CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Ángel Carracedo dirixiu unha investigación escolar sobre o ADN

 


O sábado 3 de marzo o proxecto Climántica abriu unha nova liña de carácter xenético na que van colaborar o Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago e o proxecto Climántica. Para poñela en marcha partiuse da investigación que levo a cabo o día anterior na praia de Testal, na que se analizaron, con métodos rigorosos da Ecoloxía, a presenza e abundancia das especies de bivalvos de Testal, así como a súa distribución. Esa investigación ecolóxica desenvólvese coa metodoloxía de Climántica. Con ela o IES Virxe do Mar está a cumprir coa súa responsabilidade de xerar un modelos europeos de investigación científico escolares para alianza para a innovación EduCO2cean-Erasmus+, da que forma parte, e que foi aprobado e financiado pola Unión Europea para o bienio 2016-2018.



Esta nova liña xenética, que parte do desenvolvemento do modelo europeo xerado en EduCO2cean-Erasmus+ busca estudar o ADN para poder realizar inferencias sobre a bioloxía e a ecoloxía das especies. Para iso parte dos exemplares muestreados o sábado destináronse a recoller mostras de tecido para secuenciar marcadores de ADN comunmente utilizados para a identificación de especímes en base a secuencias moleculares, o estudo das súas relacións filogenéticas ou da variabilidade xenética das poboacións.



Na investigación desenvolvida hoxe no laboratorio de Bioloxía polos estudantes líderes dos equipos de investigación que participaron na mostraxe de Testal do venres, baixo a dirección do Dr. Anxo Carracedo, que contou coa colaboración do investigador do seu equipo, Dr. Juan Ansede, da totalidade dos docentes do departamento de Ciencias Naturais do instituto e da bióloga asistencia técnica da Confraría de Mariscadores de Noia, Liliana Solis, extraeuse, purificó e conservou ADN do berberecho e das tres ameixas de Testal.

Estudantes, científicos e docentes colaboraron con metodoloxías pioneiras



O laboratorio de Bioloxía de Ciencias do Mar quedou transformado por un día nun laboratorio de xenómica dotada dos recursos pioneiros do Centro Nacional do Genotipado que dirixe o doutor Carracedo. Esa transformación abordouse coa metodoloxía de ciencia escolar do proxecto Climántica.



A finalidade última é analizar a variabilidade xenética observada entre as distintas zonas de estudo así como en relación á diversidade xenética coñecida da especie, que pode ser reconstruída a partir das secuencias depositadas en bases de datos públicas. Esa diversidade xenética aspírase a abordala coa dimensión da máxima amplitude e diversidade de contornas intermareales europeos, para poder realizar as correspondentes comparacións.



A primeira actividade que dirixiu o Dr. Anxo Carracedo, na mañá de traballo no IES Virxe do Mar, consistiu en utilizar un método de elevada eficacia e rigor na extracción de ADN. Unha vez extraído procedeuse a unha cuantificación cun espectrofotómetro Nano Drop, unha tecnoloxía de retención de mostras que aforra moito tempo e esforzo, en relación aos procesos clásicos. As tarefas da xornada de traballo concluíron coa conservación para envialo a un banco internacional para a conservación do xenoma mariño, que garanten a pervivencia das especies, e estudos posteriores.

Para comparar os xenomas e para secuenciarlos, faranse electroforesis e secuenciación. Para realizar estas tarefas xa se require o traballo in situ nos laboratorios da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, polo que o IES Virxe do Mar enviará unha delegación de alumnos de segundo de Bacharelato aos laboratorios da Fundación.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino