CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Seminario Docente Internacional CLMNTK21

 

Tras máis dun ano de espera, debido á situación derivada da COVID-19, no inicio deste curso 2021-2022 logrouse desenvolver o Seminario Docente de Innovación sobre cambio climático titulado «Investigación -acción sobre novas formas de aprender e ensinar o cambio climático no campus CLMNTK21» que se celebrou entre os días 3 e 7 de setembro na cidade de Aveiro (Portugal). Esta actividade quedou enmarcado na formación do profesorado de centros piloto para o desenvolvemento dos dous novos Erasmus+ derivados de Climántica para o bienio 2021-21023: e-InnoEduCO2 y EDUCINEMA ClimaTourAction.

A pesares das restricións de mobilidade e aforo pola situación sanitaria, o evento congregou a unha trintena de profesores: 15 españois e 15 portugueses na modalidade presencial e a outros tantos en formato on- line, con representación de países como Brasil, México, O Salvador, Panamá, Arxentina e Perú. Todos eles conectáronse de forma telemática ás 4 horas de formación que se poden visualizar desde este vídeo, incluídos os docentes que seguiron de forma presencial, que asistiron desde o auditorio vendo os relatorios na proxectadas na pantalla e que se estaban retransmitindo desde Fábrica en liña, un novo espazo de Fábrica inspirado no novo proxecto e- InnoeduCO2.

O programa de actividades, que contou co apoio das universidades de Aveiro e de Santiago de Compostela, foi deseñado para reforzar a capacidade das escolas no ensino e formación dunha educación ambiental e científica que sexa inclusiva e dixital, en liña cos obxectivos marcados no proxecto de Climántica e nos seus dous novos proxectos europeos que foron os máis valorados polo SEPIE nas dúas modalidades extraordinarias de innovación KA226 e KA227. As 28 de formación que homologou o Ministerio de Educación e Formación Profesional combinaron os catro seminarios investigativos retransmitidos o sábado pola tarde, para a conexión dos docente de America Latina, con actividades só para os asistentes presenciais de España e Portugal: itinerarios e talleres. O conxunto das actividades quedan resumidas neste vídeo.

O acto inaugural, celebrado o venres 3 de setembro, participaron Artur Silva, Vicerreitor da Universidade de Aveiro, José Ribau, Presidente da Cámara Municipal de Aveiro e Vitor Silva, Director da Agrupación de Escolas de Aveiro, Pedro Pombo, Director de Fábrica e Francisco Sóñora, Director de Climántica. Os cinco participantes mostraron a súa implicación absoluta cun proxecto que suma a súa cuarta edición en terras lusitanas. A continuación desenvolveuse unha visita guiada ás instalacións pedagóxicas de Fábrica, Centro de Ciencia Viva e da Universidade de Aveiro, pechando a xornada inaugural coa visita e análise do recentemente inaugurado Horto Ecolóxico Urbano de Fábrica.

Ao longo do curso os participantes do campus asistiron aos relatorios a cargo dos expertos en educación ambiental. O curso articulouse en 4 seminarios e varios talleres. Os seminarios desenvolvéronse baixo a fórmula do seminario investigativo de Kant, coa participación de dúas correlatores ao redor dun determinado enfoque da emerxencia climática. Estes duraron a tarde completa do sábado e retransmitíronse aos países iberoamericanos con centros piloto. Conectáronse usuarios de Brasil, México, O Salvador, Panamá, Arxentina e Perú. A cada docente que seguiron os 4 seminarios da tarde do sábado asignóuselle un usuario. Os asistentes presenciais, para situalos en igual contexto e conseguir separación social dos grupos burbullas territoriais, compartiron un usuario cun moderador no auditorio, asistindo así a distancia ás comunicacións que se estaban desenvolvendo en Fábrica En liña.

