CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Curso de Climántica en Alacante e representación alí do Musical

 

Este cartel contén o programa do Taller Climántica de Respostas Educativas ao Cambio Climático incluído na programación do CEFIRE de Alacante.

Trátase dunha acción formativa que se desenvolverá en colaboración co Grupo de Investigación Clima e Ordenación do Territorio da Universidade de Alacante que dirixe o Catedrático Jorge Olcina, sendo o anfitrión promotor o IES Virxe do Remedio. 


Como actividade cultural do taller, e con motivo da celebración do 40º aniversario do IES Virxe do Remedio, inclúese no programa o Musical A Volta ao Clima en 10 Escenas, creado no campus internacional de Aveiro 2019, e adaptado a Alacante polos alumnos do Bacharelato de Artes Escénicas deste centro de secundaria.  


A súa representación será o luns 24 de febreiro no Paraninfo da Universidade de Alacante, baixo o patrocinio da UNESCO, en horarios de mañá (12 h) e noite (20 h).


Desde os hipervínculos desta recensión publicada no portal do Ministerio de Transición Ecolóxica (MITECO), poden analizarse diversas dimensións do proxecto Climántica (www.climantica.org). Desde este link tamén se pode descargar o programa do taller.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino