CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Canto somos ambiente e canto somos xenes? O Dr. Angel Carracedo responde

 

Canto somos ambiente e canto somos xenes? O Dr. Angel Carracedo responde na era do cambio climátio, no ano da COVID-19 e no Día do ADN

Este vídeo recolle a totalidade do webinar e o posterior coloquio do Dr. Carracedo con estudantes dos países de América Latina, das CCAA, de Polonia, Portugal, Italia, Hungría e Marrocos, todos eles integrantes da Rede Climántica. Esta actividade forma plan do plan de formación para a Rede Climántica no Roteiro Balmis que impulsada polos Conselleiros de Educación do Ministerio de Educación de América Latina, representados na presentación do Plan polo Conselleiro en Brasil Sr. Cortegoso.

Con este evento fíxose a celebración na Rede do Día Mundial do ADN, unha molécula que se expresa en sintonía co ambiente e que por tanto contén respostas sobre o cambio climático e pandemias como a COVID 19. Elixiuse a un dos máximos expoñente na Xenómica no ámbito latinoamericano que ademais este curso encargóuselle Programa de Medicina Xenómica da infraestrutura IMPaCT que se puxo en marcha en todas as comunidades autónomas e países latinoamericanos nos que hai centros escolares desta rede pedagóxica.

O webinar – coloquio que o Dr. Carracedo titulou “Xenes, Ambiente e Saúde” integrou os postulados polos que se apostou a oferta Climántica ONE HEALTH deseñada para a Rede Climantica no Roteiro Balmis que se articulou para este curso no impulso de todas as Consellerías de Educación do Ministerio de Educación e Formación Profesional en América Latina, e que se puxo en marcha o 5 de outubro co webinar Unha Saúde única para a Humanidade sobre o que realizou o seu traballo de fin de grao de Medicina da médico Julieta Dix, membro do Equipo Climántica que se incorporou ao proxecto cando era estudante de secundaria como pasa coa xente xoven do equipo.

O Dr. Carracedo desde que iniciou as súas colaboracións na formación do profesorado en Climántica no 2008 recibiu numerosos premios entre os que destacan o Premio Rey Jaime I de investigación, Medalla Adelaide, Medalla Galien, a Medalla de Ouro de Galicia, Premio Nacional de Xenética, Premio Constantes e Vitais e Premio Prismas de Divulgación.

O Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) , Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) e Director do Centro Nacional de Genotipado- ISCIII centrou os seus principais contidos nas relacións dos xenes e o ambiente coa enfermidade desde as investigacións do grupo de Medicina Xenómica que creou e que dirixe, que consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e máis de 100 persoas.

O Dr. Carracedo, desde a capacidade de comunicación coa que leva xa moitas xeracións entusiamando aos estudantes de Climántica, defendeu que todo o que somos é resultado dos xenes e do ambiente, e por tanto todas as enfermidades teñen presentes os dous compoñentes. Tamén defendeu que a enfermidade é relativa ao ambiente, xustificando este postulado sobre exemplos como a pel moi branca conllea enfermidade en África ou un estudantes TDAH ten máis problemas nun sistema educativo ríxido. Para que calquera estudante participante puidese entender a importancia do xenoma fixo unha analogía desta molécula coa mensaxe dun libro de 3.000 millóns de letras con 22.000 capítulos con instrucións (xenes) que se almacenan en 23 cromosomas e que ocupan unha altura de 55 metros. Sobre esta molécula libro da vida reflexionou sobre dous aspectos consustanciais e relevantes na súa lectura: a morta e as mutacións. Tamén expresou a importancia do Proxecto Xenoma Humano iniciado no 1990 e que se pechou 12 anos despois co custo dun miles de millóns de euros e miles de persoas traballando. Destacou a importancia dese avance desde a capacidade do seu grupo para facer este traballo nun só día por só 900 euros (300 € de reactivos, 300 de computación e 300 de procesos informáticos).

Nas súas reflexións da confluencia dos xenes e o ambiente na enfermidade situou o traballo actual do seu grupo na investigación COVID 19, unha enfermidade ambiental por ser causada por un virus, pero tamén cunha importantancia da xenética das súas manifestacións, o que pon en valor para facerlle fronte a medicina personalizada. Eemplicó esta sobre como a COVID 19 en persoas maniféstase como asintómática, noutras maniféstase como unha enfermidade respiratoria aguda e en determinados casos pasa a manifestarse como enfermidade sistémica cunha tormenta de citoquininas que pasa a ser unha enfermidade que afecta a todo o corpo cun importante risco para a vida. Neste sentido manifestou que xa se sabía que o xenoma inflúe entre un 25% e un 70% cunha herebilidad media do 45%. Neste marco explicou a extensión do seu estudo que abarca todas as comunidades autónomas e a práctica todalidad de América Latina.

 
Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino