Na atmosfera está a chave e o CO2 é o principal responsable
Como evolucionou o clima dende a orixe da terra?
Cambio normal do clima
Variacións do clima debidas á actividade humana
Consecuencias do cambio climático e impactos sobre os ecosistemas terrestres
Impactos sobre os ecosistemas mariños
Cambio climático, economía e sociedade
Contido navegable da primeira etapa editada en febreiro de 2007.
Pode descargarse en pdf na sección de biblioteca, así como os seus productos da súas segunda fase, nº 1 de Palmira e Marcial, odisea medioambiental e libro de climatoloxía e cambio climático para 12-14 anos "Climaeucambio"
Publicado o
20 04 2022 as 22:45
|| Categoría
Climántica
A primeira edición presencial
postpandemia dos campus xuvenís internacionais de sensibilización sobre
o cambio climático que desenvolve anualmente
Climántica e Fábrica das
universidesde de Santiago de Compostela e de Aveiro resectivamente, converteuse este ano na
produción de modelos metodolóxicos escolares de alfabetización cinematográfica
e de teatro musical do proxecto Erasmus+ da modalidade KA227
EDUCINEMA Clima Tour Action.
Desta forma esta plataforma proxecto programa multisectorial que sitúa ás
universidades nunha ponte pedagóxica entre a Escola e a Sociedade orientou os
obxectivos deste campus na dirección de desenvolvese a creatividade para
superar as barreiras pedagóxicas derivadas da COVID-19.
A emoción estivo presente desde a primeira xornada, na que a chegada dos
centros participantes, procedentes de catro países – España, Portugal, Polonia
e Brasil –, supoñía recuperar esa pequena parcela de aprendizaxe, innovación e
convivencia que a pandemia nos había arrebatado nos anos anteriores. Aínda que
os grupos de traballo xa tiveron ocasión de coñecerse ao longo da primeira
xornada, a convivencia máis intensa iniciouse pola primeira noite, coa cea das
nacionalidades do primeiro día.
Ese encontro entre culturas foise acentuando coa última actividade da
xornada, no xa tradicional Festival das
Nacionalides. Alí os diferentes países e comunidades autónomas
presentaron a súa cultura mediante xogos, bailes e cancións.
A integración colectiva do grupo reforzouse ao día seguinte, ao dedicar a
mañá do domingo 14 de abril a actividades na praia de Praia de Mira. Alí fixéronse dinámicas de
grupo, xogos e competicións de volei
praia e fútbol .
Esta edición foi dobremente especial, non só pola alegría lóxica do
reencontro, senón tamén polo significativo do calendario, porque permitiu
integrar a creatividade dos mozos na liña da produción didáctica do
proxecto EDUCINEMA de cuxa coordinación
xeral encárgase a Universidade de Santiago Compostela, mentres que a Universidade de Aveiro coordina a produción
da película por parte da produtora de escolares do proxecto, cuxas competencias
se desenvolveron con este evento.
Ás reunións telemáticas, seminarios en liña e proxectos dixitais
desenvoltos nos meses precedentes sucedéronlles os talleres presenciais,
visitas guiadas, ensaios e unha formación innovadora centrada na capacitación
do alumnado para xerar produtos
escenográficos e audiovisuais para sensibilizar fronte ao cambio climático.
Aínda que a choiva non quixo perderse o reencontro, celebrado entre os días
9 e 13 de abril, os grupos de traballo asistiron a charlas TEDx sobre a comunicación da ciencia e a
talleres de construción de relatos, canto, danza e improvisación teatral e
musical, artes plásticas, holografia,
robótica, foto, vídeo e redes sociais, nun programa formativo que combina arte,
ciencia e técnica para concienciar á poboación sobre a emerxencia climática.
Ademais, os asistentes ao campus puideron gozar do espectáculo “O Show da
Ciencia”, a cargo do persoal de Fábrica, da cidade de Aveiro e os seus
arredores – Costa Nova, Faro dá
Barra, Murtosa e Praia dá Mira – e dos xa tradicionais cea e
festival das nacións.
Este campus supuxo a posta en práctica das metodoloxías do proxecto
europeo EDUCINEMA Clima Tour Action
(www.educinema-cta.org/) e o ensaio e posta en escena da obra de
teatro musical titulado “A Volta ao
Clima en 10 Escenas” que integra escenas de Galicia, Polonia, Lisboa e
Canarias, onde están as escolas socias e asociadas do proxecto. Este musical
inspirarán as escnas da película de
cinema musical do proxecto. Os estudantes desenvolveron sete proxectos para
xerar dous tipos de produtos de sensibilización da poboación xeral, esta vez
centrados no proxecto europeo EDUCINEMA
Clima Tour Action, derivado do
marco metológico e contidos de Climántica. Trátase do proxecto Erasmus+ que
quedou como máis valorado dos que se presentaron en España na liña
extraordinaria de innovación educativa para superar barreiras pedagóxicas
derivadas da Covid-19 na modalidade de creatividade de Erasmus + (KA227) para o
bienio 2021-2023. Todos os centros educativos participantes neste campus son
socios ou centros escolares piloto deste Erasmus+.
A gala de Fin de campus de presentación de curtametraxes e representación
do musical que orienta a produción da película.
O musical escenificouse o mércores 13 de abril de 2022 no Auditorio
Aveiro Expo. A súa inauguración oficial
correu a cargo do Vice- Presidente da
Cámara Municipal de Aveiro, Rogério
Paulo dous Santos Carlos,o Director de Fábrica Centro de Ciencia Viva da
Universidade de Aveiro, Pedro Pombo e por director de Climántica, Francisco Sóñora.
A gala constou de dous partes. A primeira consistiu no Certame das
curtametraxes creadas no campus mediante
proyecetos para desenvolver a competencia en alfabetización científica.
A segunda consistiu na representación da obra de teatro musical “A Volta ao
Clima en 10 Escenas” adaptada para o proxecto
EDUCINEMA. O evento completo poderase seguir desde esta ligazón,
As seis curtametraxes creados no campus no campus están orientados a
conseguir o avance na alfabetización cinematográfica que demanda EDUCINEMA Clima Tour Action. O seu argumento oriéntase a
sensibilizar á poboación sobre a problemática do cambio climático. Eses seis
proxectos obtiveron a formación técnica e competencial desde os seguintes
talleres:
1) Taller de relato. Redacción
cinematográfica para elaborar os guións das curtametraxes.
2) Taller de robótica.
Recursos futuristas e de realidade aumentada para a súa utilización nos
curtametraxes
3) Taller de fotografía e
vídeo: Creacións experimentais e artísticas para xerar contidos sobre o campus
4) Taller de habilidades para
a montaxe das distintas curtametraxes e creación de contidos
5) Taller de redes sociais
para a difusión das ideas e dos produtos, cunha dimensión transversal co
musical, para promover tamén a súa difusión
Os seis curtametraxes poden visualizarse a continuación aparecen
identificados polo título acompañado dunha
sinópsis do seu argumento:
Curtametraxe 1: “Regreso ao pasado”. Desde un futuro non tan afastado, o
protagonista da presente curtametraxe fainos reflexionar sobre todas aquelas
medidas non tomadas, que no seu momento puideron parecer insignificantes, pero
cuxas consecuencias futuras poden cambialo todo. Por sorte, o 2050 non chegou
aínda.
Curtametraxe 2: “Onde imos?” Un dos
problemas do cambio climatico son as
alteracións repentinas do clima en varias partes do planeta, ocasionando fortes
inundacións e sequias, as cales afectan
á biodiversidade e ao cultivo da zona. Como consecuencia, moitas persoas
víronse obrigadas a fuxir das súas casas porque a súa situación é insostible.
Son os chamados refuxiados climáticos. Neste curto nárrase a historia de tres
grupos que deben abandonar o seu país debido a
catastrofes ambientais e como xuntas e xuntos buscan unha solucion ao problema.
Curtametraxe 3: “Hoxe acendín a tele”. Como afecta o contido audiovisual
que consumimos todos os días á nosa percepción do mundo? Os grandes medios
teñen a opción de informar as persoas... ou de silencialas. Con esta historia
analizaremos as distintas perspectivas desde as que se trata o cambio climático.
Desde os empresarios que dirixen os
medios ata as reaccións dos activistas máis
enfurecidos. Pero, sobre todo , nos
plantearamos: hai algo máis alá da pasividade #ante a emerxencia
climática que se cerne sobre o noso planeta?
Curtametraxe 4: “Prato principal: PLÁSTICO”. Trata diferentes problemas do
cambio climático, reflectíndoos a través dunha situación cotiá, como pode ser
ir a un restaurante, buscando deste xeito proximidade co espectador e
convidándoo a compartir a idea que se expón.
