Está publicado en 
Climántica TV o vídeo do acto de presentación do 
Día Mundial do Medio Ambiente. Tratouse dun acto no que se enmarcou a xornada e no que os dous delegados que representaron a Galicia na Conferencia Europea 
Let´s take care of the planet leeron a carta das responsabilidades ás autoridades locais, académicas, e aos representantes das organización sociais vinculadas ao acto académico que se desenvolveu no Museo do Mar de Noia. Dese xeito cumpriuse o compromiso acollido polo proxecto Climántica coa participación nesa conferencia europea de facer retornar os compromisos acadados polos mozos europeos. 
Para facer esta lectura e entrega da carta de responsabilidades, elixiuse o 
Día Mundial do Medio Ambiente para poñer de relevo a complexidade do reto abordado por miles de xóvenes da maioría dos países europeos, dos que o proxecto Climántica implicou a 49 que participaron cos seus proxectos no proceso de selección dos dous delegados galegos.