CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Cuestións organizativas sobre o curso da Unidade 2 de Climántica

 


Para dar cabida aos 418 inscritos, cámbiase a sala na que se desenvolverán as conferencias correspondentes ao curso sobre a unidade 2 de Climántica, quedando agora na sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Galicia, onde se procederá a acreditar aos asistentes. Para que se poida certificar a asistencia dos inscritos a través de http://www.edu.xunta.es/fprof é imprescindible a acreditación e sinatura das sesións do venres e do sábado. A recepción e entrega de material adiántase ás 16:00 para que o feito de dar cabida a toda a inscrición non afecte ao inicio das actividades prevista para as 17:00. Por esta razón a organización agradece ao profesorado con destino máis próximo a sede, que se achegue canto antes para conseguir o obxectivo de manter o horario das conferencias. Co fin de pechar un número aproximado de asistentes ao programa social proposto, as persoas que desexen asistir á cea social, ao catering de despedida e as que tendo dereito a aloxarse por distancia e lugar de traballo e residencia, queiran participar no sorteo das habitacións dobres reservadas, deberán cubrir a ficha e enviala ao enderezo electrónico ou número de fax que nela se indican.

Comentarios:

Enviado por Yolanda Garrido Aguete 11 03 2009 as 13:20

Ola, gustaríame saber cando e onde van publicar a lista de admitidos no aloxamento do curso. E que se non teño dereito ó hotel, teño que buscar pola miña conta onde durmir. Faltan só dous días. Grazas de antemán
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino