A conferencia recóllese a totalidade da súa exposición nas catro partes na que dividiu a súa intervención:
1) Aplicación da Economía aplicada ao medio ambiente
2) Incidencia que ten o cambio climático e de cómo Economía pode darlle respostas
3) Prespectivas de cambios nun mundo global
4) Os novos desafíos que a Economía Aplicada outorga ao cambio climático dende a perspectiva do Cumio de París
En relación ao seu ámbito máis específico de investigación, sostivo que en España, os portos son básicos e imprescindibles para o desenvolvemento económico. Máis do 60% das exportacións o o 85% das importacións efectúanse polos portos que son sensibles ás modificacións derivadas do cambio climático: subida do nivel do mar, variacións dos niveis das mareas, ondas, ventos, inundacións, etc. Por tanto as operacións portuarias veranse cada vez máis afectadas e as actividades económicas relacionadas co porto serán cada vez máis vulnerables ao cambio climático.
Por outro lado indicou que o Organización Marítima Internacional describiu o transporte polo mar como o máis eficiente en canto a emisións. Pero tamén recoñeceu que contribuía do orde do 3% do total das emisións globais, polo que apostou, para minimizar o problema, pola introdución de barcos máis grandes que usen gas natural.