CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Está publicado en ClimánticaTV o documental sobre a introducción de Climántica en Primaria

 


Xa se pode ver en ClimánticaTV o vídeo da primeira sesión formativa dirixida a docentes sobre a entrada do proxecto de educación ambiental Climántica en Educación Primaria que tivo lugar o venres 30 de xaneiro de 2009 no Museo Pedagóxico de Galicia.

O autor da Treboada de C, Agustín Agra, presentou a novela que creou para levar ás súas clases de Bioloxía e Xeología o cambio climático. Comentou o fio condutor do cambio climático centrado nunha anécdota persoal real dun profesor ao que lle levou o coche a treboada que ocorreu na vila de Cee no outono de 2006.

Propúxose que esa obra tivera moita ecoloxía, polo que pensou que tiñan que aparecer moitas especies, ás que lle dou carácter personificado. Tamén dixo que escollera outros persoaxes inanimados que tamén personificou para conseguir que expliquen e opinen. De esta forma abordou os incendios do verán do 2006, que tiveron que ver coas consecuencias desa treboada, tamén abordou temas como urbanismo e a contaminación. Sinalou ademais a estrutura en 24 capítulos, as características dos personaxes e o que lle permiten comunicar.

Tamén mencionou que nunha sesión de clase se poden traballar dous relatos, cada un dos cales suporía unha lectura colectiva de 5 minutos que permitiría facer actividades durante outros 20 minutos. De esta forma a novela logra abordar o cambio climático e diversos aspectos relacionados con este problema global, buscando que os estudantes cheguen as súas propias conclusións fuxindo das moralinas.

A continuación Luz Castro, coordinadora do grupo de traballo que elaborou o videoxogo presentou as posibilidades educativas do videoxogo CLMNTK co que xa se pode xogar na páxina de Climántica.

Explicou que se simula a xestión de 3 territorios ao longo da primeira metade do século XXI no marco do cambio climático no que hai que tomar decisións sobre o consumo e xestión enerxética, sendo os niveis de consumo e de emisións de CO2 os indicadores que permiten avaliar as decisións e accións executadas.

Indicou tamén que este non é un videoxogo de contidos, pois os contidos solo están presentes nas orientacións da mascota Climi. Trátase dun videoxogo para poñer en práctica os contidos. Tamén sinalou que se buscou que as decisións non se avaliaran en termos de branco ou negro, e así tívose en conta que se solo se recorre á enerxía das renovables en determinados momentos quedarase sen enerxía.

A terceira intervención correo a cargo da coordinadora TIC de Climántica, Susana Vázquez, quen en base aos 4 sistemas de blogs actuais: proxecto interdisciplinar sobre clima e cambio climático de ESO (Climaeucambio), CC. para o Mundo Contemporáneo de Bacharelato, Internacionais e Temáticos, explicou a potencialidade dos blogs e foros para a aplicación do proxecto en Primaria.

Por último, o director de Climántica, Francisco Sóñora relacionou os cinco centros de interese para a aplicación do proxecto en Primaria coas oito etapas de Climántica. Explicou así o material didáctico de Escolas Climántica para o primeiro centro de interese de enerxía e cambio climático. Centrouse sobre todo na estrutura con orientacións para o docente e fichas de traballo para o estudante exemplificando os capítulos 7, 8 e 9 que teñen que ver cos 3 produtos lúdico imaxinativos deseñados para primaria: bandas deseñadas, novela e videoxogo.

Rematou a súa intervención caracterizando o subweb para a aplicación do proxecto en Educación Primaria e presentando o curso semipresencial que se desenvolverá na Facultade de Físicas os días 18 e 25 de abril e 9, 16 e 23 de maio, en base ás actividades desta subweb, dos edublogs e eduforos de primaria, do videoxogo e dos obradoiros que están propostos no manual Aprendendo coas Escolas Climánticas nº 1.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino