultade que parece supoñer que poida manterse unha estabilidade climática na Terra que permita a sostibilidade da vida, posibilitando a reflexión sobre a importancia de que o uso de combustibles fósiles poida a estar a afectar a esa estabilidade.
En definitiva, unha proposta maxistral e de gran utilidade para ou labor cotiá do profesorado de CCMC que lle permite achegar a complexidade, dificultade, amplitude e controversia da investigación do cosmos para entender a formación da Terra desde o Big Bang. Este enfoque non solo lle da máis significatividade á compresión da investigación do cosmos, senón que tamén lle aporta un valor engadido transversal que posibilita a sensibilización ambiental.
Enviado por Videos 11 12 2008 as 09:48
Un saudo e graicias.