Esta puntuación componse de dúas cualificacións. Unha delas procede das votacións dos traballos por parte dos usuarios da plataforma. A esta puntuación correspondeulle un máximo de 1000 puntos da cantidade máxima dos 4.000 puntos que pode recibir un traballo.
A outra fracción, ata un máximo de 3.000 puntos, correspóndese coas valoracións do xurado. Este estivo formado por:
- Mar Fuentes. Xefa do Departamento de Orientación do IES Terra de Xallas de Santa Comba
- Ana López. Xornalista especializada en Educación
- Erica Pérez. Coordinadora da Área Científico - Divulgativa de la Agencia Insular de Energía de Tenerife
- Ana Pons. Directora do Centro Valenciano de Educación Ambiental
- Carmen Villavicencio. Directora do programa La Ciencia en tu Escuela da Academia Mexicana de Ciencias
- José Manuel Gutierrez. Técnico de Educación Ambiental do CEIDA do Goberno Vasco e coordinador para España da CONFINT
Os premios outorgáronse por centros educativos participantes. O alumno gañador en cada centro premiado participará no Campus xuvenil internacional CLMNTK de Respostas Educativas ao Cambio Climático que se celebrará no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM). O centro premiado seleccionará un segundo participante no campus entre os participantes no congreso, e farao sobre a base de criterios de solidariedade, empatía, capacidade de traballo en equipo e creatividade. Cada centro premiado recibe tamén unha praza no seminario docente de investigación - acción sobre o campus, recoñecido con 50 horas polo Ministerio de Educación. Esta praza correspóndelle ao profesor orientador.
Con este sistema de ponderación de 75% valoración do xurado e 25% votos dos usuarios da plataforma quedou como primeiro clasificado o traballo El Iceberg Futurista do alumno Carlos Francisco Sánchez Ramos do Colexio Madrid de México D. F. Este traballou resultou ser o oitavo mellor valorado polo xurado con 2.300 puntos e foi o segundo máis valorado polos usuarios da plataforma, recibindo votos de 775 usuarios. Neste debuxo a lapis, Carlos plasmou un iceberg reflectindo con moito impacto visual as consecuencias do cambio climático sobre o desxeo, pero tamén infinidade de detalles de impactos antrópicos debuxados sobre o relevo do iceberg. Na descrición fixo constar que o que reflectiu a nosa visión moi superficial e minimizada dun problema global de inmensas dimensións como é o cambio climático, algo que tamén quixo comunicar a través dun iceberg. Este símil fundaméntoo sobre a base de que estas estruturas son moito máis grandes na parte non visible que na visible que quedou plasmada no debuxo.
O traballo clasificado en segundo lugar ten por autor ao galego, tamén de 12 anos, José del Río López, estudante do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Este traballo titulado A auga, fonte de vida foi o máis valorado polo xurado con 2.900 puntos sobre os 3.000 que outorgaban os seis profesionais que formaron o xurado CLMNTK 13. Trátase dun vídeo a xeito de reportaxe audivisual que plasma o avance da contaminación da auga dende o seu nacemento ata a súa desembocadura en mares contaminados. Na súa edición combinou fotos e imaxes propias do seu ámbito con entrevistas a familiares que traballan en diferentes ámbitos relacionados coa problemática actual da contaminación neses ámbitos oceánicos vinculados á desembocadura de ríos: o seu avó mariscador, o seu tío mariñeiro de pesca de baixura, o seu padriño patrón xefe de máquinas dun barco de marisqueo mediante a técnica das nasas e a súa madriña, traballadora dunha piscifactoría. Con estas entrevistas buscou extraer a memoria sobre os cambios na contaminación do mar en distintas xeracións. Isto evidénciase moi ben comparando a visión que tiña o seu avó sobre a contaminación que a asociaba a algo natural como cunchas e algas, coa que teñen agora os seus descendentes, cuxo traballo tamén se vincula coa desembocadura do mesmo río no mar.
O traballo clasificado en terceiro lugar ten por autora a unha alumna galega de 13 anos, Martina Fuentes Morono, estudante do CPI dous Dices de Rois (A Coruña). Este traballo titulado Telexornal Medioambiente foi o segundo traballo máis valorado polo xurado, con 2.700 puntos. Trátase dun informativo realizado coa técnica Stop Motión no que xerou un personaxe da súa idade que é entrevistada nun informativo co formato do Telexornal de la Televisión de Galicia. Nese traballo, a protagonista Ona, entrevistada na praia, compara a praia natural de Rodas no Parque Nacional Illas Atlánticas coa praia viguesa de Samil, moi antropizada e vinculado ao recheo do paseo marítimo. Cun discurso bastante técnico, Ona hai unha comparativa moi rigorosa dos parámetros de ambas as dúas praias, fundamentando as diferenzas, sempre moi desfavorables para Samil, sobre a base do impacto humano. Con este traballo Martina logra concienciar as persoas sobre os problemas relacionados co medio e a necesidade do seu coidado e conservación.