O sábado 7 de marzo celébrase a partires das 10 da mañán a posta en común das actividades de investigación acción desenvoltas con bloges de aula no marco do primeiro curso de posgrao semipresencial “Climántica na materia de CC. para o Mundo Contemporáneo dende a sostibilidade e as TIC". As presentacións serán no Centro sociocultural e xuvenil Jose Raido “Patelas” sito na rúa Xoán Xesús González de Cuntis.
A sesión rematará pola tarde coa mesa redonda de fin de curso "Ciencias do mundo contemporáneo para o cambio climático" que se celebrará no mesmo auditorio e que ten como hora de inicio ás 17:00. Na mesa intervirán os seguintes expertos:
- D. Francisco Ánguita. Profesor de Xeoloxía da Universidade Complutense. “Xeoloxía contemporánea para o cambio climático”.
- D. Ángel Carracedo. Director do Instituto de Medicina Legal da USC. “Xenómica para o cambio climático”.
- D. Jacobo Feijó. Secreterio Xeral de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias. “Agronomía contemporánea para o cambio climático”.
- D. Emilio Marañón. Profesor de Oceanografía da Universidade de Vigo. “Oceanografía contemporánea para o cambio climático”.
- D. José Rivas. Director Xeral do INL-International Iberian Nanotechnology Laboratory. “Nanotecnoloxía para o cambio climático”.