CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Arranca Rede Climántica: da investigación á sensibilización

 


Este vídeo representa o primeiro produto colectivo da Rede Climántica e nel,  27 institucións educativas de 10 países e 3 continentes traballaron de forma colaborativa. Este traballo colaborativo comezou no deseño do musical "A volta ao clima en 10 escenas" durante o campus CLMNTK19-UNESCO, que se celebrouno Centro de divulgación científica da Fábrica de Ciencias Viva da Universidade de Aveiro entre o 4 e o 8 de setembro. Todas as comunidades educativas interesadas están convidadas a formar parte de Red Climántica.

Este primeiro traballo colaborativo da Rede Climática sitúase na confluencia de dous acontecementos históricos. O peche da maior semana de mobilización infantil-xuvenil sobre o clima e a publicación o 24 de setembro de 2019 dun informe científico do panel de expertos IPCC das Nacións Unidas que alimenta a necesidade de comunicación climática de emerxencia.

O obxectivo deste manifesto é concienciar á sociedade da necesidade de limitar o quecemento a 1,5 ºC con respecto aos niveis preindustriais propostos no Acordo de París. O Informe Especial sobre o Océano e a Criosfera en Cambio Climático do IPCC, publicado o 24 de setembro, fai fincapé nos beneficios para preservar os ecosistemas e os nosos medios de vida. Os impactos sobre os servizos ecosistémicos poden ter consecuencias negativas para a saúde e o benestar, especialmente para as poboacións e comunidades indíxenas dependentes da pesca.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino