O itinerario polo Illa estivo guiado por dous técnicos do Parque Nacional Illas Atlánticas. Antes de iniciar a visita, explicaron as características do parque marítimo-terrestre e e as normas que había que respectar nese espazo protexido.
O itinerario iniciouse no camiño que discorría entre bolos de granito xigantescos, toxos, abruñeiros, herba de namorar e unha especie invasora inesperada, a cala. No descanso de fonte de Santa Catalina, os guías relaxaron ao grupo con un relato fantástico sobre a illa, que falaba de pasadizos submarinos que atravesan a Ría.
A ruta rematou na aldea de Sálvora, analizouse a vida na aldea tomandocomo referencia as súas casas abandonadas, as súas eiras de pedra e os seus grandes hórreos. Unha vez rematado este itinerario, os alumnos tiveron ocasión de darse un baño na Praia do Castelo, ante a mirada pétrea da serea dos Mariño.
O percorrido pola illa rematou coa senda que conduce ao faro, onde esoitaon a tráxica historia do naufraxio do Santa Isabel, regresamos ao barco. De volta na Pobra do Caramiñal, subiron ao mirador da Curota para ver a Ría de Arousa e tódolos arquipélagos que forman o Parque das Illas Atlánticas.