A historia presenta a un protagonista que cambia e tenta que os demais
cambien, ao darse conta de que un pesadelo pode chegar a ser a realidade
doutro. En resumo o protagonista busca concienciar, e a partir de pequenos
xestos, mellorar a saúde do planeta.
Curtametraxe 5: “Cacho porco”. Na sociedade actual, os medios televisivos e
redes sociais xogan un papel capital á hora de informar e concienciar á poblacion. Por tanto, resultan unha
ferramenta vital para visibilizar o cambio climático e facer chegar a mensaxe
aos cidadáns, especialmente aos mozos, que son os que sufrirán as súas
consecuencias en maior medida. Nesta curtametraxe, o protagonista é un
"porco", pois mantén un estilo de vida con malos hábitos ecolóxicos.
Cando acende a tele, queda impactado cunha reportaxe no que se fan notar os
efectos do cambio climático, a desigualdade social que xera, a pasividade dos
políticos etc.
Curtametraxe 5: “Cacho porco”. Na sociedade actual, os medios televisivos e
redes sociais xogan un papel capital á hora de informar e concienciar á poblacion. Por tanto, resultan unha
ferramenta vital para visibilizar o cambio climático e facer chegar a mensaxe
aos cidadáns, especialmente aos mozos, que son os que sufrirán as súas
consecuencias en maior medida. Nesta curtametraxe, o protagonista é un
"porco", pois mantén un estilo de vida con malos hábitos ecolóxicos.
Cando acende a tele, queda impactado cunha reportaxe no que se fan notar os
efectos do cambio climático, a desigualdade social que xera, a pasividade dos
políticos etc.
Curtametraxe 6: “A pinga e o mar”. Nun mundo no cal a poboación crece a un
ritmo insostible, a xestión óptima dos recursos existentes no noso planeta
resulta ser algo de vital importancia. Ademais, diversos estudos confirman que
son principalmente os países empobrecidos e que menos recursos consomen os que
máis sofren e sufrirán as consecuencias climáticas derivadas deste problema, en
contraste cos países máis desenvolvidos e clases podentes, as cales consomen,
en proporción, moito máis e, con todo, serán as menos afectadas. Neste curto,
esta problemática é presentada a través da comparación dun día na vida de dous
nenos de diferentes clases sociais, Gustavo e Erea, vendo como xestiona cada un
os recursos dos que dispón ao longo do día.
Representación do musical que se transferirá a película na gala final.
O musical desenvolveuse mediante
4 proxectos coordinados e desenvolvidos ao longo da semana de traballo,
encargándose un grupo de traballo de cada un deses proxectos coordinados e
integrados na produción do musical: 1) banda de música, 2) teatro, 3) danza e
4) artes plásticas para a escenogragía,
tanto en volúmen como en proxección.
O argumento da obra céntrase nun
grupo de estudantes premiados cuxo premio consiste en visitar os pobos e
cidades dos centros implicados no proxecto para convencer alí aos turistas e
cidadáns do lugar da importancia de actuar fronte ao cambio climático neses
territorios. Para conseguir a capacitación necesaria desenvolvéronse os
seguintes talleres ao longo da semana do traballo no campus:
1) Taller de danza. Creáronse e practicaron as
coreografías que formarán parte do musical “A volta ao clima en 10 escenas”.
2) Taller de canto. Preparáronse as cancións que formarán
parte do musical “A volta ao clima en 10 escenas”
3) Taller de teatro. Fortalecéronse as competencias para
interpretar o musical e as curtametraxes.
4) Taller de Artes plásticas que se desenvolveu en dous
grupos de traballo coordinados. Un consistiu en desenvolver a escenografía
baseada en materiais reciclados para contextualizar a musical
O outro consistiu en elaborar ilustracións e holografías para proxectar contextos do
escenario correspondente a cada escena.
5) Taller de música no que se prepararon as cancións do
musical e ensínase a improvisar ante calquera desaxuste.
O musical inspira e orienta as
escenas da película. A película ten como protagonistas a un grupo grupo de
escolares que recibirán como premio o viaxar con outros estudantes tamén
premiados nos países socios para compartir entre eles coñecementos do cambio climático
e concienciar aos turistas nos lugares dos socios que visitan. A primeira
escena ocorre en Galicia, onde a produtora de escolares das escolas socias do
proxecto viaxarán en setembro. Esa escena chama a atención sobre o risco que
supón o cambio climático no problema dos incendios nesta comunidade. Como o
orzamento do proxecto non permite a viaxe a Polonia, na escena de Galicia faise
unha conexión con estudantes de Polonia, que se viaxarán na produtora europea
escolar, para que mostren o que eles gravaron alí sobre as causas do cambio
climático, centrándose no abundante do uso do carbón nese paíse e nos pasos que están a dar cara ás
renovables.
No paso de Galicia ao seguinte
destino, Lisboa interpretouse a versión para o musical da canción Seja Agora de
Deolinda cuxo mensaxe introduce o contesto da seguinte escena.
O segundo destino é Lisboa, onde
a produtora de escolares das escolas socias e asociadas do consorcio, viaxarán
a gravar a correspondente escena da película en novembro de 2022. Alí os protaganistas iniciarán o reto de convencer
aos turistas da necesidade dun urbanismo sostible cos avances executados e
proxectados nesa cidade, evidenciando a esaxeración da comunicación política na
ambición discutible desde o punto de vista ambiental dalgunhas das propostas,
como é o suposto caso dun novo aeroporto.
O paso ao terceiro destino que é
Canarias, que a produtora escolar visitará en abril de 2023 para gravar a escena
final comprometido na memoria técnica de
EDUCINEMA márcase coa interpretación por parte da banda de adapación
dell tema O meu swing é tropical .
En Canarias abórdase a
problemática do cambio climático que viven xa as illas, co seu avance na tropicalización, coa chegada de especies
invasoras e ao aumento de procesos de
desertificacións, acrecentados polos impactos do turismo masivo. Tamén
se analiza o potencial que teñen as illas para a implantación de enerxías
renovables e turismo verde, como é o caso do proxecto O Hierro Sostible.
Pensando na posibilidade
introducir os países de América Latina de fala española e portuguesa, para
levar a dimensión educativa europea cara a América Latina, engadíronse escenas
de Brasil e de México. Por iso desde Canarias os estudantes voan sobre o
Atlántico nunha viaxe chea de reflexións ambientais.
En Ciudad de México os estudantes
quedan impresionados pola magnitude da cidade e pola estraña nieblina que se visualiza sobre a cidade que
dá pé a que a profesora explique os problemas de smog, en cuxo momento dá a explicación óese
chegar unha manifestación e a banda toca unha adaptación para o musical de
Heroes do sábado da MODA.
A manifestación que escoitan
gritar resulta ser dun grupo de estudantes cos que quedaran. Os estudantes
mexicanos explícanlle que son unha asociación constituída para loitar contra o
cambio climático e a contaminación. Comunícanlles que o goberno mexicano
algunhas veces ten que suspender as clases polos excesivos niveis de
contaminación. Finaliza a reunión coa determinación dos estudantes europeos de
constituír tamén eles unha asociación desta natureza.
A continuación o grupo
desprázanse a Brasil. Alí visitan a
Amazonía para estudar a deforestación. Na súa visita atopan a un leñador que non logra entender o punto de
vista de desesperación dos estudantes, e tenta convencelos de que para o non
hai elección. A conversación dá paso á banda que interpreta a adaptación para
este musical da canción Isto non para de
Kase. O.
Unha vez que se separan do leñador abren un coloquio coa profesora sobre
a importancia das súas accións #ante situacións que están a visualizar alí que
dependen de políticas erróneas. Iso permítelles reflexionar sobre a importancia
de manifestar o rexeitamento a esas prácticas e sobre o que os máis débiles
terminan sufrindo máis o problema.
Na volta a clase anúnciase que
crearon a asociacióny que na candidatura
que presentaron para asistir á COP 25
foron seleccionadas para contar a experiencia. Iso dá paso ao acto de peche no
que Guada, seleccionada para ler o manifesto, faio de forma moi emotiva,
xerando unha gran ovación no público.
Unha vez terminada a lectura
interpretouse a versión da canción o Circo da pena da Raíz, cuxa letra aludiu
ás emocións espertadas pola lectura do manifesto.
Ao final do musical desenvolveuse
o espectáculo coa representación da danza moderna que integra contido de todas
as cancións e que se preparou durante o taller de danza.
Por último o grupo despediuse
cunha emotiva interpretación da canción Terra de Tanxugueiras coa que o grupo se identificou o
primeiro día, desde a presentación de Galicia no festival das nacionalidades.
O campus terminou cun grupo
cohesionado, feliz e cheo de amizades
consolidades pola Festa final do campus con bailes e cancións que
achegaron as delegacións territoriais entre a que tivo moito éxito a da delegaciónde Elx.