CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Acto inaugural do Día Mundial do Medio Ambiente

 
Está publicado en Climántica TV o vídeo do acto de presentación do Día Mundial do Medio Ambiente. Tratouse dun acto no que se enmarcou a xornada e no que os dous delegados que representaron a Galicia na Conferencia Europea Let´s take care of the planet leeron a carta das responsabilidades ás autoridades locais, académicas, e aos representantes das organización sociais vinculadas ao acto académico que se desenvolveu no Museo do Mar de Noia. Dese xeito cumpriuse o compromiso acollido polo proxecto Climántica coa participación nesa conferencia europea de facer retornar os compromisos acadados polos mozos europeos.

Para facer esta lectura e entrega da carta de responsabilidades, elixiuse o Día Mundial do Medio Ambiente para poñer de relevo a complexidade do reto abordado por miles de xóvenes da maioría dos países europeos, dos que o proxecto Climántica implicou a 49 que participaron cos seus proxectos no proceso de selección dos dous delegados galegos.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino