O proxecto programa Climántica dá un paso máis en fortalecemento
da súa ponte escolar-universitario Mediterráneo - Atlántico reunindo a 800
estudantes de 9 institutos da provincia de Alacante no Paraninfo da
Universidade de Alacante para visualizar a obra “A volta ao Clima en 10
Escenas”epresentada por 40 estudantes do Bacharelato de Artes Escénicas do IES
Virxe do Alacante.
Para os ensaios finais o
proxecto Climántica desprazou a Alacante a un equipo técnico formado por Úrsula
Martinez, Julieta Dix, Aitor Alonso e David Galban. Este evento pecha o
patrocinio da UNESCO para
a celebración do
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a favor do
aumento de vocacións científicas fronte ao cambio climático.
A obra creada por Úrsula
Martínez e Francisco Crujeira no campus internacional de Aveiro de 2019 foi
adaptada polos mesmos autores a Alacante, sendo neste caso os alumnos premiados
coa viaxe polo mundo para estudar o cambio climático unha clase de escolares
alacantinos.
Neste estudo internacional
puideron comparar a xestión actual do smog fotoquímico de Madrid coa situación
crítica en México por esta problemática, lugar onde coincidiron cun grupo de
mozos manifestándose contra o cambio climático.
En Costa Rica analizaron o
problema dos furacáns da rexión derivados do fenómeno de El Niño, en Brasil a
deforestación e en Marrocos o problema da crise da auga vinculada á industria
téxtil. Nos desprazamentos entre continentes tiveron ocasión de reflexionar
sobre a problemática ecolóxica vinculada aos voos transoceánicos.
Ao longo de todas escenas
fóronse introducindo cancións e coreografías que reforzaron a sensibilización
do público diante do reto do cambio climático.
En paralelo, formaron nas
metodoloxías e contidos do proxecto a 53 docentes nun curso ofertado
polo Servizo de Formación do Profesarado da Generalitat Valenciana. Este
curso
deseñouse en colaboración co catedrático da Universidade de Alacante, Jorge
Olcina que tamén participou no seu desenvolvemento.