Neste ecosistema fíxose unha análise comparativa coas fragas de Galicia, en canto a que as dúas comunidades climax que evolucionaron ao longo de moito tempo, esta en concreto dende o terciario, para sensibilizar con este dato sobre a importancia da súa conservación. Pero nesta comparativa destacouse tamén a diferenza de que nas fragas moitos dos árbores perden ás follas no outono, e neste tipo de ecosistema subtropical as árbores son de folla perenne.
Reflexionouse sobre as condicións microclimáticas vinculadas ao proceso de selección das especies que habitan este tipo de ecosistemas, en especial no seu papel de xerar choiva horizontal dos ventos oceánicos cargados de humidade vinculados aos ventos alisios vinculados ao anticiclón das Azores. Esta choiva orixínase porque nesta parte da illa os ventos alisios cargados de humidade atópanse coas follas que xeran fenómenos de capilaridade, que acaban sendo determinantes para a precipitación do vapor de auga con conteñen este tipo de ventos.
Nese sentido, e incidindo de novo na necesidade de conservación, valorouse o feito de que sen este tipo de bosque na illa non habería auga para habitala. Sobre este feito reflexionouse en base ao dato de con estes árbores a zona capta catro veces máis auga da que se recollería sen este tipo de vexetación.
Entre os impactos a destacar de cambio climático neste ecosistema tan característico, destacouse o adianto de floración en determinadas plantas que florecen na primavera. Un dos exemplos que se subliñou foi o da planta leñosa flor de maio (Pericallis hadrosoma), unha planta que adiantou a floración dende maio a marzo.
Un itinerario pola cidade Patrimonio da Humanidade
Polo tarde o Concello de La Laguna organizou un itinerario urbano para estudar o urbanismo con unha ocupación do territorio moi regular posto en marcha no século XVI, seguindo o modelo ortogonal europeo, e que foi referente para o desenvolvemento dos modelos urbanísticos das cidades coloniais de América. Destacouse a conservación ao longo da historia deste desenvolvemento urbanístico colonial, que foi o único que chegou á actualidade, porque ao quedar no interior, protexeuna das desfeitas propias das invasión piratas.
Dende o punto de vista da evolución ambiental da cidade, subliñouse como un momento clave da evolución da historia recente a eliminación da lagoa ao redor da cal se desenvolveu a cidade. Esta intervención tivo as súas principais xustificacións na abundancia de mosquitos e na contaminación das súa augas como procesos dos vertidos.
Relacionouse este recheo coa entrada de auga nas vivendas construídas na zona de recheo da lagoa cos temporais como os que afectaron ás illas na semana anterior ao inicio das actividades, un aspecto a ter presente nos plans de mitigación do cambio climático, debido ao aumento de fenómenos estremos, nos que a zona é vulnerable a inundacións.