Publicado o
    16 11 2012 as 24:00
    || Categoría 
    
                    Actividades
          
  
 
  
Xa se pode ver en 
Climántica TV o 
vídeo da 
entrevista ao copresidente do grupo III sobre Mitigación do IPCC, Ramón Pichs Madruga, que desenvolveron o martes 6 de novembro de 2012 os alumnos Úrsula Martínez do IES Valle – Inclán de Pontevedra e Álvaro Castro do IES de Arzúa. Esa entrevista foi  conducida por seis preguntas seleccionadas dunha relación de quince elaboradas dende o proxecto Climántica. As preguntas que o doutor Pichs Madruga responde no vídeo, son:
- Cales serían as funcións e estruturas básicas do IPCC?
 - Poden ter interese as políticas actuais de cambio climático para atacar a crise económica actual global?
 - Se os países máis vulnerables ao cambio climático son os menos culpables, e o 25% da poboación está a consumir o 75% dos recursos, ¿cales serían as posibles solucións para intentar reequilibrar?
 - En que rexións do mundo haberá máis secas e inundacións? Poderán existir tamén rexións favorecidas?
 - Cales son os principais avances e frustracións dos cumios de Bali, Copenhague, Cancún e Durban?
 - Considera vostede que nesta loita fronte ao cambio climático, podemos atopar nós oportunidades profesionais?