CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Proxecto Interdisciplinar. 1º ESO

 

Proxecto Interdisciplinar

O Equipo Climántica ven de elaborar un libro do alumno para desenvolver a nova materia de 1º de ESO “Proxecto Interdisciplinar”. Este material elaborouse en colaboración con MeteoGalicia.

O libro do alumno planificouse desde os datos directos das estacións meteorolóxicas e os indirectos obtidos da información meteorolóxica da prensa e das webs de Climántica e MeteoGalicia, por tanto ten como fíos condutores a Meteoroloxía, a Climatoloxía e o Cambio Climático. Sobre esta estrutura que por si mesma inclúe competencias de ciencias naturais, ciencias sociais e matemáticas, incorporouse a competencia lectoescritora en base a textos e actividades de lingua e literatura galega e lingua e literatura castelá relativos a cada un dos elementos desta estrutura. Con esta mesma relación secuencial, incorporáronse as competencias de cálculo e de aprender a aprender.

A competencia dixital desenvólvese mediante o traballo desde a web de cursos de autoaprendizaxe dirixidos polo profesorado e desenvoltos desde o apartado de “Formación” desta web, na que tamén se atoporá diversa información da prensa e de meteoroloxía escolar. Tamén se propón nesta publicación baterías de actividades que se poden facer vendo os vídeos de cambio climático, mobilidade e enerxía que se poden proxectar desde a mesma web no apartado “Climántica tv”.

Proximamente porase en marcha un novo apartado que se denominará “ClimánticaMeteo” na que se divulgarán os contidos da publicación e a través do cal se poderá acceder aos recursos que sobre o subproxecto publicará MeteoGalicia.

Coincidindo co inicio do curso publicarase na web o material, unha vez aprobada a publicación pola Comisión do Libro. Tamén se procederá a enviar un exemplar a cada centro de Galicia que escolarice alumnado de 1º de ESO. A aqueles centros que desexen aplicalo, enviaráselle o corresponde libro do profesorado onde se aportarán orientacións, suxestións, recursos, así como as solucións a todas as actividades propostas. Este libro pode solicitarse a través do enderezo climantica@xunta.es, a través da cal se pode consultar calquera dúbida.


Comentarios:

Enviado por Conxita 20 09 2007 as 09:32

Estou no IES MEstre LAndin de Marin e parece que me toca dar nos tres primeiros da ESO o proxecto interdisciplinar.

Enviado por Equipo Climántica 20 09 2007 as 23:48

Achegámosche información detallada ao teu enderezo profesional. Grazas polo interese.

Enviado por ANTONIO SANMIGUEL MONTERO 23 09 2007 as 23:13

Como profesor do IES de Ames, agradecerílles me eviasen material o Proxecto interdisciplinar a alumnos de 1 curso de ESO.

Enviado por José María Carricoba 24 09 2007 as 18:34

Agradecería achegasen información sobre o seu proxecto.
Dou clases e son titor de 1º da E.S.O. no C.P.I. Dr. López Suárez de Friol e podería interesarme
Grazas

Enviado por Gema Cilleros Cembellín 25 09 2007 as 10:30

Agradecería achegasen información e libro do profesor do Proxecto interdisciplinar.
Son titora de 1º de ESO no CPI de Ponte Carreira.Grazas

Enviado por JUAN PENAS 25 09 2007 as 11:23

Son Profesor titor do 1º Cursop da ESO no meu Centro NS Esperanza. ¿Poderían enviarme todala documentación relativa a esa materia?

Grazas

Enviado por Monserrat Estévez López 25 09 2007 as 11:46

son profesora titora de 1 da E.S.O. no colexio Mercantil. ¿Poderían enviarme información e documentación relativa a este proxecto?
moitas grazas

Enviado por Ramón García Geada 25 09 2007 as 19:09

Son titor de 1º de ESO. Prégolles me envíen material para Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO

Enviado por ivan villar fernandez 25 09 2007 as 23:09

Hola,son profesor no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro (A Coruña) e tamén fun nomeado para impartir a asignatura de proxecto interdisciplinar.Gustaríame contar se é posible co material do que falades.Saúdos e gracias

Enviado por YOLANDA BARALLOBRE 26 09 2007 as 23:26

Son orientadora do IES Dionisio Gamallo Fierros, en Ribadeo, e tamén nos gustaría poder contar coa documentación deseñada para impartir a materia de Proxecto interdisciplinar en 1º de ESO. Moitas gracias e un saúdo.

Enviado por Mª de la Vega Arcos Martínez 27 09 2007 as 19:02

Son profesora no IES Afonso X (Cambre),¿Poderían enviarme información das unidades didácticas do "Proxecto interdisciplinar. 1º ESO" o meu correo electrónico?.Xa temos solicitado o libro. Moitas gracias e un saúdo.

Enviado por Equipo Climántica 29 09 2007 as 11:44

Enviáronse mostras do material didáctico a todos os enderezos profesionais que se relacionan aquí. Se a alguén non lle chegou, pode facérnolo saber para que llo acheguemos.

Enviado por Alberto Álvarez Ferreira 30 09 2007 as 20:10

Son profesor dun colexio de Vigo gustaríame saber como podería conseguir un exeplar do proyecto iterdidciplinar, xa que este ano teño que impartir dita asignatura ao ser tutor de 1º eso.
Grazas

Enviado por javier diaz 01 10 2007 as 01:31

Soy profesor del IES Xesus Taboada de verín y estoy a cargo del proyecto en 1º de ESO. Me gustaría poder conseguir un ejemplar de la asignatura.

Cracias

Enviado por Mª ISABEL CALVO DÍAZ 02 10 2007 as 11:09

Soy orientadora y además este año impartiré el P.I en el IES de Viós (Abegondo, A Coruña). Agradecería un ejemplar. Gracias

Enviado por PAZ FREIRE 03 10 2007 as 20:22

Préceme moi interesante a proposta de traballo, creo que podería utilizar algún material incluso na miña materia (tecnoloxía).

Enviado por LAURA BARREALES 04 10 2007 as 23:05

Son Orientadora e gustaríame recibir información máis detallada do proxecto. Gracias.

Enviado por MARÍA LUISA GARCÍA SÁNCHEZ 05 10 2007 as 09:58

Soy Orientadora del CPI de Zas (A Coruña).Les agradecería que remitiesen al Centro el material del "Proxecto Interdisciplinar -1º ESO" para asesorar al profesorado tutor en su posible aplicación.Muchas gracias.

Enviado por Maruxa Campos 05 10 2007 as 13:02

Son orientadora no IES Illa de Arousa. Podedes enviarnos o material para o proxecto interdisciplinar?
Grazas

Enviado por Mónica López Pérez 08 10 2007 as 11:52

como titora e profesora da nova área de proxecto interdisciplinar agradeceríalles que me enviasen material para traballar esta nova área. Grazas

Enviado por Maruxa Martínez 08 10 2007 as 22:19

Ola, son titora de 1º de ESO e gustaríame moito ver o voso material para o proxecto interdisciplinar. Moitas grazas.

Enviado por Carme Vivero 09 10 2007 as 17:00

Boa tarde! Son titora dun grupo de 1º de ESO, e coma o resto dos meus compañeiros gustaríame recibir material sobre esta nova materia. Moitas grazas e un saúdo

Enviado por Teba Leitón 09 10 2007 as 22:37

Hola! Como todos os meus compañeiros son titora de primeiro da ESO e polo tanto imparto o Proxecto Interdisciplinar. Agradeceríalles que me mandasen o material para esta nova materia. Grazas.

Enviado por Luis Blanco 10 10 2007 as 18:29

Son titor de primeiro da ESO e polo tanto imparto o Proxecto Interdisciplinar. Agradeceríalles que me mandasen o material para esta nova materia. Grazas.

Enviado por Luis Blanco Lado 10 10 2007 as 18:32

Son titor de primeiro da ESO no IES de OROSO e polo tanto imparto o Proxecto Interdisciplinar. Agradeceríalles que me mandasen o material para esta nova materia. Grazas.


Enviado por Equipo Climántica 10 10 2007 as 21:56

O material para desenvolver esta materia pódese descargar no epígrafe de "descargas" desta web. Está no apartado de "Material multidisciplinar para ESO" disposto en pdfs por capítulos. Quen queira aplicalo na aula pode solicitar libros para os estudantes mandando un correo a climantica-AT-xunta-DOT-es no que indique as materias, grupos e número de estudantes cos que se vai a aplicar.
Grazas polo interese.
O Equipo Climántica.

Enviado por FRANCISCO RIVAS CID 11 10 2007 as 16:55

me gustaría material para mis alumnos de 1º E.S.O.

Enviado por FRANCISCO JOSÉ RIVAS CID 11 10 2007 as 17:04

me gustaria material para mis alumnos de 1º E.S.O. del cpr. valle inclán1 de carretera de joane 170 - 172 , 15404-ferrol

Enviado por Lois Anxo Rodríguez Calvo 24 10 2007 as 08:16

Son o director do IES Fraga do Eume de Pontedeume. Aprobamos en CCP como proxecto interdisciplinar esta proposta de climántica. Agradecería enviasen o material para 2 profesores e 2 cursos de 1º da ESO.
IES FRAGA DO EUME, Avda Ricardo Sánchez,3, 15600 Pontedeume, A Coruña

Enviado por Francisco javier Dapena Castro 27 10 2007 as 18:55

Son o director do IES Alfredo Brañas de Carballo. Estamos interesados en desenvolver como proxecto interdisciplinar a proposta de climántica. Agradecería enviasen o material para 5 profesores e 5 cursos de 1º da ESO.
IES ALFREDO BRAÑAS,Avda de Corcubión s/n, 15100 Carballo. A Coruña.

Enviado por JOSE RODRIGUEZ NIETO 24 09 2009 as 12:15

son profesor titor de 1º eso no IES Pontepedriña, agradeceria que me enviasen material para traballar a nova asignatura PIN
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino