CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Climántica transfire a Europa os seus modelos de respostas educativas fronte ao cambio climático

 


A metodoloxía de Climántica será a base para crear diferente material didácticos multilingüe co que concienciar á mocidade da importancia da investigación sobre os impactos e a mitigación do cambio climático nos océanos. Tamén aporta os seus modelos de participación das comunidades educativas para trasladar á sociedade respostas educativas fronte ao cambio climático . Para esta transferencia pedagóxica o proxecto Climántica, a través do seu centro educativo nodo central da súa rede, o IES Virxe do Virxe do Mar, aliouse cun grupo de científicos e docentes de España, Portugal, Gran Bretaña e Polonia, para formar a alianza estratéxica Educo2Cean-STS (Education models to transmit to society the challenge of global change in the ocean) financiado pola Unión Europea con 249.000 euros na convocatoria Erasmus+ 2016.


O proxecto Climántica inicia o seu segundo proxecto europeo. O primeiro do que formou parte foi o FEDER Interreg Climatlantic, no que se responsabilidade dos produtos, algúns moi usados en diferentes países de europeos, como o vídeoxogo CLMNTK. A aquel primeiro proxecto europeo chegouse da man da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A este segundo faino da man da institución educativa que é o seu epicentro da rede escolar deste proxecto, o IES Virxe do Mar de Noia. Desde este ámbito escolar e pedagóxico, o principal reto do proxecto Climántica é transferir as súas metodoloxías a través da coordinación do deseño e desenvolvemento dos produtos didácticos, da coordinación da rede educativa a través da plataforma colaborativa, da organización do congreso xuvenil internacional, do campus para alumnos seleccionados pola calidade dos produtos presentados ao congreso, e do seminario de investigación acción sobre o campus.

A alianza estratéxica complétana o seu líder ante a Unión Europea, a Asociación Portuguesa de Educación Ambiental - ASPEA (Portugal) que aporta a súa experiencia de coordinación e difusión de redes educativas a nivel nacional e europeo, a Universidade de Vigo como sede institucional do campus de excelencia do Campus do Mar, Marine Alliance for Science and Technology de Escocia, que aportan os datos científicos,  Ciência Viva - Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnolóxica (Portugal) que aporta a súa experiencia en divulgación científica, CARETAKERS OF THE ENVIRONMENT INTERNATIONAL (Polonia) que traslada e adapta ao Báltico todo o desenvolvemento feito sobre o Atlántico, e o IES Ribeira do Louro de Porriño que aporta a súa ampla experiencia na xestión administrativa deste tipo de proxectos.


Os días 14 e 15 de novembro tivo lugar na reunión de lanzamento do proxecto, un encontro inaugurado na sala IV do edificio Miralles da Universidade de Vigo polo vicerreitor de Relacións Internacionais e Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Manuel Fernández Iglesias, institución que tamén participa neste proxecto a través do Campus do Mar. Nesa reunión inicial, ademais de coñecerse persoalmente, socios e socias tiveron a oportunidade de ir fixando responsabilidades e coordinando o cronograma das diferentes accións que se van a levar a cabo e establecendo un calendario de actuacións.

Os socios do proxecto, de dous anos de duración, planean crear un libro de texto con carácter global, aplicable en calquera sistema educativo europeo, que se publicaría tanto en formato papel como electrónico, que se coordinará desde o marco deste proxecto, e que estará dispoñible nos diferentes idiomas dos países participantes. A súa estrutura será interdisciplinar e os seus contidos incluirán todo o coñecemento científico contemporáneo relacionado co cambio climático no océano. Este contido completarase, ampliará e manterase actualizado a través dunha revista electrónica e un sitio web no que todos os estudantes poidan participar, e que tamén se coordinará desde o marco de Climántica.

Estes produtos, inspirados nos publicados nos que forman parte da Biblioteca Climántica serán os vectores do coñecemento necesario para conseguir os obxectivos pedagóxicos que formen aos alumnos para ser axentes que axuden á sociedade para adquirir conciencia e sensibilidade sobre a importancia de investigar e traballar a favor da sustentabilidade dos océanos. Climántica tamén equilibrará e fará coherente a coordinación desta produción con iniciativas de participación das comunidades educativas como congresos virtuais, campus xuvenís internacionais, seminarios para os docentes, produción de vídeos,etc.

O principal destinatario do proxecto é o alumnado europeo de educación secundaria superior (15-18 anos) e a eles diríxese o libro científico - didáctico. Este material cada socio adaptarao aos seus alumnos de secundaria básica (12-14 anos). Todos estes alumnos comprendidos entre os 12 e os 18 anos, terán a oportunidade de presentar as súas comunicacións no congreso xuvenil virtual, participar nas comunidades 2.0 e mellorar as súas habilidades científicas e de comunicación no campus xuvenil internacional, así como coñecer outras prácticas e culturas participando en programas de intercambio cos demais países participantes no proxecto. Os seus docentes serán os destinatarios de diferentes accións de formación dirixidas a dotalos dos coñecementos necesarios para transmitir ao seu alumnado as competencias crave que necesitan para a súa participación no desenvolvemento deste proxecto.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino