Os días 10 e 11 de marzo de 2017 terá lugar, no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Congreso 10º aniversario de Climántica, que vai a constituír tamén o Primeiro curso de formación do profesorado da Alianza estratéxica para a innovación e cooperación en boas prácticas educativas EduCO2cean, aprobada e financiada na convocatoria Erasmus+ 2016.
Este evento ten por finalidade actualizar, reflectir e propor actuacións orientadas a dar respostas educativas que afronten o cambio climático, tendo como soporte os coñecementos, metodoloxías e iniciativas que se teñen promovido nos dez de desenvolvemento do Proxecto Climántica. Unha liña de reflexión - accción formativa que se pretende asociar á alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cean aprobada en Erasmus+2016, apoiándose no Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA - interea) e na Rede de Investigación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento, ambos de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego. Tamén se conta co apoio de todos os campus de excelencia internacional de Galicia.
Por iso recolle contidos de dous ámbitos. Por un lado contempla aqueles contidos que recapitulan as grandes temáticas desenvoltas ao longo da primeira década do proxecto Climántica. O outro ámbito refírese aos contidos de carácter colaborativo que dan paso aos ámbitos de desenvolvemento inmediato, facendo especial fincapé nas súas alianzas internacionais, a alianza estratéxica europea EduCO2cean e alianza latinoamericana: Rumbo a Climántica Latinoamérica 2018. Estes dous ámbitos orientaranse ao longo do evento por tres obxectivos:
- Recapitular as respostas educativas máis relevantes da primeira década de Climántica
- Reflexionar sobre a organización transversal actual do proxecto Climántica
- Presentar as alianzas estratéxicas para o inicio da segunda década do proxecto Climántica
Eixos temáticos
Os eixos temáticos que se desenvolven son:
- Alianzas estratexias no inicio da segunda década de Climántica
- Xenoma e ambiente
- Barreiras psicolóxicas para cambiar as condutas que demandan as respostas educativas ao cambio climático
- Representacións sociais do cambio climático
- Respostas da Pedagoxía Social fronte ao cambio climático
- Visión da Economía Aplicada sobre a mitigación e a adaptación ao cambio climático
- Cambio global nos océanos contemporáneos
Axenda
Estes eixos temáticos desenvolveranse de acordo con esta axenda:
Inscrición, diplomas e homologación pola Consellería de Educación
Está tramitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado non universitario no marco do seu convenio coa USC. Provisionalmente xa foi recoñecida como actividade de formación permanente do profesorado non universitario. O seu recoñecemento definitivo está suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).
Tamén se remitirá por parte da CeTA da USC un diploma de 8 horas de formación asinado pola Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa.
A inscrición faise a través de http://educo2cean.climantica.org. Por motivo da homologación, ao inscribirse hai que elixir unha das dúas opcións posibles. A primeira é para os docentes do ensino non universitario que exercen en centros sostidos con fondos públicos que queiran obter, ademais do diploma universitario, a dilixencia de homologación como actividade de formación permanente do profesorado por parte da Consellería. A segunda opción é para os demais docentes, profesionais de formación universitaria vinculados ao ámbito e estudantes universitarios. Estes recibirán só o diploma asinado pola Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa.
Pdf del programa del Congreso 10º aniversario