Destacou que este eventou significou a oportunidade de que por primeira vez que os tres campus de excelencia internacional de Galicia, Campus Vida, Campus do Mar e Campus Terra, foron abrazado polo Campus da Cidadanía. Unha oportunidade que defendeu que querían ter as CC. Sociais, as CC. Xurídicas, as Artes, as Humanidades e as CC. da Educación, poñendo o énfase na palabra cidadanía.
Fixo referencia ao papel que a Pedagoxía Social pode ter como unha guía e orientación para a tarefa de informar, comunicar e educar á sociedade sobre o cambio climático atribuido á acción humana, un empeño no que están implicados cada vez máis axentes, actores sociais e institucións. Sostivo que pretende así ser unha achega que contribúa aos cambios de hábitos, condutas e estilos de vida necesarios para construír un futuro no que a equidade e a calidade ambiental sexan elementos centrais do noso modelo social.
Aludiu ao enriquecemento conxunto de iniciativas emprendidas en España nos últimos anos para facilitar o tratamento de cuestións relativas ao cambio climático na educación primaria e secundaria, mencionando as cinco recollidas no portal do Ministerio con competencias de Medio Ambiente, nas que figura o proxecto Climántica.