No primeiro seminario, Francisco Sóñora e Aitor Alonso presentaron as liñas mestras dos dous proxectos europeos financiados que encabeza a organización: InnoEduCO2 e EDUCine. Os relatores destacaron a importancia da rede de alianzas creada durante os últimos anos, tanto a nivel internacional como multisectorial, para acometer desafíos como a produción de materiais educativos transversais, a elaboración de produtos audiovisuais e artísticos, o fomento da colaboración entre centros e a implicación do propio alumnado en tarefas de investigación, co obxectivo de establecer unha ponte entre a ciencia e a sociedade.

O segundo seminario, a cargo de Carmen García e Carmen Mellado, xefas de servizo responsablesde ordenación de ensinos de réxime xeral e de programas internacionais, respectivamente, na Consellería de Educación da Junta de Andalucía abordaron as dificultades para implantar a educación ambiental no modelo educativo debido á inestabilidade que producen as modificacións das leis educativas españolas, a pesar de que a Axenda 2030 promove valores como a educación de calidade e a xustiza social e ambiental. Ademais, presentaron o proxecto Escolas Bilingües e Interculturais de Fronteira, unha rede colaborativa entre centros españois e portugueses que persegue potenciar a flexibilidade curricular.

No terceiro seminario José Antonio Caride e Antonio García abordaron a emerxencia climática desde unha perspectiva ética, poñendo o acento na necesidade de educar e formar á poboación para facilitar a súa toma de conciencia, a súa participación na resolución do conflito. Mediante a psicoloxía e a reflexión, os relatores convidaron á audiencia para reflexionar sobre o significado da cidadanía ecolóxica, da que dependen o equilibrio e a sustentabilidade do planeta que herdarán as futuras xeracións. Non existen solucións sinxelas, polo que se debe repensar a educación desde un punto de vista máis humanista e interdependiente.

No último seminario investigativo, Pedro Pombo e David Vicente abordaron as potencialidades do relato audiovisual para concienciar á audiencia achega do cambio climático. Tanto o show científico de Fábrica como o cinema comercial permiten explorar os fenómenos naturais dun modo diferente á nosa vida cotiá, deixando un importante pouso nunha audiencia que xoga, experimenta e implícase emocionalmente coas situacións mostradas a través do espectáculo. Este xogo de identidades, sosteñen, pode e debe ser utilizado no noso beneficio para formar á sociedade do mañá coa linguaxe e as ferramentas de hoxe.

Ademais dos seminarios formativos, os asistentes ao campus CLMNTK21 participaron en diversos talleres pedagóxicos organizados polo persoal de Fábrica, que abarcaron campos tan variados como:

1) A pedagoxía STEAM na que o profosorado desenvolveu proxectos en grupo cos recursos maker de Fábrica.

2) A narrativa científica na que se traballou o guión e o argumento.

3) Talleres de ferramentas tecnolóxicas: Técnicas Stop Motion e ferramentas audiovisuais O uso da luz e hologramas.

No marco do proxecto EDUCINEMA ClimaTourAction deseñáronse actividades para recoller en imaxes espazos de valor paisaxístico e ecolóxico amenzados polo cambio climático como os sistemas dunares de Costa Nova cuxo sistema está seriamente ameazado, e nesta liña tamén se analizarons os esforzos de conservación que están a realizar na reserva natural das Dunas de San Jacinto.

Así mesmo analizouse a vulnerabilidade da Ría de Aveiro, con navegación pola ría nun barco tradicional moliceiro terminando a navegación visitando as salinas dá Marinha dá Norinha.

Para a interpretación dese sistema visitáronse os centros de interpretación do CMIA e ECOMARE desde onde se realizou unha análise da xestión integral do territorio e as súas relacións co mar, o clima e o cambio climático.

A cohesión do grupo e o plan de traballo deseñado para as experiencias piloto analizadas permitiu formar un consorcio entre as comunidades autónomas de Galicia, Andalucía, Cantabria, Castela e León e Madrid que se presentou á convocatoria de axudas da Secretaría de Estado de Educación para formar agrupacións escolares para a inclusión educativa.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino